OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Por un Tibet libre
Cando loitamos por un Tíbet libre, en realidade, estamos loitando pola liberdade dos pobos e das nacións oprimidas do resto do mundo. As auténticas batalles pola liberdade son disputadas, desesperadamente, por persoas que están decididas non só a deixar os seus quefaceres diarios ou carreiras, senón ate as súas propias vidas. Cada vitoria da liberdade sobre a tiranía, non importando onde esta se realice, supón un reforzo para as restantes causas existentes. É de vital importancia o mantemento da nosa loita, do Rangzen [independencia, en tibetano]. A loita pola liberdade dos tibetanos debe buscar xeitos efectivos de facer fronte á tiranía chinesa A nosa esperanza en alcanzar a independencia é vital para a xente que vive no Tíbet. O mantemento da nosa loita pola liberdade, desde o exilio, alenta aos tibetanos baixo a tiranía chinesa; aos tibetanos que, a diario, han de seguir padecendo os terribles sufrimentos xerados polos seus ocupantes, polos invasores.

Nós, individuos e organizacións asinantes, apoiamos decididamente aos tibetanos que demandan a súa liberdade. Apoiamos, sen fisuras, a aqueles tibetanos residentes no Tíbet, a aqueles que poñen en perigo todo, ate as súas propias vidas, nesta procura da liberdade e a democracia.

Exhortamos a todos os países do planeta e ás Nacións Unidas a que apoien o inalienable dereito dos tibetanos a gozar da súa independencia como nación. Pedimos que se recoñeza a xusta causa do pobo tibetano e se lle brínde axuda a aqueles que, nobremente, buscan a independencia, a liberdade e a democracia custe o que custe.

Jamyang Norbu
Free Tibet
Comentarios (1) - Categoría: Mundo - Publicado o 29-03-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Un texto precioso. G#blgtk08#razas por postealo.
Comentario por Julicheiro (31-03-2008 11:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0