OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un Dragón no corazón do BNG
César Pazos Carreiro*
Membro do Consello Local do BNG en Vigo
Artigo que foi publicado no Faro de Vigo
01.05.2008


Quero erguer hoxe a miña voz en defensa da Democracia. Quero erguer hoxe a miña voz, como moitas outras veces fixen en defensa de Galiza, para denunciar desta vez, a grave perda de democracia interna dentro do BNG. Democracia non é só votar. Democracia é o libre pensamento, participar, ter dereito a organizarse e como consecuencia delo poder votar. Sin represións por manifestar o que pensas.

Na Democracia non hai preguntas e respostas prohibidas, non hai temas demasiado sensibles ou delicados para ser explorados, non hai verdades sagradas. Pedro Valadés, eu e 50 militantes máis pensamos que, no tema de Oriente Medio, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo Israel ten dereito a existir e existir en Paz.

Vivimos en sombras dentro do BNG. Quero espantar esas sombras prendendo unha vela, para que todas e todos os cidadáns galegos poidamos presenciar como se expulsa a un patriota galego por exercer o dereito a pensar e opinar con iniciativa propia. Pedro Valadés é repudiado por algúns dirixentes do Bloque por pensar e decir, que nun conflicto internacional de Oriente Medio, o pobo de Israel ten razón ao reclamar o dereito a existir. Pedro Valadés é expulsado por crear unha Asociación Galega de Amizade con Israel. AGAI.

Como patriota galego, sinto que, Israel é un exemplo a seguir. O Sionismo, o nacionalismo Israelí, conquire ao saír de Auswichtz recuperar a súa patria, a súa fala, a súa historia, xuntar os seus fillos e o máis importante, conquire a Democracia. Israel é un pobo democrático.

Temos un monstruo dentro do BNG. Un Dragón no corazón dalgúns dirixentes con pingallas antisemitas. ¿Que é se non, os aplausos histéricos a favor do bombardeo nuclear do pobo de Israel, producidos dentro dunha organización pacifista como o BNG? ¿Que é se non, negarse a condenar o Holocausto no parlamento galego con malas excusas? O Holocausto condénase e punto. ¿Por que se advirte? ?cuidado co que se fala que sae nos medios? . Cuidado ¿de que? ¿De que razóns non se pode enterar os cidadáns galegos?.

Sinto vergonza. Levo militando no Bloque 31 anos, como consecuencia directa de ser galego eu son nacionalista. Son home de esquerdas. Pero costame respirar cando alguén aplaude un bombardeo nuclear, ou negase a condear o Holocausto, ou se expulsa a alguén por ser amigo dos xudeos.

Loitarei para ter un BNG democrático. Loitarei contra ese Dragón que algúns do BNG levan dentro do peito.

Shalom.
Comentarios (2) - Categoría: Galiza - Publicado o 01-05-2008 05:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 o de Valadés non ten xustificación e dígoo como militante do BNG sen vida orgánica e que non está afiliado a ningún partido interno. Esta#blgtk08# teima, ademais, por lanzarse ás mans dos medios que son máis intransixentes cara ao nacionalismo galego é impropio de xente responsábel.
Comentario por Roi (01-05-2008 10:45)
2 O responsable sería que o BNG non se inmiscuríra no que fai na súa vida privada, ou que os medios de liña ideolóxica nacionalista non fixeran deixación da súa función c#blgtk08#rítica cando os atropelos os comete a organización-guía.

Aquí os únicos responsables son os irresponsables que promoven a expulsión, non o que se queixa.
Comentario por Julicheiro (03-05-2008 20:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0