OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Linguaxes dos primeiros 70 para o mundo do século XXI
Magnífico texto de Marcos Valcarcel:

Linguaxes dos primeiros 70 para o mundo do século XXI

Conste que non quería volver sobre o "caso Gómez-Valadés": pola miña banda, estaba todo xa dito e neste blog tamén se escoitaron todos os argumentos posibles (sen censura ningunha).
Pero despois de ler os artigos de Guillerme Vázquez no Faro e dese "valor emerxente" que asina Xabier Igrexas en Xornal.com, quero manifestar que estou totalmente de acordo coa análise que fai M. Bragado en "Volta de torca" (Brétemas).
Estase a demostrar que o intento de expulsión de Gómez-Valadés (que xa ten moral, o home!) é moito máis que un caso ou unha anécdota: é un debate transcendental para o nacionalismo de hoxe e do futuro. Pon en cuestión a liberdade de expresión e a auténtica concepción de pluralidade do modelo do nacionalismo para este país. A min lembroume, xa o contei en Brétemas, cando a algúns nos alcumaban como "culturalistas" dentro da UPG (tamén eu pasei por esa casa e non son ningún renegado, aínda que algúns non me creran). Ou cando se me encargou un informe para que os militantes de base non leran revistas tan perigosas como Teima ou El Viejo Topo, que seica deprimían a algúns militantes. Ou cando nunha célula se prohibiu discutir El origen de la familia, la propiedad privada y el estado, de F.Engels, porque os militantes non tiñan nivel e ó mellor o entendían ó revés.
E como algúns calan, supoño que por medo e porque hai eleccións ás voltas, e outros opinan cos argumentos das críticas internas da UPG dos primeiros 70, por iso quixen manifestar aquí de novo a miña solidariedade cos que levan esta loita adiante dentro do BNG.
Aínda máis, se alguén non asinou e está de acordo co que eu estou a dicir, xa sabe onde (militantes e non militantes): carta aberta a Anxo Quintana.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 23-03-2007 06:01
# Ligazón permanente a este artigo
Caza de bruxas no BNG
Por Pilar Rahola

A estas alturas da biografía do mundo, iso que chaman a historia, xa é pertinente aseverar, con convición, que as forzas reaccionarias da dereita son tan malvadas e perversas coma o son as forzas reaccionarias de esquerdas. As dúas tinxiron de sangue e traxedia a pel de Europa, as dúas masacraron a millóns de persoas e as dúas basearon o seu poder na destrución sistemática dos dereitos fundamentais. Se algo lles une é, sen dúbida, o odio profundo á liberdade. Cunha diferenza: o mundo recorda e respecta a memoria das vítimas das ditaduras de dereitas, pero decidiu mergullar ás vítimas das ditaduras de esquerdas na ignominia do desprezo, o silencio e a impunidade dos culpábeis. Non hai moito aínda podiamos ver como esta mestura de zar feudal e comisario stalinista que é Putin, transformaba a homenaxe ao final da Segunda Guerra Mundial, nun panexírico do réxime stalinista. E fíxoo ante decenas de xefes de estado, impasíbeis á vergonza. O denso e pesado silencio do mundo intelectual, político e social ante as atrocidades destas ditaduras de esquerdas, é un síntoma máis da derrota da liberdade en mans do sectarismo. De feito, un triunfo sangrante da dupla moral.

