OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xitanos, Xudeus e Galegos.
Anxel Vence

Un militante do Bloque Nacionalista Galego acaba de ser expulsado dese partido gobernamental baixo a sospeita de que xudaizaba en segredo a favor do Estado Imperialista de Israel. Máis ben era un segredo a voces, se temos en conta que Pedro Gómez-Valadés preside sen tapuxos e sen a menor vergonza unha asociación para promover a amizade entre galegos e israelís. E ate aí podiamos chegar. O lance non trascendería os límites da disciplina interna que tan a raxataboa adoitan aplicar ás veces os partidos, de non ser porque o BNG desempeña labores de goberno en Galicia xunto ao seu maioritario aliado socialdemócrata. Quere dicirse que non se trata precisamente dun grupúsculo extraparlamentar, senón dunha organización que ten ao seu cargo a xerencia de asuntos tan importantes como a cultura, a preservación do medio rural ou a loita contra os incendios forestais. Dadas esas circunstancias, sorprende un pouco a estraña fixación que un partido institucional de despacho e pavimento téxtil como o Bloque parece ter co Estado de Israel e -ou o que acaso sexa máis inquietante- cos xudeus en xeral. A expulsión de seu militante pro-israelí prodúcese, efectivamente, apenas uns meses despois de que o BNG impedise unha moción de condena do Holocausto no Parlamento galego, sob o pretexto de que antes habería que repudiar os abusos e arbitrariedades ás que o Goberno de Israel somete aos palestinos. (Moción que, para maior desconcerto, o BNG non tivera inconveniente en apoiar un ano antes). Se a todo iso súmanse os problemas que algúns alcaldes nacionalistas teñen cos xitanos -en Pontevedra e Poio, por exemplo-, máis dun puidese chegar á inxusta conclusión de que o Bloque é un partido ao que as etnias e as razas se lle atragantan con maior frecuencia da que aconsellaría o sentido común. Sempre haberá quen caia na fácil tentación de facer xogos de palabras para lembrar que o actual Goberno galego está formado por nacionalistas e socialistas, termos ambos que contribuían á denominación do partido fundado a principios do pasado século por Adolfo Hitler. Naturalmente, ese sería un desatino comparábel á equiparación entre nazis e xudeus que -acaso sen pretendelo- veñen facendo con rara contumacia algúns dos dirixentes do Bloque. Só a xente mal informada ou a peor intencionada podería dubidar a estas alturas das conviccións democráticas dos nacionalistas e menos aínda atribuírlles simpatías polo nazismo. Cuestión distinta son os ramalazos vagamente antisemitas -agora chamados "antisionistas"- que tan a miúdo padece o BNG ao igual que boa parte da esquerda europea en directa competencia coa extrema dereita. A idea dunha conspiración xudaica internacional que Hitler atribuía aos Protocolos dos Sabios de Sión e Franco á "conxura xudeo-masónica" deixou paso ao non menos lendario "lobby xudeu" que disque goberna o mundo; pero un e outro concepto non deixan de responder no fondo ao mesmo prexuízo. Ese polo que unha parte do nacionalismo galego non dúbida en reputar de "imperialista" a Israel: unha república de tamaño inferior a Portugal que xamais tivo (Israel; non Portugal) afastadas colonias que fixesen dela unha metrópole. Tanto porfía o Bloque en equivocar os conceptos que, en boa lóxica, acabou por gañarse a inimiga das autoridades e -previsiblemente- ao pobo de Israel, que tamén os xudeus teñen seu corazonciño. Sequera sexa por interese propio, os nacionalistas poderían considerar que o termo "galego" foi durante séculos e en distintas épocas e lugares un insulto, tal como hoxe ségueo sendo para moitos o de "xitano" ou o de "xudeu". Pobo da emigración e o éxodo como eles, mal fariamos os galegos en tirar pedras contra o seu tellado. Ben puidese ser o noso tellado.
Faro de Vigo
28.04.08
Comentarios (2) - Categoría: Galiza - Publicado o 30-04-2008 03:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado de AGAI pola expulsión de Gómez-Valadés do Bloque
Despois de máis dun ano de acoso e constantes presións, finalmente o BNG consumou de forma arbitraria, vergonzosa e fascista a expulsión dun militante polo simple feito de ter unha visión diferente do conflito árabe-israelí e de presidir unha asociación de amizade que procura tender pontes entre os pobos galego e israelí. Entre a cultura galega e a xudía.

