OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

KROKE, música xudía en Galicia

Kroke é a palabra "yiddish" coa que é coñecida a cidade polaca de Cracovia. De aí procede este grupo creado no ano 1992 que recolle todo o esplendor da música xudía da súa Polonia natal. En pouco tempo, acadaron unha gran popularidade grazas ás súas actuacións nos máis importantes festivais de Europa, entre os que salientar o "Womad" de Las Palmas e o "Reading", ou nos numerosos encontros de música xudía onde compartiron escenario con artistas da talla de Van Morrison, Noa, Ravi Shankar, Klezmatics ou Natacha Atlas, entre outros. Entre os seus incondicionais: Steven Spielberg ou Woody Allen. Tomando o repertorio da música tradicional xudía como base, Kroke constrúe arranxos orixinais, crea composicións novas e únicas, leva a cabo improvisacións e logra un son totalmente descoñecido grazas á súa experiencia e á súa formación nos campos da música clásica e o jazz.
Ramón Trecet dixo deles en 2005: "KROKE sae ao escenario en calquera parte de Europa e ofrece unha sublime mestura de creatividade, arte, artesanía e carisma escénico... Eu vinos oito veces e cada unha era a primeira. E a seguinte, a primeira. Que gocedes, pero xa vos anticipo que ides ter un problema: Ides empezar a buscar como tolos onde os podedes ver outra vez".
Veñen de tocar no Festival de Ortigueira.
Comentarios (2) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-07-2007 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A ver se agora podemos encontrar di#blgtk08#scos de Kroke na Fnac da Coruña :)
Comentario por sonoridades (09-07-2007 17:46)
2 Non os coñecía pero no festival de Ortigueira enamoreime deles. Enfeitizantes#blgtk08#. Alí estarei o 25. Pero como son pobre baixarei de internet os seus discos.
Comentario por Maria (10-07-2007 09:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0