Nada do que está pasando, pois, en Galiza, resúltame sorprendente. Que a UPG, cualificada formación integrante do BNG, queira expulsar a un dirixente local porque non defende o catecismo ideolóxico imposto, e porque non tolera a liberdade de pensamento, forma parte da mellor tradición das checas comunistas.
Cal é a lesa culpa de Pedro Gómez-Valadés? Nacionalista galego, home de esquerdas e militante comprometido, Pedro cometeu un pecado de incorrección que sacou do armario á vocación inquisidora do seu partido, e o resultado é o intento de expulsión: creou unha asociación de amizade con Israel. É dicir, desde a súa capacidade de pensar individualmente, máis aló do pensamento único, e convencido da validez da dialéctica como método de razoamento, chegou a conclusións sobre Medio Oriente que non son as maioritarias no seu partido. Actos da asociación? Algúns encontros culturais, o recordo do Holocausto, e máis boas intencións que orzamentos. Pero foi dabondo para animar a unha auténtica caza de bruxas interna que, ate, levou ao deputado Francisco Rodríguez, nunha asemblea xeral, a asegurar que os únicos amigos posíbeis do seu partido son a Cuba de Fidel, a Venezuela de Chávez e, ¡ai!, a República Islámica de Irán. Obviamente, ante esta tríade de paraísos da liberdade, a democracia israelí non ten cabida. De momento, pois, Pedro está sufrindo todo tipo de improperios, foi chamado a filas, recibiu descualificacións públicas e ten un proceso de expulsión aberto, aínda non resolto. E todo por pensar máis aló de consignas. Poderiamos considerar que se trata dunha anécdota desgrazada, que en todas as familias hai sectarios e que a anécdota non chega a categoría. Pero non é así. De entrada, estamos falando dun partido que está no goberno de Galiza.
Non resulta, xa que logo, intranscendente que un dos seus membros máis cualificados, considere como referentes a tres das peores ditaduras actuais. É dicir, o goberno galego inclúe, nas sensibilidades que o gobernan, ideas totalitarias de esquerdas. Que pasaría se incluíse ideas totalitarias de dereitas? Ademais, este tipo de caza de bruxas contra os librepensadores, non só resulta impune senón que está ben vista, cando se produce no nome da esquerda. Non teño ningunha dúbida de que o deputado Paco Rodríguez, e a corrente ideolóxica que representa, son profundamente reaccionarios. Pero a diferenza dos reaccionarios de dereitas, estes teñen boa prensa. Hoxe, pódese defender unha tiranía insufríbel como a iraní, ou o espantallo da ditadura cubana, ou os delirios do populismo fascistoide de Chávez, e vendelo todo coma unha aposta solidaria e progresista. Sob a bandeira da solidariedade, esconderse miradas brutalmente insolidarias con miles de vítimas.

Por suposto, está o tema de Israel, auténtico catalizador de todas as patoloxías que a esquerda reaccionaria é capaz de crear. Neste punto, Israel representa o termómetro do maniqueísmo ideolóxico. Criminalízaselle, se homoxeneiza ate o punto de que calquera israelí, polo só feito de existir, é culpábel, redúcese a súa democracia a unha caricatura, e pola vía de defender a lexítima causa palestina, se minimiza ate a comprensión ao terrorismo nihilista. Por sumar despropósitos, ata se chega a banalizar o Holocausto. Mentras, os amigos das ditaduras de Siria, de Irán, do Sudán, etc, vanse de rositas. Amigos da causa... En fin, non hai moito máis que dicir. Pedro Gómez-Valadés ten un problema co seu partido. Pero esa non é a cuestión. A cuestión é que o seu partido ten un serio e fondo problema coa liberdade. >
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 14-03-2007 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA ABERTA A ANXO QUINTANA
CARTA ABERTA A ANXO QUINTANA

Respectar as minorías para gañar a sociedade.


O pluralismo interno é un valor no BNG cuxo significado vai máis alá dunha formulación meramente teórica. Para unha forza política con aspiracións a ser maioritaria na sociedade, o respecto efectivo ás minorías é fundamental por tres razóns:

1. Porque é o exemplo do modelo social e cultural da Galiza do futuro, onde todos e todas debemos ter cabida independentemente da nosa filiación política e ideolóxica, onde mesmo os non nacionalistas han compartir dereitos e obrigas con nós para a construción do noso país.

2. Porque o noso modelo organizativo está así concibido, admitindose a presentación de listas diversas que responden a sensibilidades diversas. Así se plasmou na última Asemblea Nacional, sendo considerado como unha riqueza e non unha debilidade do BNG.

3. E finalmente, e o máis importante, porque a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista. Isto é unha esixencia que toda a sociedade e non só BNG debe apoiar: todo deterioro destes principios en calquera lugar inicia a pendente que nos leva ao totalitarismo.

O BNG iniciou un proceso de expulsión dun dos nosos afiliados. Primeiramente, votou a súa consideración de "militante de segunda" (sen posibilidade de acceso a cargos) en razón da súa pertenza a unha asociación legal e democrática, -ASOCIACION GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL- que, como o seu nome indica, busca a amizade e a concordia entre os pobos. Dita purga vén motivada por unha lectura maniquea e unilateral dun conflito complexo e difícil; e é un atallo do colectivismo que viola os artigos 18,19 e 20 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que contradí o principio do pluralismo e respecto ás minorias, situándonos nun novo escenario dentro do BNG:

1. Aniquila o sistema organizativo e representativo do que nos dotamos, e substitúeo por un sistema de purgas e imposicións de maiorías circunstanciais que crea inestabilidade e medo á depuración como novos principios organizativos.

2. Desmobiliza e retrae os nosos apoios sociais que observan eses novos principios organizativos de depuración como a pauta a seguir por un futuro BNG maioritario.

