OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Kadish por Lola, Amparo e Xulia "As de Ribadavia"
Kadish por Lola, Amparo e Xulia ´As de Ribadavia´

Pedro Gómez-Valadés*
Faro de Vigo, 6 de Setembro de 2008


O vindeiro domingo e ao abeiro do Día Europeo da Cultura Xudía, celébrase na vila ourensá de Ribadavia un acto que a pesar da súa sinxeleza e inexplicable case anonimato, será sen dúbida un día moi especial para moitas galegas e galegos. O vindeiro domingo será o día de Lola, Amparo e Xulia, "As de Ribadavia". Tres pequenas grandes mulleres que nestes tempos confusos reconcíliannos con nós mesmos na nosa condición humana. Pequenas pola extrema sinxeleza e humildade coa que viviron e coa que foron auténticos anxos da garda de centos de seres humanos que fuxían da tolemia hitleriana. E grandes pola súa firme e valente militancia a prol da vida en tempos e lugares nos que a vida non era precisamente un ben intocable.
Lola, Amparo e Xulia, salvaron da gadaña nazi a centos de xudeus que fuxían á desesperada da Europa, da nosa Europa, arrasada pola barbarie e o asasinato planificado e industrial.
Na cultura xudea, na relixión mosaica, hai unhas oracións moi especiais, os Kadish, para recitar na lembranza e na homenaxe dos finados. Antón Patiño Regueiro no capítulo que no seu fermosísimo libro "Memoria de Ferro" dedica a Lola, Amparo e Xulia, compón de certo o mellor e maís fermoso Kadish que poideramos recitar na súa memoria. Con tristura non podo deixar de preguntarme que pensarían hoxe Lola, Amparo e Xulia da vergonzosa actitude do BNG ao negarse en xaneiro do ano que andamos, a subscricir no Parlamento de Galicia unha declaración institucional de Lembranza das Vítimas do Holocausto nazi. Que centos delas foran galegos republicanos non importou inexplicablemenmte ao BNG que preso da intolerancia propia do fundamentalismo de non sei que, vetou na casa común das galegas e galegos un texto de honra e lembranza. Un kadish que era tamén por Lola, Amparo e Xulia.
*Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-09-2008 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0