OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En defensa da lingua propia

Arredor de 40.000 persoas recuperan o espírito das mobilizacións contra a marea negra do "Prestige" para rexeitar a política lingüística do Partido Popular "O galego une", un dos lemas que usa a Mesa pola Normalización Lingüística nas súas campañas, foi onte máis certo ca nunca na manifestación que concentrou en Compostela miles de persoas para rexeitar o desregulamento do idioma propio do país proposto polo goberno do Partido Popular (PP). A manifestación, convocada pola Mesa e apoiada por 600 colectivos, converteuse na máis multitudinaria en Galicia desde as marchas pola marea negra do Prestige no 2002 e nun fito histórico das mobilizacións para a defensa do galego, advertencia clara ao presidente Alberto Núñez Feijóo de que a conflito lingüístico aberto polo seu partido na pasada campaña electoral pode ser só o comeza dun incendio que sacuda a lexislatura. Nin o frío nin as continuas chaparradas impediron que arredor de 40.000 persoas marchasen durante case tres horas polas rúas da cidade desbordando as máis optimistas previsións dos organizadores. De feito, a Praza da Quintana, onde concluía o percorrido, tivo que ser baleirada dúas veces para dar cabida a todos os asistentes, repetindo en cada ocasión a lectura do manifesto. Gaitas, pandeiretas ou caracolas acompañaron a manifestación nun espectáculo onde non só se vían as pancartas de partidos como o BNG, sindicatos como a CIG ou a CUT ou organizacións como Galiza Nova. Máis alá das bandeiras coa estrela vermella, o que había eran carteis con enormes corazóns, familias enteiras berrando "En Galicia, en galego!" e manifestantes sen unha adscrición política concreta que fan pensar no rexurdir do movemento social xestado a finais dos anos noventa e elevado ao rango de fenómeno de masas con Nunca Máis. Nun dos seus discursos máis incisivos e enxeñosos, o presidente da Mesa, Carlos Callón, arremeteu especialmente contra Núñez Feijóo e a súa tese recente de que el defendería a linguas dos que pretenden apropiarse dela, en alusión ao nacionalismo galego. "Que se apropie o seu goberno", escenificou Callón sobre o estaribel, "que se apropie a conselleira de Sanidade, analfabeta en galego. Que se apropie o consell eiro de Economía, Javier Guerra, analfabeto en galego tamén. Que se apropie a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que quixo xurar o seu cargo en castelán, como se fose tan difícil aprender dúas frases en galego". Callón tamén criticou o conselleiro de Cultura -"exhibe moito curriculum cosmopolita pero non ten vergonza de dicir que a cultura galega está moi ben, pero é limitada"- e a "demagoxia e manipulación" do Goberno do PP. "As persoas que falamos en galego tamén temos dereitos civís" e "o feito de gañar as elección non fai que as mentiras se convertan en verdade". Desde esta prespectiva, o presidente da Mesa advertiulle a Feijóo que "non conten con ningún consenso para reducir a nosa lingua". O acto concluíu coa lectura do manifesto en defensa do galego "impulsado por 30 personalidades" en xuño de 2008 e que conta xa "con máis de 20.000 apoios individuais e de 600 entidades sociais, deportivas e culturais".
Durante a súa lectura -que se realizou en dúas ocasións- as escritoras Teresa Moure e Yolanda Castaño pediron "igualdade de dereitos entre galego e castelán". Pola súa banda, Avelino Pousa Antelo e Nemesio Barxa recordaron que o Consello de Europa advertiu que en Galicia "non se aplican os tratados internacionais para promocionar a lingua no ensino ou os servizos públicos" e que lle corresponde ó pobo galego definir a súa política lingüística a través das institucións". O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, deputados deste partido como Teresa Táboas ou Carlos Aimerich, escritores como Bernardino Graña, Cesáreo Sánchez e Manuel Rivas, militantes socialistas como Mercedes Rosón, o patriarca nacionalista Xosé Manuel Beiras, o cineasta Antón Reixa ou a académica Margarita Ledo -que prefriu Compostela a Láncara, sede da sesión extraordinaria da RAG- son algúns dos nomes que acompañaron desde distintos ámbitos aos manifestantes."Unha lingua", díxolles Manuel Rivas aos periodistas, "só nace unha vez. É un don marabilloso que pertence ao mundo" e "aínda que existan 5.000 non chegan". Son, engadiu, como "6.000 ríos ou 6.000 bosques, que sempre parecerán poucos". E o mesmo que cómpre defender a natureza, a defensa do galego é "unha obriga" porque o benestar da lingua "está asociada ao benestar xeral".

REACCIÓNS A "desconfianza" de Feijóo O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, expresou onte a súa "desconfianza" cara a "aqueles que queren apropiarse do que é de todos", en referencia ás 40.000 persoas que onte se manifestaron en Compostela en defensa do galego. "Creo que tódalas manifestacións en democracia son lexítimas. Se hai un partido político e outras organizacións afíns que queren manifestarse, só podemos expresar ou noso absoluto respecto. Defender o galego dende a liberdade e promocionar a lingua galega dende o bilingüismo cordial é a posición maioritaria na que conflúe a sociedade galega e na que está instalado o Goberno da Xunta", dixo. "O galego", engadiu, "é de todos, non ten siglas e é un idioma oficial en Galicia, xunto co español". Na mesma liña, garantiu que a Xunta "protexerá" e "promocionará" este idioma.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-05-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0