A UPG quere perpetuarse cun enroque político que ao cabo será a súa tumba. Agora ven de apadriñar a Guillerme Vázquez como verdadeiro gardián das esencias do marxismo leninismo, pero controlando baixo corda a Aymerich, ao que nos presentan como quintanista cando en realidade é tan radical e sumiso como o anterior. Só que de cara á galería, cando Carlos Aymerich trunfe, venderánnos a moto de que a UPG manda menos. Pero a ?U? sigue chuchándolle o sangue ao BNG, no que se agocha camuflado o último partido comunista que con máis poder conta en toda Europa (alcaldías, concellerías, diputados a Cortes?). Calquera maña lles sirve para manter o seu férreo control sobre os demais nacionalistas que vexetan na Fronte, aos que acotío lles abren (ou pechan) os locais e lles acenden e controlan os ordenadores. A estas alturas deberían saber que a sociedade galega xa percibiu que debaixo da súa pel de ovella ocúltanse os mesmos que no seu programa político vixente falan duns inquietantes ?principios científicos da prevención do delito e defensa racial?? (1) (1) http://www.uniondopovogalego.org/upg/Programa_Politico/Politico_Administrativas.htm
Concordando contigo na túa crítica da UPG (só en parte), non entendo esa demonización do comunismo, nen esa linguaxe escurantista que utilizas. Ademais, se goberna en alcaldías, concellarías, etc., será porque así é decidido democraticamente.
Mellor sería que reparases nos crimes contra a Humanidade que comete o Estado de Israel (non o pobo de Israel, senón o Estado), tal e como comete Hamas. O terrorismo de Estado (Estado de Israel) ou o terrorismo de grupos ou bandas armadas (Hamas, ETA, etc.#blgtk08#) é en esencia a mesma violencia, o mesmo odio e a mesma intolerancia, aínda que adopten formas diferentes, idiomas de expresión diferentes, aparencias diferentes. O uso da violencia só ten unha patria: a intolerancia, a prepotencia, o odio. Nomes todos para unha mesma cousa: a causa da doenza humana, o seu orgullo totalitario. O terrorismo non é patrimonio do nazismo ou de Hamas. Tamén o Estado de Israel gosta de aplicar medidas de corte totalitario e terrorista.
Espero que teñas unha boa noite.
Saúde.
Comentario por Leitor (16-04-2009 23:49)
2
I believe many readers wi#blgtk08#ll benefit a lot for you