Se cadra porque son home de poucas luces, asómbrome de que aínda os sociólogos, nas súas conspícuas clasificacións das persoas, non teñan caído ?que eu saiba- nun ordenamento básico: que as xentes dividense, inicialmente, en xente pobre e pobre xente. Fago esta simple reflexión tras de saber que AGE e BNG, vetaron que o Parlamento Galego dira curso a unha Declaración Institucional de condena ao chamado Holocausto, isto é, a matanza planificada de millóns de persoas. A meirande parte, por algo tan irremediable e irreversible como a pertenza a determinada etnia. Outros, pola súa orientación política ou sexual.
Non chego a comprender os motivos do rexeitamento dos devanditos partidos a que se cumprira algo acordado pola ONU. Hai, de feito, cousas as que non termino de atopar sentido, nin lóxica nin coherencia. Vexamos: AGE e BNG, fachendean de seica defensores dos acordos das Nacións Unidas ?maiormente se tales resolucións censuran a Israel, USA e outros países que non lles son gratos- e, nembargantes, non aproban unha decisión, meramente de decencia e humanidade, do organismo internacional condenando o crime do nazismo. Coma galego e xente de ben que son, a min non me representan vostedes. Pertenzo, con moita dignidade a clase da xente pobre. Vostedes? Pobre xente!