3. Converte unha determinada opinión de análise política internacional en filtro de pertenza plena á organización. A ideoloxía que resulta do filtrado é que o "antiimperialismo" que di defender o BNG renuncia ao acervo democrático occidental Ademais o antiimperialismo non debería estar por riba do pluralismo político, da liberdade de expresión e do dereito á discrepancia pública.

É por iso que chamamos á solidariedade dos nosos compañeiros e compañeiras, dos nosos representantes institucionais e políticos, e mesmo de toda a sociedade para amparar un dereito humano e democrático. Reivindicamos o respecto ás minorías en favor de toda a sociedade galega.

01 - Xoán Bernárdez Vilar
02 - Abel Anxo García López
03 - Manuel Feás Sánchez
04 - Cesar Pazos Barreiro
05 - Isabel Ferreiro Rodríguez
06 - Fernando del Rio Iglesias
07 - Francisco X.Lores Ínsua
08 - Xurxo Gregorio Vaqueiro
09 - José Henrique Pérez Rodríguez
10 - Florentino Pinheiro Vasques
11 - Xose Carlos Morell Gonzalez
12 - Xoan Xesús Rozas Neira
13 - Iago Pillado Losada
14 - Natalia Costas Alonso
15 - Fernando Acuña Rúa
16 - Henrique Monteagudo Romero
17 - Fernando Rodríguez Dacosta
18 - Miguel Mato Fondo
19 - Xosé María Moreno Villar
20 - Vitor Manuel Meirinho Guede
21 - María Luisa Varela Nogueiras
22 - Alberte Mahía Rodríguez
23 - Felipe Gómez Morgade
24 - Francisco Xavier Freire Chico
25 - Carlos Pérez Sainz
26 - David Álvarez López
27 - Francisco Lores Santacecilia
28 - Alexandre Fernández Villaverde
29 - Alberte Vila González
30 - Gonzalo Cao Sousa
31 - Xosé Manoel Santos Díaz
32 - Quico Recondo Martínez
33 - Xosé Manuel Garcia Garcia
34 - Xosé Manuel Xil Ramos
35 - Xosé-Henrique Costas González
36 - Antonio Rodríguez Sampayo
37 - Diego González López
38 - Patricia Pampillón Vila
39 - Carlos Nuevo Cal
40 - Marta Toledano Funes
41 - Rosendo Gonzalo Covelo Roma
42 - Carlos Alonso Valladares
43 - Xavier Gómez Curras
44 - Xose Gómez Quintela
45 - Xosé Vixande López
46 - Daniel Monteagudo Ferreira
47 - Xavier González Carreira
48 - Manuel Currás Meira
49 - Susana Seoane Dovigo
50 - Heliodoro Álvarez Conde
51 - Xusto Molejón Valoria
52 - Xoaquín de Acosta Beiras
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2007 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
UN "AUTO DE FE". Por Manuel Rivas

UN "AUTO DE FE"
Por Manuel Rivas
EL PAIS - 09.03.07


E agora saio en defensa de Pedro Gómez-Valadés, así que non sei en que século estou. Se cadra xa oíron do caso e xa lles chegou o recendo a churrasco de simbólica fogueira. En resume: Este home, Pedro, militante nacionalista, e durante anos comprometido coa cultura na bisbarra de Vigo, está ameazado de expulsión do Bloque por figurar como presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel. Non estamos a falar dunha organización creada por ningún estado ou partido, senón por persoas libres da sociedade galega. Esas persoas defenden a existencia de Israel como unha patria democrática, mais tamén dun estado de seu para os palestinos. O caso Valadés non atinxe só aos directos protagonistas nin a unha organización. É un test, unha proba, de que en Galicia, en calquera recanto de Galicia, mesmo nas criptas da caste que sexan, xa pasou o tempo en que podía ser perigoso tanto o falar como o calar. A expulsión de Valadés, de consumarse o auto de fe, sería unha agresión contra o librepensamento galeguista. Contra todos nós. Os que nos sentimos tamén parte de Galicia, a parroquia sefardí de Andreanápolis, habitada por galegos xudeus expulsados, e sobre a que escribiu con emoción, tamén el dende o exilio, Luis Seoane.
PODES LER O ARTIGO NO XORNAL:
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Medo e noxo no BNG
Estamos no ano 2007!! Estamos no primeiro mundo!! O BNG está a gobernar ou cogobernar na Xunta de Galiza!!

Todas estas verdades caen feitas anacos cando un escoita o caso de un militante do BNG ameazado de expulsión polo pecado de defender a Israel. Eu non milito no BNG. Recoñezo que en moitas ocasiíons plantexeime dar o paso e entrar na que pretende venderse ciomo casa común do nacionaliosmo galego. Afortunadamente non din ese paso. Afortunadamente.

