OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A tortura como instrumento político
A denuncia que onte fixo en rolda de prensa o grupo parlamentar basco Ezker Abertzalea da utilización das torturas relatadas polos últimos detidos en Euskadi non debería quedar en mera anécdota. Nun estado de dereito é esixible que as súas institucións, así como os partidos que participan nelas, mostren especial celo diante das posibles vulneracións de dereitos humanos, e con maior dilixencia se estas procedesen dalgunha desas institucións. Diante dunha denuncia de torturas, inmediatamente deberían porse en marcha as investigacións pertinentes para sancionar o delito se o houbese ou, en caso contrario, para non deixar lugar á menor dúbida sobre ese tipo de prácticas. Non ocorreu así tampouco tralas últimas detencións e a sombra dunha dúbida máis que razoable, que en Euskadi alóngase desde hai moitos anos, planea sobre certas institucións do Estado. A actitude da maioría dos partidos non é compatible cos dereitos humanos que din defender.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 14-04-2007 07:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0