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que a utilización de medidas disciplinarias e de expulsións por un suposto delicto de conciencia é impropia dunha organización que participa no goberno de Galicia e fainos sentir como galegos e galegas asustados pola catadura xenófoba e totalitaria de quen nos cogoberna sen que lle importe violar de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de antisemitismo, intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto á liberdade de expresión, de conciencia e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.
A Asociación Galega de Amizade con Israel esixe unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego
A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG que son á vez socios e socias de AGAI e emplaza a Anxo Quintana a que explique públicamente se un xudeo pode ser militante do BNG ou non.
Por último, a Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa firme intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.
Vigo 28 de Abril de 2008
Comentarios (2) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-04-2008 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Incivismo y cuña

Incivismo y cuña
SUSO DE TORO
EL PAÍS
20/04/2008


Gracias, tu voto: Resultado 35 votos
Hace unos días el alcalde coruñés constataba que Fadesa ya no es lo que era: volvía a recortar la plantilla en A Coruña. La crisis del ladrillo, los apuros financieros de esa empresa y el fracaso de un proyecto desmedido en Miño decidieron a sus dueños a despedir trabajadores aquí y no allí, en la sede madrileña. Pero es que la empresa ya no es gallega, la vendieron. También por estos días vino por aquí un señor de Madrid a pedir para Fenosa un trato especial en la concesión de licencias, invocaba las raíces gallegas de esa empresa; pero también su sede es madrileña, también la vendieron. Los dueños de las empresas son libres de venderlas, son suyas; los romanos inventaron el derecho justo para eso.

Los gallego hablantes tienen que ser bilingües; los castellano hablantes pueden ser monolingües
Salvo excepciones, nuestros empresarios carecen de cultura empresarial y de compromiso con su país. Carecen de sentido de país, no tienen sentido cívico, están a monte. La cultura democrática, la de la ciudadanía, no entró en ellos. Esa falta de responsabilidad con el país es más culpable en los que tienen más poder, pero está en sintonía con la media de nuestra sociedad.

Y aquí está la enésima campaña contra el gallego. Como si hiciesen falta campañas contra una lengua que se extingue inexorablemente. La Ley de Normalización Lingüística no se cumplió ni antes ni ahora, y no bastaría para detener un proceso social profundo. Seguimos teniendo un único canal de televisión en gallego, que prácticamente no está en el quiosco. Hoy sigue siendo imposible hacer la vida plena en gallego, uno está obligado constantemente a usar el castellano oral o escrito; los gallego hablantes tienen que ser bilingües, mientras los castellano hablantes pueden vivir toda su vida aquí siendo monolingües.

Aún así se señala y culpa a los bilingües que quieren vivir en gallego en Galicia, increíble pero cierto. Por eso son tan singulares estas campañas innecesarias, denotan una saña inútil, una rabia contra nuestras palabras, las del país, un odio a lo nuestro llamativo. Cómo no ver el lado enfermizo en ello, cómo no sentir algo de compasión por quien vive así.

La enésima campaña de "tan gallego es el gallego como el castellano" (¿ o era al revés, "tan castellano es el castellano como el gallego"?), alentada por el mismo periódico de siempre, reivindica lo de siempre: algunas personas quieren vivir aquí pero como si fuese allí. Pero no como en un allí cualquiera, no como en Marsella, Cracovia, Turín o Leningrado. No. Quieren vivir en Galicia pero como si fuese Murcia, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Andalucía, La Rioja, Extremadura, Madrid o Aragón. En la España monolingüe. No les vale vivir aquí como en Cataluña, Euskadi, Valencia o Mallorca. Y tampoco les vale emigrar ellos, pretenden que vivamos todos emigrados, como emigrantes en nuestro país. Niegan la realidad física y humana, nuestra historia, nuestra memoria, nuestra cultura y nuestros intereses, todo lo que nos envuelve, y pretenden vivir en un país etéreo, sin pisar tierra y sin gallegos. Quieren vivir en una realidad jurídica, que por cierto no es la nuestra, pues el estado franquista, Madrid y provincias, desapareció y lo que rige es la Constitución y el Estatuto. Esa negación del entorno gallego es una falta de simpatía, empatía y de solidaridad total, una falta de compromiso con la sociedad y una negación del país. Nace de un incivismo total.

