OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CARTA ABERTA A ANXO QUINTANA
CARTA ABERTA A ANXO QUINTANA

Respectar as minorías para gañar a sociedade.


O pluralismo interno é un valor no BNG cuxo significado vai máis alá dunha formulación meramente teórica. Para unha forza política con aspiracións a ser maioritaria na sociedade, o respecto efectivo ás minorías é fundamental por tres razóns:

1. Porque é o exemplo do modelo social e cultural da Galiza do futuro, onde todos e todas debemos ter cabida independentemente da nosa filiación política e ideolóxica, onde mesmo os non nacionalistas han compartir dereitos e obrigas con nós para a construción do noso país.

2. Porque o noso modelo organizativo está así concibido, admitindose a presentación de listas diversas que responden a sensibilidades diversas. Así se plasmou na última Asemblea Nacional, sendo considerado como unha riqueza e non unha debilidade do BNG.

3. E finalmente, e o máis importante, porque a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista. Isto é unha esixencia que toda a sociedade e non só BNG debe apoiar: todo deterioro destes principios en calquera lugar inicia a pendente que nos leva ao totalitarismo.

O BNG iniciou un proceso de expulsión dun dos nosos afiliados. Primeiramente, votou a súa consideración de "militante de segunda" (sen posibilidade de acceso a cargos) en razón da súa pertenza a unha asociación legal e democrática, -ASOCIACION GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL- que, como o seu nome indica, busca a amizade e a concordia entre os pobos. Dita purga vén motivada por unha lectura maniquea e unilateral dun conflito complexo e difícil; e é un atallo do colectivismo que viola os artigos 18,19 e 20 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que contradí o principio do pluralismo e respecto ás minorias, situándonos nun novo escenario dentro do BNG:

1. Aniquila o sistema organizativo e representativo do que nos dotamos, e substitúeo por un sistema de purgas e imposicións de maiorías circunstanciais que crea inestabilidade e medo á depuración como novos principios organizativos.

2. Desmobiliza e retrae os nosos apoios sociais que observan eses novos principios organizativos de depuración como a pauta a seguir por un futuro BNG maioritario.

3. Converte unha determinada opinión de análise política internacional en filtro de pertenza plena á organización. A ideoloxía que resulta do filtrado é que o "antiimperialismo" que di defender o BNG renuncia ao acervo democrático occidental Ademais o antiimperialismo non debería estar por riba do pluralismo político, da liberdade de expresión e do dereito á discrepancia pública.

É por iso que chamamos á solidariedade dos nosos compañeiros e compañeiras, dos nosos representantes institucionais e políticos, e mesmo de toda a sociedade para amparar un dereito humano e democrático. Reivindicamos o respecto ás minorías en favor de toda a sociedade galega.

01 - Xoán Bernárdez Vilar
02 - Abel Anxo García López
03 - Manuel Feás Sánchez
04 - Cesar Pazos Barreiro
05 - Isabel Ferreiro Rodríguez
06 - Fernando del Rio Iglesias
07 - Francisco X.Lores Ínsua
08 - Xurxo Gregorio Vaqueiro
09 - José Henrique Pérez Rodríguez
10 - Florentino Pinheiro Vasques
11 - Xose Carlos Morell Gonzalez
12 - Xoan Xesús Rozas Neira
13 - Iago Pillado Losada
14 - Natalia Costas Alonso
15 - Fernando Acuña Rúa
16 - Henrique Monteagudo Romero
17 - Fernando Rodríguez Dacosta
18 - Miguel Mato Fondo
19 - Xosé María Moreno Villar
20 - Vitor Manuel Meirinho Guede
21 - María Luisa Varela Nogueiras
22 - Alberte Mahía Rodríguez
23 - Felipe Gómez Morgade
24 - Francisco Xavier Freire Chico
25 - Carlos Pérez Sainz
26 - David Álvarez López
27 - Francisco Lores Santacecilia
28 - Alexandre Fernández Villaverde
29 - Alberte Vila González
30 - Gonzalo Cao Sousa
31 - Xosé Manoel Santos Díaz
32 - Quico Recondo Martínez
33 - Xosé Manuel Garcia Garcia
34 - Xosé Manuel Xil Ramos
35 - Xosé-Henrique Costas González
36 - Antonio Rodríguez Sampayo
37 - Diego González López
38 - Patricia Pampillón Vila
39 - Carlos Nuevo Cal
40 - Marta Toledano Funes
41 - Rosendo Gonzalo Covelo Roma
42 - Carlos Alonso Valladares
43 - Xavier Gómez Curras
44 - Xose Gómez Quintela
45 - Xosé Vixande López
46 - Daniel Monteagudo Ferreira
47 - Xavier González Carreira
48 - Manuel Currás Meira
49 - Susana Seoane Dovigo
50 - Heliodoro Álvarez Conde
51 - Xusto Molejón Valoria
52 - Xoaquín de Acosta Beiras
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2007 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0