OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vitoria nacionalista en Escocia, que tamén soben en Gales
O barco laborista segue facendo augas pero non termina de afundirse. O partido de Tony Blair logrou sobrevivir, unha vez máis, pero non sen pagar un alto prezo. En Escocia, os laboristas cederon o primeiro posto no Parlamento aos nacionalistas do SNP, mentres que en Gales, onde Plaid Cymru lle arrebatou tres escanos, terán que pactar goberno. Os resultados das eleccións do pasado xoves mostran que o electorado británico lle está dando a costas ao laborismo representado polo primeiro ministro Tony Blair. As perdas son máis cualitativas que cuantitativas nos casos de Escocia e Gales e, incluso, a hemorraxia de votos a nivel local en Inglaterra é aceptable para os laboristas, cuxa experiencia é que as derrotas nas eleccións locais non se traducen en perdas similares nas xerais, onde os laboristas ate agora conseguiron reeditar a súa vitoria. No primeiro caso, o partido de Blair perdeu catro escanos, pero o avance do Partido Nacionalista Escocés (SNP) que, tras obter vinte escanos máis que nas eleccións de 2003, agora contará con 47 deputados -un máis que os laborista- dos 129 que constitúen o Parlamento Escocés, relegaron ao laborismo á posición de segundón no panorama político escocés que, ate agora, dominara. Nestas eleccións, os nacionalistas escoceses non só atraeron o voto en áreas laboristas, senón que tamén conseguiron o dos votantes que nas anteriores eleccións apoiaron a partidos minoritarios. «Unha Escocia independente»
«O Partido Laborista nunca volverá a pensar que ten o dereito divino ao goberno. Escocia avanzou sen retorno e para sempre», afirmou o líder nacionalista Alex Salmond tras anunciarse a vitoria do SNP nas eleccións autonómicas. O electorado escocés non só fixo do SNP o partido maioritario en Escocia -aínda que sexa coa vantaxe dun só deputado sobre os laboristas-, tamén referendou un proxecto de futuro que inclúe a convocatoria dun referendo de autodeterminación para 2010. En declaracións ao programa da BBC Drive, unha voceira do SNP adiantou que Salmond iniciará unha rolda de consulta para a formación de goberno, e reafirmou que a cuestión da autodeterminación non só está na axenda, senón que «esperan unha Escocia independente para 2011». Precisamente, a chamada «cuestión constitucional» pode ser o principal problema ao que se enfronte o SNP para a formación de goberno, xa que o líder dos Liberais Demócratas, Menzies Campbell, xa advertiu que o seu partido está en contra da independencia de Escocia. Os liberais obtiveron 16 deputados e os conservadores 17, tras perder un escano. A lexislación para a formación de goberno en Escocia prevé un prazo de 28 días, así pois o novo goberno debe tomar posesión antes do 30 de maio. Polo que respecta a Gales, o Partido Laborista perdeu a maioría pero segue sendo o partido máis votado e con 26 deputados, a formación co maior número de representantes no Parlamento. De novo, os nacionalistas foron os beneficiarios da perda de tres escanos por parte dos laboristas, que foron recaer en candidatos de Plaid Cyrmu, que obtivo 15 escanos. Liberais e conservadores mantéñense co mesmo número de deputados, 6 e 12, respectivamente. O líder laborista galés Rhodri Morgan aceptou que o seu partido terá que negociar cos seus rivais políticos a formación dun novo goberno en Gales e se expón a posibilidade de consultar coas bases do partido as distintas posibilidades. Aínda que inicialmente os seus socios naturais son as liberais, cos que xa formaron coalición de goberno antes das eleccións, algúns membros do Partido Liberal Demócrata xa advertiron que
demitirán se pactan cos laboristas.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 06-05-2007 02:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0