OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foro Social Galego
Artigo de Miguel Anxo Fernán Vello
GALICIA HOXE
Foro Social Galego


O Foro Social Mundial, saberán vostedes, naceu como un espazo aberto de encontro para intensificar a reflexión, realizar un debate democrático de ideas, elaborar propostas, establecer un libre intercambio de experiencias e artellar accións eficaces por parte das entidades e os movementos da sociedade civil que se opoñan ao neoliberalismo e ao dominio do mundo polo capital ou por calquera caste de imperialismo, sen esquecermos a construción dunha sociedade planetaria orientada cara a unha relación fecunda entre os seres humanos e de estes coa Terra. E todo isto, dito así, figura na Carta de Principios establecida polo comité de entidades brasileiras que organizou en Porto Alegre no ano 2001 o primeiro encontro do FSM. Noam Chomsky soubo analizar no momento da súa fundación o que representaba o FSM e concluíu que este era un espazo útil para desenvolver alternativas construtivas en defensa da esmagante maioría da poboación mundial que sofre constantes agresións aos dereitos humanos fundamentais, e tamén unha excelente oportunidade para avanzar no sentido de debilitar as concentracións ilexítimas de poder e estender os dominios da xustiza e da liberdade. E diríao con absoluta claridade Ignacio Ramonet, fundador de ATTAC e un dos promotores do Foro Social Mundial creado no Brasil: o FSM de Porto Alegre foi concibido como a antítese do Foro Económico Mundial de Davos. O Norte e o Sur. Ou sexa: empresarios, banqueiros e gobernantes do "primeiro mundo" e, na outra beira, cidadáns e pobos do planeta. Por iso mesmo é moi oportuna a convocatoria que diversas organizacións cívicas e sociais galegas, participantes no proceso do FSM dende xaneiro de 2001, acaban de realizar ?todo un acto cívico de mobilización? de cara a expresarmos dende o noso país a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento alterglobalización. Será o 26 de xaneiro do 2008 en Santiago. Toda unha asemblea de movementos sociais galegos. Galiza activa co Foro Social Mundial. "Actuar localmente para mudar globalmente".
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-12-2007 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Tremendous. #blgtk08#Ari Flamenca
Comentario por Ari Flamenca (19-04-2016 10:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0