En las pasadas elecciones el PP agitó el miedo a los inmigrantes y planteó un contrato a cada inmigrante para su integración: tendrían el deber de aceptar las leyes vigentes entre nosotros y de conocer la cultura y lengua del país. Estuvo muy mal azuzar el miedo al inmigrante, pero sí que se puede discutir en frío y razonablemente que todos debemos asumir nuestra pertenencia a la sociedad que nos acoge, cumplir las leyes y conocer y practicar la lengua del país. Pero por qué van a cumplir ese pacto cívico los inmigrantes si ya hay aquí entre nosotros personas que se niegan a ello y meten la cuña en la madera de la convivencia. Y es el propio PP quien los anima.

Pero el problema de Galicia no es la incapacidad de los empresarios para constituirse en empresariado gallego, ni el PP, ni quienes no aceptan la Constitución ni el Estatuto de la nacionalidad gallega y sus leyes, ni los inmigrantes... El problema es nuestro atraso cívico, la incuria e incivismo que nos impide construir un país de ciudadanos y ciudadanas.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-04-2008 04:13
# Ligazón permanente a este artigo
Congreso de Esquerda Nacionalista

Esta fin de semana un dos partidos que integran o BNG celebra en Santiago o seu Congreso. Este é logrado cartel.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 27-03-2008 04:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ultra exaltado do PP fala nos micrófonos da SER
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 11-03-2008 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
A ignorancia de Aymerich
A imaxe de Carlos Aymerich quedou en dúbida, ao demostrar unha soberana ignorancia histórica e unha enorme torpeza política cando impediu que no Parlamento Galego se aprobara unha declaración institucional de condena do Holocausto. O 27 de xaneiro celébrase todos os anos no mundo enteiro, instituído pola ONU, o Día Internacional de Lembranza das Vítimas do Holocausto. Ayme­rich evitou que se aprobara esa resolución por parte das tres organizacións políticas galegas representadas no Parlamento, porque segundo el cumpría que se engadise á mesma unha condena dos ataques actuais de Israel contra Palestina.

Nunca mellor aplicado a este caso o dito popular de "confundir o touciño coa velocidade". Só desde a ignorancia da historia se pode vincular o Holocausto co Estado de Israel. Porque nin sequera as vítimas principais da barbarie nazi eran israelís, senón cidadáns xudeus de distintos países europeos. Alén diso, a creación do Estado de Israel -1947- foi posterior á persecución e ao exterminio dos xudeus europeos, ocorrido nos anos 30 e no primeiro lustro dos anos 40. Que culpa teñen os pobres xudeus masacrados polos nazis das falcatruadas que poida cometer hoxe en día Israel cos palestinos?

Torpeza política é deixar mal o nacionalismo galego no interior e con posíbel e inxusta sona de antisemita no exterior, por non condenar un dos feitos máis espantosos da historia, e por prexudicar gravemente a súa organización ao montar de xeito gratuíto este escándalo en plena precampaña electoral. Alguén da executiva nacionalista lle pedirá contas por este gravísimo erro?

