Isto sucedeu en menos de 72 horas esta mesma semana.
1-) Unha casa de Sderot resultou alcanzada por un foguete disparado desde Gaza,
2-) Irán probou un mísil capaz de colocar en calquera punto de Israel calquera tipo de bomba que queira Ahamideyad, convencional, biolóxica ou nuclear (cando a teña)
3-) O xefe de Hizbullah, Hassan Nasrallah, declarou que a súa organización está disposta a "unha nova guerra total contra Israel".
Pero, ao parecer, o verdadeiro problema é a tozudez do primeiro ministro de Israel a realizar grandes concesións sen que ninguén máis mova un dedo. Os xornalistas aseguramos:
1-) que está a fomentar novos asentamentos en Cisxordania. Esta semana forrámonos a explicar que se empezou a construír un novo: Maskiot. Pero onte xoves, as forzas de seguridade desmantelaron un e diso, nin unha palabra.
2-) que se nega a negociar nada, cando todo o Gabinete israelí non se discute se haberá retirada final dos últimos redutos do Sur do Líbano, senón cando se producirá a retirada.
3-) que se nega a recoñecer aos palestinos o dereito a un Estado pero ocultamos que nin son os palestinos os que se negan a recoñecer o caracter nacional do estado de Israel e ademais nin sequera as dúas grandes faccións palestinas son capaces de porse de acordo sobre iso.
4-) que se nega a dividir Xerusalén. é dicir, pasámonos o día criticando "o muro" pero nos parece estupendo que se levante outro.
Francamente, non entendo nada. A ameaza sobre Israel non é palabrería senón algo que calquera pode comprobar (primeiro parágrafo) que carallo se lle conta á xente?
Velaí un vídeo dunha publicidade israelí. De verdade que a recomendo para que se vexa o lavado de cerebro intolerante ao que se somete aos isralíes.