OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As recomendacións do arcebispo de Pamplona

Non se trata de Monseñor Olaechea e a súa famosa Pastoral Non Licet, aconsellando aos católicos non apoiar á República (6 de agosto de 1936). Trátase do actual monseñor, o do século XXI, Fernando Sebastian, arcebispo de Pamplona, bispo de Tudela e ex secretario xeral da Conferencia Episcopal Española, quen recomendou o voto para formacións de extrema dereita como a Falanxe Española das JONS, Alternativa Española ou Comuñón Tradicionalista Católica. Sebastián ofreceu nun escrito datado a metade do mes de marzo unha serie de orientacións para os católicos respecto a como actuar en política. Unha delas consistía en tomar como ?dignos de consideración e apoio? aos partidos antes citados aos que se referiu como ?confesionales?.

Extracto do escrito:

SITUACION ACTUAL DA IGREXA, ALGUNHAS ORIENTACIÓNS PRÁCTICAS

Mons. Fernando Sebastián Aguilar, Arcebispo de Pamplona e Bispo de Tudela (?)

8. Intervención dos católicos nos partidos non confesionais.

O outro tema importante anunciado é a participación dos católicos nos partidos políticos non confesionais. Hoxe en España hai algúns partidos políticos que queren ser fieis á doutrina social da Igrexa na súa totalidade, como p.e. Comuñón Tradicionalista Católica, Alternativa Española, Tercio Católico de Acción Política, Falanxe Española das JONS. Todos eles son partidos pouco tidos en consideración. Teñen un valor testemuñal que pode xustificar un voto. Non teñen moitas probabilidades de influír de maneira efectiva na vida política, aínda que si poderían chegar a entrar en alianzas importantes se conseguisen o apoio suficiente dos cidadáns católicos. Por iso non poden ser considerados como obrigatorios pero si son dignos de consideración e de apoio. Os grandes partidos, os que rixen a vida social e política son todos eles aconfesionais, algúns radicalmente laicos e claramente laicistas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2007 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0