OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

China dita unha lei que prohibe a reencarnación do Dalái Lama

As autoridades afirman que o buda vivente é ilegal sen a súa aprobación
O budismo tibetano ten prohibido a partir do próximo mes designar á futura reencarnación do Dalái Lama por orde do Goberno chinés.
A noticia foi dada a coñecer pola correspondente do The Estafes británico en Pequín, onde sinala ademais que a prohibición inclúe novas regras do estado comunista chinés para remarcar a súa autoridade sobre o territorio himalayo, ocupado militarmente desde a década dos cincuenta. «O chamado buda vivente reencarnado é ilegal e inválido sen a aprobación gobernamental», afirma o mandato chinés, que entrará en vigor o día 1 de setembro. O texto foi formulado pola Administración Estatal para Asuntos Relixiosos, e ten como obxectivo limitar a influencia do Dalái Lama e doutros líderes espirituais coñecidos como tulkus, ou sabios reencarnados. Estes son moi numerosos no Tíbet e son quen lideran as comunidades relixiosas e supervisan a formación dos monxes máis novos. Isto dálles unha enorme influencia na vida relixiosa da rexión do Himalaya. A segunda figura máis importante do budismo tibetano é o Panchen Lama, o encargado de recoñecer ao Dalái Lama reencarnado nun neno cando o seu antecesor morre. O actual dalái lama, Tenzin Gyatso, é segundo a tradición tibetana a reencarnación do buda da compaixón, ten 72 anos e vive na India, onde asentou o Goberno tibetano no exilio. Desde aí transformouse nunha figura mundial como portavoz contra a ocupación pola potencia comunista e ata foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1989. Que o sucesor do Dalái Lama teña esa mesma proxección non é favorable para os intereses da ocupación. Todo indica que o Goberno de Pequín busca con este decreto bloquear a súa sucesión no futuro.
FREE TIBET WEB:
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 07-08-2007 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0