OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comunicado de AGAI pola expulsión de Gómez-Valadés do Bloque
Despois de máis dun ano de acoso e constantes presións, finalmente o BNG consumou de forma arbitraria, vergonzosa e fascista a expulsión dun militante polo simple feito de ter unha visión diferente do conflito árabe-israelí e de presidir unha asociación de amizade que procura tender pontes entre os pobos galego e israelí. Entre a cultura galega e a xudía.

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que a utilización de medidas disciplinarias e de expulsións por un suposto delicto de conciencia é impropia dunha organización que participa no goberno de Galicia e fainos sentir como galegos e galegas asustados pola catadura xenófoba e totalitaria de quen nos cogoberna sen que lle importe violar de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de antisemitismo, intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto á liberdade de expresión, de conciencia e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.
A Asociación Galega de Amizade con Israel esixe unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego
A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG que son á vez socios e socias de AGAI e emplaza a Anxo Quintana a que explique públicamente se un xudeo pode ser militante do BNG ou non.
Por último, a Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa firme intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.
Vigo 28 de Abril de 2008
Comentarios (2) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-04-2008 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Algún vai ter que volver á militancia clandestina!!!
Unha vergonza máis #blgtk08#que lle sumamos ao BNG e xa comezan a pesar máis que os motivos para apoialos.
Comentario por Turonio (28-04-2008 20:53)
2 Comparto a preocupación de AGAI, que no fondo vai máis alá dos intereses e dereitos civís da entidade e dos seus asociados, pois é u#blgtk08#nha preocupación pola saúde política dunha forza que merece respeto e, por riba de todo, que a respeten os seus propios dirixentes.
Comentario por Félix (29-04-2008 17:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0