E non o digo pola posibilidade de seren eu tamén proposto para expulsión, non. Digoo polos que ainda non foron "detectados" e viven o día a día no Bloque en silencio, co medo de ser descubertos.

Onte tiven unha longa convresa cunha militante do BNG e socia da Asociación Galega de Amizade con Israel www.amizadeconisrael.org e crédeme se vós digo que a súa situación é impensable en plena Europa no terceiro milenio.

Medo e noxo. Medo e Noxo no Bloque Nacionalista Galego.

Viva a abstención activa !!!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-03-2007 02:39
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG ANTISEMITA

Non, xa sei que non está ben visto iso de antisemita. Iso queda só para a ultradeira rancia que cando menos é sincera. A esquerda, ou gran parte da esquerda, coa súa visión maniquea e simplista do tremendo conflito de Oriente Medio, prefire autocualificarse de antisionista e alé.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-03-2007 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
A PREPOTENCIA E A CHULERIA DA UPG

Porque outro nome non ten. Un comunicado oficial daba por feitos, varias horas antes de que comezase a xuntanza, todos e cada un dos resultados. Nota embargada, iso si, coma se esa fórmula máxica servise para un roto e un descosido. Que se saiba, en xornalismo se embarga un discurso, unha celebración fixa e xa definida que non pode variar, salvo catástrofe. Pero enviar un comunicado sobre unhas eleccións, que iso era o que se celebraba, di moi pouco dunha estrutura política. E así lles luciu o pelo horas despois. Onde digo digo, digo diego, ma envaino tan ricamente e pelillos á mar de Fisterra. As mentes lúcidas que ían tan sobradas só tiñan que ler o titular deste xornal o día anterior que, en referencia a Manolo Portas, aseguraba que o anxo caído ía presentar batalla. E cumpriuse con fartura. Pero no benegá, ás veces tan asambleariamente suficientes, non se deron por decatados. Lamentable erro e pésima imaxe.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 03-03-2007 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
Outra nova da Vicepresidencia
Até agora (incluido os tempos do PP), as familias adoptantes tiñan que pasar
un "exáme de idoneidade". Esto é, que a equipa de psicólogos/as da Xunta
certificaban que as parellas eran aptas ou non para adoptar, tras entrevistarse cos candidatos e candidatas. Pois ben, agora resulta que Vicepresidencia vai asinar un convenio co
colexio oficial de psicólogos para que sexan os psicólogos privados
colexiados os que emitan ese certificado. Como curiosidades:

- Vicepresidencia vai pagar 20.000 euros pola formación dos psicólogos
colexiados.
- Vicepresidencia recomenda que os formadores sexan os psicólogos da Xunta,
a quenes lles pagará o colexio (con fondos da Xunta).
- Para mais caralladas, os certificados que emita o colexio, deben ser visados polos psicólogos da Xunta (quen carallo vai aceptar dar o visto e prace a un certificado sen ter unha soa entrevista cos afectados?)
Os/as psicólogos da Xunta teñen até o día ¿27? de febreiro para decidir individualmente se aceptan ser os formadores e seguramente non haxa nin un dispoñibel. A MAIORES DE FACERLLES A CAMA, TEÑEN QUE QUENTALA. Pero, o BNG non estaba polos servizos públicos? Esto é outro exemplo de
externalizació n dun servizo. Que non hai persoal? Pois en troques de gastar
o diñeiro pagando aos psicólogos privados, hai que crear os postos na Xunta e dotalos con persoal propio. Estamos estes días preparando un novo boletín da CIG en Vigo-Pontevedra (A
Xanela) (quen quera que lla envie por correo electrónico, que ma pida). Alguén do BNG podese amolar de que o sindicato defenda os servizos públicos e critique esta nova externalizació n?
"A vicepresidencia de Anxo Quintana" precisa desprenderse de moito pepero ratificado en postos de libre designación. E tamén dalgún neo-nacionalista reconvertido.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-02-2007 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
UPG ou BNG?
Sigo con interese o caso da posible expulsión dun militante do BNG por mor de pertencer a unha asociación que seica para algún ou algúns dos camaradas da fronte é un apéndice do imperialismo. Non dou crido honestamente que semellante despropósito, mais propio dunha organización marxinal extraparlamentaria que dun partido que, non esquezamos, comparte goberno na Xunta co PSOE. Desde logo, este que aquí escribe, de momento, e seguro que por moitos momentos, non se afilirá a ese BNG que como Batasuna fica atada pola dirixencia de ETA, este triste e patético BNG, fica dirixido sen careta nin desfraz pola UPG máis cavernaria.
Comentarios (3) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-02-2007 05:38
# Ligazón permanente a este artigo
Caza de bruxas no BNG
Non milito no BNG. Recoñezo que moitas veces teño meditado e falado cos amigos máis achegados da posibilidade de afiliarme ao BNG. Nunca me acabo de decidir. Sempre, sempre hai unha voceciña interior que me di: 2ollo Carlos, non sabes onde te metes"...

