OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Antisemistismo en Galicia?
Un artigo de Ignacio Ramonet
EL PAIS
04.07.07

Con Ramón Chao, estiven hai uns días en Redondela, a miña vila natal, convidado polo Club Internacional da Prensa que dirixe con eficiencia Carmen Carballo. No Multiusos da Xunqueira, posto a disposición polo alcalde Xaime Rei, demos ao alimón unha conferencia sobre "Guerra e paz hoxe; xeopolítica dos conflitos contemporáneos" que pechaba o ciclo sobre "Os latexos do mundo". Lonxe estabamos de imaxinarnos que, nese marco, iamos ser testemuñas, na Galicia de hoxe, de manifestacións de odioso antisemitismo. O noso propósito era propor respostas a algunhas das seguintes preguntas: como entender o mundo contemporáneo? Cales son os principais enfrontamentos -militares, políticos, económicos, ecolóxicos- do mundo de hoxe? É seica a chamada "guerra contra o terrorismo internacional" a resposta adecuada ás grandes desordes contemporáneas? Dixemos que, ao contrario da impresión que dan os grandes medios, o mundo esta hoxe bastante pacificado pois o 80% dos conflitos prodúcense no interior dun único "foco perturbador" constituído por un área xeográfica que vai de Caxemira a Darfur, na que se atopan Afganistán, Irán, Iraq, Chechenia, Kurdistán, Líbano, Palestina e Somalia. Fóra desa zona, e se exceptuamos Colombia e Sri Lanka, non hai guerras importantes no planeta. Ou sexa, que desde hai 200 anos, nunca se coñeceu un mundo menos conflitual. Por vez primeira en séculos, ningún conflito enfronta a dous estados entre si. Ou sexa, que todas as guerras son entre un Estado e unha ou varias organizacións non estatais armadas: por exemplo, Estados Unidos contra Al Qaeda, Turquía contra o PKK kurdo, Israel contra Hezbollah ou contra Hamas. Era pois un tema moi amplo que Ramón Chao, apoiándose nunha sólida documentación histórica, ensanchou máis aínda evocando a "guerra contra os pobres" contra quen se ensaña hoxe a globalización neoliberal. A nosa sorpresa veu ao iniciarse o coloquio coa sala abarrotada por unha asistencia en gran parte acudida de fóra de Redondela. A primeira persoa, moi exaltada, que tomou a palabra empezou lanzando longos improperios contra unha sorte de "conxura dos xudeus" que, segundo ela, "grazas ao seu poderío económico e mediático" "fan unha chantaxe permanente á opinión pública internacional evocando sen cesar o xenocidio e así vitimizándose". O que, sempre segundo esa persoa, "permítelles cometer á súa vez un xenocidio contra os palestinos". Logo desa retahíla de tópicos antisemitas, expresados a berros, o que máis nos sorprendeu foi que unha parte da asistencia aplaudiu coma se aprobase tan lamentables propósitos. Pola miña banda, declarei que condenaba do modo máis explícito semellantes palabras e que atopaba insólito que a estas alturas aínda se puidese caer, baixo pretexto de defensa da causa palestina, no antisemitismo máis craso. Se é obvio que se deben criticar algunhas actuacións dos exércitos de Israel (do mesmo xeito que os atentados palestinos contra civís israelís inocentes), iso non debe en ningún caso levar a retomar os nefastos seudoargumentos do máis ancestral e criminal antisemitismo. A maior parte dos asistentes aprobaron con aplausos esta posición. Pero, hábilmente repartidos pola sala, o que mostra que o grupo viñera con malas intencións, os amigos da primeira persoa replicaron tratándome de "traidor" e de "ignorante", argumentando que "o antisemitismo non existe pois os árabes tamén son semitas". Coma se unha crítica léxica puidese negar a realidade do tráxico e secular antixudaísmo en toda Europa, sen excluír Galicia. Este incidente non só empañou a miña alegría de dar por primeira vez unha conferencia na miña cidade natal de Redondela, senón que mostra sobre todo un preocupante arraigamento nunha parte descarriada da extrema esquerda de Galicia de nauseabundas teses antisemitas. Que deshonran a nosa terra. O soño da razón produce monstros. E a incapacidade de pensar dalgúns, levoulles á peor das monstruosidades. É hora de rectificar.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 07-07-2007 04:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 "grazas ao seu poderío económico e mediático" "fan unha chantaxe permanente á opinión pública internacional evocando sen cesar o xenocidio e así victimizándose".
Non aprecio nada antisemita nesta afirmación que por outra banda considero rotundamente axeitada, e si aprecio antisemitismo flagrante e xenocida na misérrima vida que lle obrigan a vivir ós palestinos con medidas tales como; o famoso e patético muro da vergoña, ou a destrucción sistemática non só de "vivendas de terroristas", senón tamen de infraestructuras tales como carreteras, estacións de bombeo de auga, plantas de tratamento de agua e supermercados; ataques con bombas de fósforo blanco, as cales está prohibidas expresamente polo Dereito Internacional de Guerra, así mesmo como con bombas de fragmentación, secuestros de civís implicados na política da rexión etc, etc... e todo esto coa total impunidade a#blgtk08#nte a Comunidade Internacional (O cal por certo che debería facer reflexionar ante a presentación do teu blog, pois a túa postura neste tema é todo o contrario á Información Alternativa Contra o Pensamento Único e Politicamente Correcto.)

Eu non teño nada contra os xudeos e as súas crenzas, tampouco teño ningunha afinidade polos musulmans e as súas, pero dende logo, se non podo aprobar moralmente un atentado suicida palestino, menos aínda o terrorismo de estado israelí, e se nos poñemos así direiche que hasta me parece máis sinxelo de entender o primeiro que o segundo...

(por certo, engadirei que me parece patético que houbese eliminado o artigo e engadídoo de novo únicamente para que non aparecese o meu comentario... é moi patético que non atope outra forma de rebatirme que a de "borrarme"... o mesmo fan os seus defendidos... é avergoñante..
Comentario por ekis1331 (07-07-2007 04:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0