Aymerich, coñecido "quintanista", defensor no primeiro momento do plus dos altos cargos, de xeito contraditorio coa súa praxe e pertenza, acostuma a erguer o puño nos actos aos que asiste. Quizais tamén con actitudes así tenta reconciliarse con certa militancia nacionalista veterana e nuclear. Isto non pode querer presupoñer pola súa parte algo tan grave como é a simpleza da base militante bloqueira que non se decataría das demagoxias?
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 15-02-2008 03:12
# Ligazón permanente a este artigo
Máis sobre o veto do BNG no Parlamento galego
É POR ISO...
Manuel Jabois
Publicado no diario gratuíto L-V
11.02.2008



A negativa do BNG a condenar o Holocausto se non se inclúe no documento a repulsa da ocupación militar de Palestina é un movemento fabuloso que corre en dúas direccións: a electoral, porque en España nada lle dá máis votos ás esquerdas nacionalistas que os insultos da dereita episcopal; e a inmoral, porque a postura deste portavoz Aymerich consegue bater récords de inmundicia nun país xa afeito a tales cousas. ?É por iso que??, presenta o BNG despois de recoñecer o malo que foi o Holocausto para mandarlle un recado ao Estado de Israel. ?¿Xa estaban planeando a ocupación de Palestina no gueto de Varsovia??, pregunta un intelixente co-mentarista de Vieiros. O texto que quería propoñer o BNG é dun racismo xa non impropio dunha democracia, senón da especie humana: mataron millóns de xudeus, pero os xudeus tamén están a matar agora. ?E por iso que??, di axitando o dedo o portavoz nacionalista, nun exercicio de incultura que, ben visto, ten máis de sectarismo que de racismo. A simpleza argumental, no entanto, anima tamén os militantes de base (de moita base: básicos), que apoian a postura nacionalista cunha coartada intelectual de altura: ?fica clara a cousa. PP-Ultradireita mediática-AGAI por unha banda e o BNG pola outra?, di outro comentarista en Vieiros. E pregunta, sobrevoando o debate: ¿cantos millóns máis de mortos necesita o Bloque Nacionalista Galego para non condicionar a condena dun exterminio?
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-02-2008 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG e a memoria do Holocausto
O BNG e a memoria do Holocausto
María Pou

Mentres nos repomos do susto dunha Serbia ultranacionalista, decatámonos de que o BNG, o nacionalismo galego, negouse a asinar unha condena contra o Holocausto nazi no Parlamento de Galicia con motivo do Día da Memoria. Argumentan que se condenamos o Holocausto hai que condenar tamén a política actual de Israel.
A formulación é tan demagóxica que resulta pueril explicala pero os tempos dinnos que hai que insistir no obvio e nos principios básicos da convivencia e do ser humano. Sexa como sexa a política de Israel, non engade nin quita un chisco de vergoña ao que sucedeu nos campos nazis. E en toda Europa, pois se os campos chegaron a ser o que foron foi porque todo un continente miraba cara a outro lado e deixaba que nas súas cidades algúns seres humanos fosen rebaixados a un estrato inferior ao animal.
Que hoxe os políticos israelís se equivoquen, cometan todo tipo de tropelías, incumpran mandatos de Nacións Unidas e, ate, adopten decisións dignas de condena pola comunidade internacional non rebaixa a infamia cometida polos nazis. Poderá resultar paradoxal ou incoherente pero non fai que aquilo deixe de ser condenábel. Por iso non pode condicionarse a repugnancia cara á Shoá por parte de calquera persoa de ben en todo tempo e lugar. Sexa xudeu ou non o sexa, sexa alemán ou non o sexa. A razón é que o ataque foi ao ser humano no máis profundo, como recordaba o presidente da Comunidade Israelita de Valencia no acto celebrado o 27 de xaneiro: aos xudeus perseguíuselles non polo que fixeran ou pola súa oposición ao réxime senón por ser xudeus.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 07-02-2008 06:00
# Ligazón permanente a este artigo
Pilar Rahola escribe hoxe sobre o veto do BNG á condena do Holocausto no noso Parlamento
O neno que fuxiu de Polonia
Por Pilar Rahola
LA VANGUARDIA (05.02.08)