E fágolle caso. E desde logo lendo o que veño de ler:http://galiza-sosego.blogspot.com/index.html

Como pode unha organización así pretender ser maioritaria no noso pais? Un pode ou concordar co tema do conflito, pero por riba diso hai, ou debera, o DEREITO E PENSAR.

Lembrarlle aos talibans da Unión do Povo Galego que o telón de aceiro caiu. Que a CCCP xa non existe. Que o futuro de Galiza non está nin no COMECON nin no Pacto de Varsovia. Que os delictos de opinión xa só os aplica o neofascismo máis cavernario do PP coa Lei de Partidos.

Un disparate que me convence un pouco máis de non afiliarme ao BNG.
PODES VER A NOTICIA NO BLOG GALIZA-SOSEGO:
Comentarios (4) - Categoría: Galiza - Publicado o 19-02-2007 01:27
# Ligazón permanente a este artigo
Información e recursos sobre o galego

Política Lingüística pon na rede unha páxina con información e recursos sobre o galego. A Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo na rede o espazo www.xunta.es/linguagalega/, no que se ofrecen material e información sobre o galego. Divídese en tres apartados: Política lingüística, que achega novas, lexislación, trámites e información sobre os servizos do departamento. O segundo bloque, Vivir en galego, presenta datos acerca da situación da lingua e ferramentas para facilitar e fomentar o seu uso correcto. Por último, Aprender galego recolle todas as campañas e recursos que puxo en marcha para a aprendizaxe da nosa lingua.
AQUÍ TES A WEB:
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 17-02-2007 06:16
# Ligazón permanente a este artigo
Os críticos do BNG obtiveron o 30% nas sete cidades
O voto nas asembleas comarcais deulles 7 representantes máis no Consello Nacional
As correntes críticas do BNG (Encontro Irmandiño, A Alternativa e Movemento pola Base) obtiveron en torno so 30% dos votos nas asembleas comarcais das sete grandes cidades galegas, co que conseguiron sete novos representantes no Consello Nacional desta formación, dos 23 que foron designados. Encontro Irmandiño e A Alternativa, a diferenza do ocorrido na Asemblea Nacional do 2 e 3 de decembro, decidiron concorrer nunha mesma lista ás asembleas comarcais. Desta forma, obtiveron representación en cinco das grandes cidades, excepto en Ferrol, onde triunfou Quintana, e en Pontevedra, onde houbo lista única.En total, as correntes impulsadas por Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira obtiveron seis membros para o Consello Nacional. Deles, tres pertencen á Alternativa: un próximo a Camilo Nogueira, en Vigo, e dous de Esquerda Nacionalista (EN), en Lugo e Ourense. O Encontro Irmandiño conseguiu outros tres postos no Consello Nacional, un en Santiago e dous na Coruña, aínda que neste caso as fontes consultadas subliñaron a "dificultade" de adscribir un dos representantes a ningunha corrente, xa que o elixido "é da corda de Henrique Tello", portavoz do BNG nesta cidade.

Movemento pola Base sumou un representante en Santiago

Movemento pola Base, integrado por ex membros da UPG e representantes do sindicato CIG, presentouse en solitario, do mesmo xeito que xa fixo na Asemblea Nacional, e conseguiu un representante na asemblea comarcal de Compostela. Estes resultados ratifican a importancia das correntes críticas, aínda que nestes conclaves comarcais non conseguiron chegar á porcentaxe que obtiveron na XII Asemblea Nacional, cando sumados os seus resultados, alcanzaron o 38% dos votos, o que permitiu sentar no Consello Nacional a nove membros de Encontro Irmandiño, cinco da Alternativa e outros cinco de Movemento pola Base.Tras a designación das executivas comarcais finaliza o proceso iniciado na XII Asemblea Nacional, na cal se elixiron a 50 membros do Consello Nacional. Desta forma, e tras a designación dos seis representantes dos partidos políticos, este órgano terá 105 membros.

A lista oficial obtén 16 postos
Quintanistas e UPG repártense o resto de representantes elixidos nas asembleas comarcais, 16 en total, aínda que a maior parte dos membros designados pertencen á formación de Francisco.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-12-2006 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0