.jpg)
CONTRA IRÁN
XOSÉ A. PEROZO
GALICIA-HOXE
27.12.2008
Debo confesar que nunca presenciei un partido de fútbol nun estadio nin son afeccionado a ningún deporte. Cústame meterme na pel dos que gritan nas bancadas dos campos e non son quen de entender as fobias e filias que desatan os equipos profesionais. É polo que, cando escoito a publicidade do encontro a celebrar hoxe entre Galiza e Irán, non consigo captar a profundidade semántica dese eslogan no que se di que "o fútbol une". Parece unha inocentada propia do día de mañá. En realidade todo este tumulto que a Consellería de Cultura e Deportes pretende xerar coa selección galega ten máis cara de carnaval que de espectáculo deportivo. Crean unha selección para medir o fútbol galego cun país tan prestixioso como Irán. A quen se lle ocorreu semellante xenialidade?
Hoxe unimos o noso esforzo deportivo para poñérmonos ó nivel dun país onde a revolución islámica contra os Pahlevi conseguiu, hai unhas décadas, facer retroceder a súa historia ó medievo. Onde Amnistía Internacional non para de denunciar a represión de menores e as lapidacións. Onde o seu presidente, Mahamoud Ahmadineyad, ameaza o mundo con bombas nucleares no nome do seu deus... Todo un universo para imitar en Galicia
|