 Xa está ben desta ignorancia cómplice que asimila nazismo ou calquera forma de totalitariasmo a sionismo. Hai que se informar un pouco e deixar de repetir ocos ecos sen reflexionar nin informarse. O fundador do sionismo moderno é Theodor Herzl. No seu libro "El Estado Judio" de 1896, baseándose no antisemitismo que circulaba por Europa e que ía en aumento, fala de procurar un lugar no mundo para o facer un estado xudío. O sionismo ?simplemente nacionalismo hebreo- como todo sionismo, acobilla unha pluralidade de tendencias. Non é o mesmo ser de ETA ?un asasino- ou do PNV. Non é o mesmo ser de Al Qaeda ?un asasino- ou dun partido confesional musulmán calquera. Pois ben, o dominante dentro do sionismo moderno é a esquerda, nacida das ideas precursoras do amigo de Marx e Engels que era Moses Hess, quen xa en 1862 publicara ?Roma e Xerusalén?, adiantando unhas ideas que logo sería recollidas polo laborismo israelí. Por esta tendencia esquerdista, dominante, insisto, no sionismo, unha das bases do estado de Israel é o comunitarismo dos kibuts, a solidariedade cos que chegan, etc. etc. Os xudeus ultra-ortodoxos, son antisionistas porque din que eles non teñen dereito a un estado, porque deus os castigou botándoos de Israel, alá hai dous mil anos -e de aí que non podan contradicir a deus. Son unha minoría que respresentarían eses imbéciles vestidos de negro que foron visitar Irán e apoiar non a negación do Holocausto ?eles non a negan- senón dicir que foi un castigo de deus contra o sionismo, por quereren construír un estado xudeu.Despois de barallaren varias posibilidades no movemento sionista ?desde a Patagonia a Kenia- escolleron para promover a súa construción nacional a zona de Israel, polo mito histórico que tanto lle turraba, como pola atracción que o sultán de Turquía, exerceu sobre eles, posto que consideraban a zona erma e case baleira. Despois de décadas de asentamento progresivo, sabemos todos o que pasou: 1942-45 o maior crime planificado da historia da humanidade, 1948 proclamación dos estados de Israel e Palestino por parte da ONU, guerra árabe contra Israel, fuxida de moitos árabes de Israel, e comezo da vida nos campos de refuxiados para estes fuxidos, sen sequera a posibilidade de integración nas nacións árabes de acollida ?Líbano, Xordania, Exipto, etc.
Na proclamación de independencia do estado de Israel, o 14 de maio de 1948, recóllese en dous dos seus puntos esta clara vontade de convivencia pacífica cos árabes.
EXHORTAMOS - aínda en medio da agresión sanguenta que é lanzada en contra nosa desde hai meses - aos habitantes árabes do Estado de Israel a manter a paz e participar na construción do Estado sobre a base de plenos dereitos civís e dunha representación axeitada en todas as súas institucións provisionais e permanentes.
ESTENDEMOS a nosa man a todos os estados veciños e aos seus pobos nunha oferta de paz e boa veciñanza, e os exhortamos a establecer vínculos de cooperación e axuda mutua co pobo xudeu soberano asentado na súa terra. O Estado de Israel está disposto a realizar a súa parte no esforzo común polo progreso de todo o Medio Oriente.
E isto é o que dicían os xudeus nacionalistas, ou sexa sionistas. Por iso, os galeguistas históricos, desde Castelao a Seoane, sempre tiveron unha gran amizade e profunda simpatía polo sionismo e os xudeus. Saúde. Shalom. |