OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN "AUTO DE FE". Por Manuel Rivas

UN "AUTO DE FE"
Por Manuel Rivas
EL PAIS - 09.03.07


E agora saio en defensa de Pedro Gómez-Valadés, así que non sei en que século estou. Se cadra xa oíron do caso e xa lles chegou o recendo a churrasco de simbólica fogueira. En resume: Este home, Pedro, militante nacionalista, e durante anos comprometido coa cultura na bisbarra de Vigo, está ameazado de expulsión do Bloque por figurar como presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel. Non estamos a falar dunha organización creada por ningún estado ou partido, senón por persoas libres da sociedade galega. Esas persoas defenden a existencia de Israel como unha patria democrática, mais tamén dun estado de seu para os palestinos. O caso Valadés non atinxe só aos directos protagonistas nin a unha organización. É un test, unha proba, de que en Galicia, en calquera recanto de Galicia, mesmo nas criptas da caste que sexan, xa pasou o tempo en que podía ser perigoso tanto o falar como o calar. A expulsión de Valadés, de consumarse o auto de fe, sería unha agresión contra o librepensamento galeguista. Contra todos nós. Os que nos sentimos tamén parte de Galicia, a parroquia sefardí de Andreanápolis, habitada por galegos xudeus expulsados, e sobre a que escribiu con emoción, tamén el dende o exilio, Luis Seoane.
PODES LER O ARTIGO NO XORNAL:
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 é triste que se teñan que escribir, e ler, artigos mostrando as miserias máis infantís da nosa "familia". E o digo pq non ten sentido todo isto que está a pasar.
Será a prime#blgtk08#ira vez que contemplamos unha institución liberadora e que tantas esperanzas nos ten achegado realizar tan suciamente un acto de antisemitismo ideolóxico?
Triste é a palabra.
Comentario por turonio (10-03-2007 17:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0