OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Corto Maltés en galego
Brincos nas orellas, patillas poboadas, ollos cor de mel e un medio sorriso sempre inquedante nos duros beizos. Dese rostro namorouse media Europa durante décadas grazas á arte de Hugo Pratt, que en máis de dez álbumes consagrou un heroe algo cínico e sentimental, sempre do lado dos máis débiles non por compromiso moral senón para que non decaia a aventura. O personaxe de máis sona do cómic europeo non precisou superpoderes para facerse un oco na historia do século XX; o seu nome, Corto Maltés. Curiosamente, agora non falamos de Corto Maltés como personaxe de banda deseñada. Xusto no 40º aniversario da súa creación, o mariño toma corpo nunha novela e nun filme, manténdose fresco para as novas xeracións que agora o descobren.
Corto Maltés. Balada do mar salgado, de Hugo Pratt (Galaxia) ?traducida por Ánxela Gracián? é unha novela que profundiza nas pasaxes descritas no álbume de cómic do mesmo nome, que inaugurou a serie no 1967. Ese cómic foi un dos máis exitosos da historia do cómic e contén a esencia do espírito do personaxe e de todo o Universo Pratt. Corto Maltés recorda a súa infancia en Córdoba, cando decide cunha navalla debuxar na palma da man a liña da fortuna que unha cigana lectora da boaventura lle negara posuír. Así iniciaba unha vida chea de aventuras que o vai deixar ao garete no Pacífico sur logo de sufrir un motín. Así, xa perto da morte vaino atopar Rasputín, desertor siberiano, alter ego e compañeiro inseparábel do maltés en moitas das súas aventuras. No barco que capitanea, o ruso transporta dous irmáns náufragos, Caín e Pandora, que gardan consigo moitos segredos.
Está a piques de comezar a I Guerra Mundial e os mares que separan Australia das illas Fidxi son perigosos pero fantásticos para quen busca oportunidade de diñeiro. Nese ambiente mora o Monxe, un tipo misterioso que pouco a pouco desvelará o seu papel na historia. A publicación desta novela é a primeira incursión de Maltés na nosa lingua. Se outras personaxes do cómic europeo tiveron tradución (as máis famosas, as de Tintín e Asterix), este mariñeiro intrépido só agora comeza a falar en galego. O proxecto era unha vella arela de Galaxia e buscouse a significación do cuadrixésimo aniversario do mariño para contarnos aquilo que se perde na banda deseñada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2007 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0