OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Goberno español e ETA celebraron a súa última reunión en Ankara
Representantes do Goberno español e de ETA celebraron a súa última reunión o mes pasado en Ankara, o capital turca, sen chegar a ningún acordo, aínda que sen romper as conversacións.A representación do Goberno estivo formada por catro persoas, unha delas o presidente do PSE-EE, Jesús Egiguren, a quen acompañaba outro militante socialista vasco sen cargo público. Os outros dous representantes gobernamentais eran dous veteranos membros do PSOE, ambos residentes en Madrid, que na actualidade non exercen ningunha actividade política e que se dedican ás súas respectivas actividades profesionais.
Egiguren e o seu compañeiro vasco viaxaron desde España o luns, día 11, ao aeroporto alemán de Stuttgart onde fixeron escala para coller outro voo para a capital turca. Os dous socialistas vascos sufriron un contratempo no aeroporto alemán xa que perderon o voo que tiñan reservado para viaxar ate Ankara. Esta incidencia só ocasionou unha pequena demora xa que Stuttgart é o punto de partida de decenas de voos diarios para Turquía atendidos por compañías dos dous países, así como doutras bandeiras, que dan servizo á gran cantidade de emigrantes turcos que viven en Alemaña. ETA, pola súa banda, enviou unha delegación formada por tres persoas: José Antonio Urrutikoetxea, "Josu Ternera", o seu fillo Egoitz e unha muller, Ainhoa Ozaeta, que foi a persoa que leu o comunicado declarando a tregua o pasado 22 de marzo. O presidente do PSE-EE, Jesús Eguiguren, e o dirixente de ETA "Josu Ternera" reuníranse, polo menos, en dous ocasiones durante a fase de contactos e intercambio de mensaxes previa á declaración da tregua do 22 de marzo. O primeiro deses encontros tivo lugar en xuño de 2005 en Suíza e o segundo en outono dese mesmo ano en Oslo. A reunión de Ankara prolongouse por espazo de dous días e dela os enviados gobernamentais saíron coa impresión de que a tregua non se rompería a curto prazo. Este encontro foi o que alentou o optimismo oficial, malia que expiraba o prazo dado por ETA no boletín Zutabe difundido no mes de novembro no que se advertía da posibilidade de reemprender os atentados se non había acordos durante o outono.O encontro devolvera o optimismo ao Executivo español porque durante a cita ETA non expuxera a posibilidade de romper a tregua. En medios abertzales é evidente o desconcerto no que o atentado do sábado provocou. Salientar a información procedente dos servizos de intelixencia españois nos que se dicía "que estos (os do atentado) non son cos que estamos a falar".
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 04-01-2007 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0