OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

70º Aniversario da destrución de Gernika
O 26 de Abril de 1937 en Gernika(hai 70 anos)ás 16:30 da tarde fixéronse redobrar as campás da igrexa de Santa María, achegábanse avións nazis. Gernika é a vila sagrada dos vascos, alí está a Casa de Xuntas e o Carballo de Gernika, lugar no cal os señores de Biscaia e os reis de España xuraban respectar as vellas leis milenarias do pobo vasco. Tropas e aviación enviadas por Adolf Hitler e Benito Mussolini, conxuntamente cos mercenarios árabes participaron da ofensiva contra o País dos Vascos, cunha inusitada crueldade. Gernika é todo un símbolo para os vascos e naqueles tempos de guerra non se daban rendido; polo tanto o xeneral Franco ideou un escarmento. Conxuntamente co comandante da Lexión Cóndor Wolfran von Richtofen, arrasarían a cidade cun bombardeo masivo de bombas incendiarias e explosivas, con posteriores ametrallamentos dos sobreviventes. Tamén incorporouse a aviación italiana. Os incendios continuaron deica que se apagaron eles sós. Gernika estaba destruída e máis de dous mil persoas morreran sob as bombas nazis. Había moitos feridos e unha devastación que non se borrará xamais da memoria histórica. Gernika foi un prólogo das destrucións masivas que se deron durante a Segunda Guerra Mundial. Diante da indignación mundial do bombardeo a unha cidade aberta e sen defensa, os franquistas e os seus aliados nazis pergeñaron unha mentira mantida durante corenta anos: "os propios vascos incendiaran a súa vila sagrada". O xornalista inglés George Steer foi testemuña da traxedia e a mentira posterior. Relatando a verdade da destrución pola aviación a través do xornal Times. Os gobernos de Alemaña e Italia pediron perdón en 1997 por participar na destrución da cidade de Gernika. En contraposición os gobernos franquistas e os seus sucesores, nunca se fixeron cargo da responsabilidade de ter organizado e executado tamaña inxustiza. É xa tempo de que os españois fagan fronte á súa responsabilidade na destrución do 70% da cidade de Gernika e da morte de numerosísimos veciños da cidade e periferia. Terán a valentia? Ou só teñen valentía nas prazas de touros?
Comentarios (2) - Categoría: Mundo - Publicado o 28-04-2007 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 O goberno franquista non asumiu ainda a culpa e o seu herdeiro só herdou a parte #blgtk08#boa. Non quere saber nada da mala. Vai sendo hora de que polo menos pidan perdón.
Comentario por turonio (28-04-2007 11:16)
2 Se a memoria histórica sirve para algo #blgtk08#é para que estas cousas non se esquezan
Comentario por A vida en Ponteareas (28-04-2007 19:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0