Warum?", preguntouse o venerable rabino, asindo o brazo do mozo SS, que ía matar a un neno. O mozo facía contrabando, no gueto de Varsovia, e o soldado descubriuno. Anos máis tarde, o pai de Marek Halter explicou esta anécdota a Primo Levi, quen a narrou no seu extraordinario libro "Se isto é un home". A resposta do soldado marca a lume a memoria de Europa, e define a esencia da maldade: "Hier ist kein warum" (aquí non hai ningún porqué). É dicir, o mal non necesita respostas, pero, sobre todo, non necesita ningunha pregunta. Non había un porqué, e orfos do porqué, mataron a millóns de persoas. Se Hannah Arendt descubriu, no proceso contra Eichmann, que o mal era banal, anos antes un rabino descubrira que nin tan sequera tiña un motivo. E a ausencia de motivo era a raíz máis profunda do horror.

Esta semana celebráronse múltiples actos en recordo das vítimas do holocausto. Logo de décadas de esquecemento, a ONU instaurou un día para o recordo, o 27 de xaneiro, e desde entón réndese tributo aos dous terzos da poboación xudía europea, desaparecidos na shoah. Familias completas, nenos, adultos e anciáns, pobos enteiros coas súas historias de séculos, os seus médicos, os seus mestres de escola, os seus panadeiros, os seus músicos, todos convertidos en fume. A historia da humanidade está chea de xenocidios, e, como di a Torá, o mal (chamado alí Amelek), cambia de faciana, pero o holocausto é o primeiro intento industrial de exterminio masivo, e case consegue chegar ao seu obxectivo. Sete mil persoas, lixeiros como espectros, quedaban en Auschwitz cando "fixeron a súa aparición catro novos soldados soviéticos dacabalo", relata Levi. E segue Marek: "Sorprendéronse visiblemente ao descubrir, nunha bruma de neve, esa inmensidade branca, dominada por chemineas negras e rodeada de aramados, tras as que uns esqueletos humanos movíanse no medio dun silencio ensordecedor". Restos do naufraxio do holocausto, os poucos sobreviventes foron a voz da memoria. Esa memoria, estes días, tivo a súa expresión en múltiples actos, e en Barcelona, da man do escritor Marek Halter, coñecemos a un neno que puido fuxir do gueto de Varsovia co seu pai, deixando atrás o recordo de toda a súa familia asasinada. Fundador de SOS Racismo en Francia e loitador pola paz en Oriente Medio, Marek é, en carne propia, a expresión da palabra hebrea nabí, traducida historicamente como profeta. Dicíanos, no acto do Institut Francés que tiven a honra de presentar: "Nabí significaría o que grita palabras", é dicir, aquel que usa o verbo para conseguir o ben. E desde ese verbo loitado, este xudeu polaco nacionalizado francés recordounos que "cada neno que nace, xa estivo na ladeira do monte Sinaí", e xa que logo comprométese coas Táboas da Lei. Gritar palabras, ese é o combate nos tempos das espadas... Este artigo só tiña vocación de tímida homenaxe ás vítimas do holocausto, convencida da culpa que todo europeo ten no horror que desembocou en Auschwitz.

Pero o BNG obrígame a un engadido. Froito da empanada mental que determinados grupos de extrema esquerda padecen, este partido impediu que o Parlamento Galego aprobase unha declaración institucional de condena do nazismo e en memoria das vítimas. En coherencia con outros actos de corte antisemita -como a persecución a un militante, Pedro Gómez-Valadés, porque fundara unha Asociación cultural de amizade con Israel-, o BNG conseguiu o imposíbel: aliñarse coa extrema dereita. Será que os extremos se tocan. E será que, no nome dunha pretendida solidariedade cos palestinos, hai partidos de esquerdas que desprezan o horror nazi, que non senten ningunha piedade polas vítimas xudías e que son os culpábeis da banalización actual do holocausto. Máis aló das simpatías de cada cal cos protagonistas dun sanguento conflito que dura décadas, os millóns de europeos asasinados son vítimas puras, e o seu desprezo é unha vergoña lacerante. En fin. Un motivo máis para crer que determinada esquerda chega a tal nivel de dogmatismo que acaba sendo cómplice dos sectores máis reaccionarios da historia. Díxoo un deputado do BNG: "Os nosos amigos son a república islámica de Irán, Libia e Venezuela". Todo queda dito.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-02-2008 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
A vergonza do BNG
O BNG IMPIDE QUE O PARLAMENTO CONDENE O NAZISMO E HONRE A MEMORIA DAS VITIMAS

