OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PETICIÓN POLO MANTEMENTO DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO
PETICIÓN POLO MANTEMENTO DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO
Os pais e nais do alumnado do ensino obrigatorio público e concertado galego, ante as declaracións do Sr. Conselleiro de Educación expoñendo a intención da súa Consellería de modificar o sistema actual de gratuidade dos libros de texto

Manifestamos que:

? A gratuidade do ensino é un dereito consagrado na lexislación vixente.

? A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social de todos os galegos.

? A intención do goberno galego de reducir gastos educativos, argumentada na crise económica, non debe afectar á gratuidade dos libros de texto, condición necesaria para acceder á igualdade de oportunidades na educación.

? Dende hai 3 anos, todo o alumnado do ensino obrigatorio, en condicións de igualdade, recibe en préstamo os libros de texto que vai necesitar ao longo do curso escolar. Unha vez rematado o curso, os nenos devolven os libros, que serán usados ao ano seguinte por outros alumnos. Pasados 4 anos, os libros son renovados.

? Todo isto significa que durante catro anos a administración non realiza novos investimentos, polo que, ao noso modo de ver o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo o beneficio das editoriais, non entendendo o pretendido aforro económico.

? O sistema de préstamo supón a implicación dos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto aos bens públicos, e da paso adiante na defensa do noso patrimonio ecolóxico.

? Por outra banda, non entendemos as formas da Consellería de Educación, que pretende impoñer unha política de factos consumados durante a época estival, prexudicando directamente ás familias.

En consecuencia, os abaixo asinantes esiximos á Consellería que manteña o sistema de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio que se implantou en Galicia no curso 2003/04, negándonos rotundamente a mercar os libros de texto para o novo curso escolar se non temos garantías de que a gratuidade é universal. (IMPORTANTE: VER A NOTA ACLARATORIA SOBRE PUBLICACIÓN DE AXUDAS).
Plataforma Galega pola Gratuidade
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 15-09-2009 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 thanks#blgtk08# a lot
Comentario por Nike Air Max (31-10-2014 09:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0