 O psiconalista Michel Bruno ofrécenos unha visión desmitificadora do mal chamado veo islámico. Visión que descobre o sometemento das mulleres ás leis do patriarcado e a negación da sexualidade propia, só recoñecida como procreadora.
SOBRE O VEO ISLÁMICO OU O INCONSCIENTE DAS VELADAS
Primero de todo, hai que dicir que este costume é preislámica e orixinaria do medio oriente, dos arredores da península arábica. Estaba destinada a obrigar ás mulleres a esconder o que parecía o máis erótico, o cabelo, para non provocar a excitación do home. Dicir, igualmente, que nesa época e ate incluso antes, a muller era unha mercaduría. E que a sexualidade, demasiado incomprensible para os homes (¡ata Freud non a comprendeu!), era considerada como un perigo. Non esquezamos que antes as relixións monoteístas patriarcais (Islam, xudaísmo, cristianismo), nesta parte do mundo, e quizais tamén máis aló, había pensamentos relixiosos matriarcais, entre as que atopamos os cultos orxiacos á deusa Cibeles (Astarte, Isis ou calquera outra divindade feminina). Non esquezamos que na Biblia, estes cultos están fortemente diabolizados pola súa aura de sexualidade feminina. Por que se someten, entón, as mulleres? Unha cuestión a considerar é que elas non están obrigadas a levalo e que, con todo, lévano coma unha decisión persoal. Unha parte da resposta está na relación destas mulleres coa súa sexualidade, cos seus corpos. O veo recubre, protexe e, é ao mesmo tempo, un muro, encerra o interior. É coma se estas persoas encerrarán o seu sexo simbolizado esencialmente polos cabelos. É unha protección contra esta parte descoñecida... espantosa porque é forte. A psiconálise ensinounos que era a inhibición da pulsión. Co veo dáse unha manifestación ostensible da inhibición pulsional. Non esquezamos que en Francia, hai unha trintena de anos, non se saía á rúa sen un cobre-cabeza no cabelo, un dito antigo pero que é moi expresivo: "Unha muller non saía á rúa cos cabelos ao vento, nin un home sen o seu chapeu". Estaría ben reflexionar un pouco sobre este recordo pero non deducir calquera cousa. Hoxe en día, o veo islámico, (que non ten nada de islámico máis que o nome) é un signo de desexo, de inferioridade das mulleres e dunha vontade de culpabilizar a súa sexualidade. O veo está súper explotado polos fanáticos relixiosos (hai que chamalos como o que son), que non pensan máis que meter en vereda a estas indisciplinadas rebeldes, estas mulleres cuxa sexualidade debe ser encerrada, e só utilizada en proveito da maternidade. Sábese que certos fanáticos educan ás súas fillas para matrimonios temporais e rexéitanas logo de telas mancillado. Esta forma de escravitude aínda existe. Mentres, esperamos que os musulmáns desaproben estas prácticas (son os máis numerosos) que se mostren e marquen o seu desacordo a esta forma de interpretación restritiva da lei musulmá. Se baixan á rúa, deben saber que serán apoiados por todos/as aqueles/as que consideran que o fanatismo exaspera. De feito, unha das esposas do Profeta, a primeira, era unha muller libre co cabelo sen veo!.
Michel Bruno, psicanalista |