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vírtimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras ?xudeo?, coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Vigo, 27 de Xaneiro de 2008
www.amizadeconisrael.org
Comentarios (2) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-01-2008 02:36
# Ligazón permanente a este artigo
"Fedor xudaico" Ferrín fala de Vicente Risco
Fedor xudaico
Xosé Luís Méndez Ferrín
Faro de Vigo
06.01.2008
Eiquí, no Fondo dos Espellos, non falamos de antisemitismo senón de antixudaísmo. Non só os xudeus son semitas de cultura e lingua; os árabes (e polo tanto os palestinos) tamén son semitas. Iso si, Galicia non parece ter producido no seu seo nunca verdadeiros movementos antixudeus. E menos a tradición cultural e política do noso nacionalismo, sempre aberta a toda a pluralidade cultural do xénero humano e ao internacionalismo.

Chámame, si, a atención o silencio que soe gardarse sobre a represión franquista contra as familias Zsbarski, Kupper e Dainoff, de Pontevedra, Vigo e Ourense, cuxos membros sofriron prisión, morte por fusilamento ou dispersión en 1936. Eles eran xudeus non relixiosos, de esquerda na maioría e orixinarios de Rusia que exercían coma dentistas na nosa Terra e nela seguiron a sorte do republicanismo masacrado. O mito dun Franco "protector de xudeus", fabricado interesadamente por asociacións xudías españolas privilexiadas, vénse abaixo ao examinarmos casos coma estes de que tratamos.

O franquismo era antixudeu e érao porque o nacional catolicismo constituía o espiñazo ideolóxico do Réxime. Vicente Risco foi o máis contumaz intelectual antixudeu de Galicia; pro foino despois de renunciar ao galeguismo e só a partir do intre no que el se fixo doutrinario e propagandista espontáneo do nacionalismo católico español. Os sentimentos antixudeus aparecen intensamente expostos na súa ampla obra en castelán posterior a 1936. Risco revela de forma monográfica este aspecto da súa ideoloxía no libro Historia de los judíos hasta la destrucción del Templo, publicado en 1944 ao mesmo tempo que tiñan lugar as gravísimas persecucións do nazi-feixismo contra as poboacións xudías de Europa; e en Historia de los judíos, de 1956, ano no cal o mundo civilizado coñecía xa os pormenores do horror. Ambas edicións, co nihil obstat da autoridade eclesiástica católica.

Vicente Risco daba por certo que os xudeus na Baixa Idade Media secuestraban nenos cristiáns (Ricardo de Pontoise, Dominguito del Val, ou "El Santo Niño de la Guardia") para lles inflixir nos tenros corpos os tormentos da paixón de Xesús e facelos morrer Venres Santo crucificados na sinagoga. Aseguraba Risco que os xudeus delátanse pola súa expresión inqueda e a miúdo receosa e dolorosa; pola marcha tímida, torpe ou sinuosa; pola xesticulación vulgar ou excesiva; pola escasa forza muscular e mais pola súa predisposición ás doenzas cutáneas e nervosas, á demencia e ao suicidio. O temperamento xudeu é, para Risco, bilioso e hepático, o que se reflectirá nun ollar profundo e triste. Os xudeus teñen, di Risco, grande tendencia á proliferación pilosa, especialmente en cabelo e barba. Inda máis, o xudeu, para o ourensán, é humilde, covarde, enganoso, cheo de dobrez, láiase decote, perde a dignidade nas desgrazas. Por suposto, e en termos nietzscheanos, a súa psicoloxía é a do "resentido". Vicente Risco, desde logo, concorda cos alemáns (cos seus alemáns) en que o individuo xudeu despide un fedor ou mau cheiro especial: o foetor iudaicus. Isto polo que se refere aos xudeus tradicionais.

