OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aberrante
Sentín unha reacción de enorme repugnancia e de profundo horror á vista (e o oído) das informacións difundidas esta mañá polos grandes medios de comunicación. Parecen de acordo en que Sadam Husein rematou os seus días na forca por culpa dos moitos crimes que cometeu. É unha afirmación aberrante. Sadam Husein non morreu polo que fixo de malo. O moito que fixo de malo non xerou ningunha forza con vida propia con capacidade para levalo ao patíbulo. Sadam Husein morreu porque uns homes decidiron matalo, con independencia dos seus moitos crimes. E digo ?e digo ben? «con independencia dos seus crimes» por dúas razóns básicas. Primeira porque, se os integrantes do poder político que ordenaron a execución desta sentenza fosen contrarios á pena de morte, daría igual que os crimes de Husein fosen máis ou menos, estes ou os outros. E segunda porque, se a comisión de crimes como os que si lle apuxeron a Sadam Husein conducise automaticamente aos seus autores ao cadafalso, nin lles conto a cantidade de gobernantes do mundo enteiro (Irán,Siria son veciños seus) que terminarían os seus noxentos días colgando dunha soga ou estarían a piques de facelo. De modo e maneira que o titular correcto, preciso e obxectivo da nova en cuestión non debería ser do tipo «Sadam Husein, aforcado polos crimes que cometeu na súa época de gobernante», senón «Sadam Husein, aforcado porque no Iraq se aplíca a pena de morte aos criminais do bando perdedor». Pero a cuestión non acaba aquí, nin moito menos. Porque o asunto non estriba só en determinar se Sadam Husein merecía morrer aforcado polo crime do que foi declarado culpable. Convén preguntarse por que ese crime en concreto, consistente nunha operación de vinganza despregada contra unha poboación chií que entrañou a morte de 5000 persoas, merecía ser examinado, esclarecido (é un modo de falar) e sentenzado, e non, en cambio, todos os demais crimes dos que o ex ditador estaba fundamentadamente acusado. Formulada a pregunta de modo máis directo: en que medida este xuízo non foi levado ás súas últimas e irreversibles consecuencias para impedir que houbese máis xuízos sobre o acontecido en Iraq durante a presidencia de Husein?. Porque, deixémonos de mandangas: todo o mundo sabe, por exemplo, que o réxime baazista de Husein desenvolveu durante moitos anos unha campaña sistemática de exterminio da resistencia curda, que causou non 148, senón moitos miles de vítimas civís. E todo o mundo lembra (ou non, porque a memoria colectiva é fraxilísima) que o réxime de Husein lanzou unha guerra brutal contra Irán, que contou co beneplácito e o apoio político, diplomático e militar de Washington e Moscu, guerra que resultou un fracaso, pero na que o exército iraquí serviuse, o mesmo que nas súas campañas contra o pobo curdo, de armas químicas proporcionadas polos seus aliados occidentais.
E, claro, se eses crimes se xulgan, podería ser que algunhas grandes potencias, desas que agora ocupan Iraq, tivesen que dar algunhas explicacións molestas. E ao peor algúns dos seus ex dirixentes se atoparían na desagradable tesitura de acompañar a Sadam Husein no cadafalso.
Comentarios (2) - Categoría: Mundo - Publicado o 30-12-2006 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Penso, estou seguro, que si a xustiza funcionase independentemente do bando que ten máis ar#blgtk08#mas habería que guindar a outros personaxes que agora se autoproclaman salvadores de Iraq.
Comentario por A Randeeira (31-12-2006 08:43)
2 Quen puidera acabar coa doble moral, coa hipocresía, coas diferencias entre países
ós que lle temo#blgtk08#s medo e ós que non...

En resumo: un asco de mundo, que non ten traza de mellorar en 2007.
Comentario por Moraiminha (31-12-2006 20:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0