OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O caso Dreyfus e o primo do Zumosol
O caso Dreyfus e o primo do Zumosol
Afonso Vázquez-Monxardín

Que o Alfred Dreyfus pasase de 1895 a 1899 no inmundo cárcere da Illa do Demo, na Guaiana francesa, famoso el pola novela ?Papillon?, é un incidente case nimio. Moitos homes hai que botan uns aniños na cadea inxustamente condenados e logo saen; unha gran putada para eles, pero ningún paso, nin adiante nin atrás, para a humanidade. O que lle deu sona ao caso Dreyfus foi a famosa carta de Zola ?Eu acuso?, coa que fixo renxer as conciencias dos intelectuais e políticos franceses e que os puxo diante do espello das súas miserias ao amplificar as protestas da familia Dreyfus ante a súa inxustísima condena baseada só no feito de ser ?distinto?: xudeu e alsaciano. O caso é vulgar: acusación falsa de espionaxe topa chibo expiatorio claro para o imaxinario colectivo dominante (nacionalista francés e antisemita). E despois, cando se demostra que el non é culpable de traizón, os militares non dan o brazo a torcer, mandan ao seu defensor a África e absolven ao malo, Esterházy, en medio das aclamacións conservadoras e monárquicas. O pobre Dreyfus ten que aceptar un indulto -como se fose culpable- ante a evidencia de que o único importante é seguir vivo. O caso do amigo Pedro Gomez-Valadés non ten case trascendencia. Porque as condicións que poña o BNG para ser militante do seu grupo non lle importan case a ninguén. O BNG non é o exército ou a República francesa; é algo pequeneiro, moi visible e cuxa evolución está, no aire. Nas autonómicas -as ?súas?- de 1997, 2001 e 2005 pasou de 18 a 17 e a 13. E é unha organización política estraña que parece subir costa abaixo. Non é partido, non é alianza electoral, non se define de dereitas nin de centro nin de esquerdas. Aspira, nin máis nin menos, que representar a Galicia toda coa estrela vermella. ¿Toda? Pois parece que non. Si a construtores, obreiros, labradores, industriais, funcionarios, gardas civís, gays, profesores, chapistas, estudantes, médicos, enfermos... pero non aos que deles sexan occidentalistas amigos de Israel, progresistas ou conservadores que defendan dous Estados naquelas terras e unha paz sen mísiles nin suicidas asasinos. O único importante deste nímio caso é pulsar ata que punto hai no seo do nacionalismo benegueiro un oco para poder recibir con normalidade informacións plurais do conflicto, pois froito dunhas inercias doutros tempos, o BNG tende a considerar fiables a Hamas, a Castro, a Chávez, a Ahmadineyad e en xeral a calquera cousa que soe antioccidental e antiamericana. Desde logo, eu non quero para amigos de Galicia eses supostos amigos do BNG. Nin aos que andan a expulsar esta voz, como dirixentes do meu país. Anxo Quintana ten a responsabilidade de impor sensatez e visualizar a posibilidade de reflexión interna que poida chegar a producir un cambio nas posturas internacionais paralelo ao producido desde o rupturismo radical do ?Estatuto nunca máis? e dos discursos do insensato Telesforo Monzón o 25 de xullo, á xestión ilusionada e reformista do marco autonómico. Ou, frivolizando, desde a chaqueta desfarrapada, o vestidiño indio e a pancarta do ?non?, á perruquería, maquillaxe e zapatos de a 400 euros.

(Por certo que Ahmadineyad ameazou a semana pasada aos que celebren o 60 aniversario de Israel: ?... deben saber que non só non lles reportará beneficio ningún senón que ademais os seus nomes quedaran rexistrados no colectivo dos criminais e asasinos do pobo palestiniano. Estas persoas terán que saber que nun futuro próximo estes criminais renderán contas, que cada un dos que os apoiaron tamén terán que responder porqué brindaron o seu apoio a este réximen ocupacionista... convirtíndose desta maneira en partícipes das masacres perpetradas contra a poboación oprimida de Gaza e Palestina?. Así que xa saben, a calar. Os do BNG, uns santiños que deben medrar e superar complexos, pero ¡aí co atolado primo de Zumosol!).
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-05-2008 03:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0