
Irán comeza o 2008 aforcando nun só día a 13 persoas.Trece iraníes foron aforcados onte en Irán por crímes que van desde o tráfico de drogas ao asasinato, despois de que o ano 2007 terminara cun récord de execucións (297) con respecto ao precedente. O cárcere de Evine, no norte de Teherán, serviu para aforcar a oito condenados, entre elos unha muller, Raheleh Zamani, de 27 anos e nai de dous fillos pequenos. Zamani foi declarada culpable de asasinar ao seu marido, que a enganaba con outra muller, según o diario Etemad. Tres homes foron aforcados en Qom, no centro do país, tras ser condenados por traficar con 455, 170 y 590 gramos de heroína, respectivamente. A lei iraní prevé a pena de morte para toda persona que leve máis de 30 gramos de heroína ou máis de cinco quilos de opio. |