Os xudeus laicos, ateos ou non relixiosos, son os piores e, coincidindo coa súa alma xémea Giovanni Papini, Risco pensa que estes están dedicados permanentemente a pór en dúbida a verdade, emporcar o puro, facer vacilar o sólido, insultar o que é respectado. Neste sentido, a lista de Papini/ Risco resulta impresionante: Heine, Marx, Lombroso, Bergson, Freud, Lassalle, Einstein, Berstein, Adler, Liebnecht, Rosa Luxenburg, Trotski, Ilia Eherenburg, Sinclair Lewis, León Blum... Como ven, á lista de Risco/Papini fáltanlle os grandes elementos "disolventes" sefardistas: Spinoza e Francisco Sánchez. O universo sephardita segue a ser inferior até para os antixudeos galegos.

Finalmente, Vicente Risco acreditaba, coma os hitlerianos, na superioridade dos pobos indoxermánicos (el di, bíblico, "razas xaféticas") chamados a dirixir a Humanidade, co cal este católico incorre no esquencemento ("freudiano", diriamos) do feito de que Deus precisamente ordenou que Cristto nacese xudeu e se manifestase perante o mundo coma circunciso.

Na realidade, barbaridades coma as recolectadas non eran orixinais de Vicente Risco nin de Giovanni Papini: formaban parte dun certo pensamento euroamericano de baixa categoría que os xuízos de Nurenberga mandaron para os faiados da Historia, aínda que sen facer desaparecer por completo.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-01-2008 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e aspirante por terceira vez: ´Gañar o Nobel, daría orgullo de falar galego aos que o odian´
ENTREVISTA CON XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN
FARO DE VIGO


Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) e Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) poderán subir ao Olimpo dos Nobel este ano. De momento, contentémonos coa súa candidatura. Aínda que as súas excelentísmas autoridades da academia sueca non os recoñezan, para nós, son artistas da palabra, os sabios da lingua. A colación da súa proposta para o Premio Nobel de Literatura, plantexada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, falamos con eles un intre para disfrutar da súa verba.
MAR MATO / VIGO - Os premios, ¿son un recoñecemento?-
En realidade, a min, os premios non me interesan demasiado. Con respecto a Galicia, hai que saber que os escritores de lingua galega teñen un teito moi baixo de premios que poden recibir. Os máis importantes non son dignamente retribuídos. Mentres os escritores en castelán teñen o seu Reina Sofía, Cervantes, Príncipe de Asturias... os galegos teñen un hourizonte reducido e pobre de galardóns. O premio Nobel de literatura é o galardón indiscutible. Pero ¿para quen vai dirixido? ¿quen ten acceso a el?
- As literaturas de linguas minoritarios parecen telo bastante difícil.-
Non teñen posibilidade, entendedo como tal literatura a que está escrita nunha lingua que fala pouca xente. Neste eido, o único que recibiu o Nobel foi Frédéric Mistral, poeta provenzal, no ano 1910. A maior parte dos premios Nobel de Literatura, concédenllos a escritores en inglés e francés. Salvo nas linguas escandinavas que, aínda que sexan faladas por pouca xente, teñen un privilexio. Ata hai un premio Nobel islandés.
- Desta terceira candidatura súa, ¿irá a vencida? -
Podes estar segura de que non.
- No caso de que vostede erre nos seus pronósticos, recibir un Nobel ¿abriría a mente a moita xente cara ao galego?-
Sería importantísimo porque transmitiría orgullo de falar unha lingua ou ter unha literatura importante a moitas persoas que teñen autoodio contra a súa lingua, que pensan que o galego é inferior.
- Hai uns días, Isaac Díaz Pardo auguraba que o galego desaparecería como lingua coloquial para quedar como lingua culta. ¿Coincide? -
Existe unha tendencia do galego á perda de falantes pero tamén existe a contraria, que é a recuperación. O futuro do galego está no taboleiro político, nas mans dos galegos. Non existe unha tendencia fatal. De todas maneiras, o hebreo era unha lingua tan morta que Cristo non a falaba senón que utilizaba o arameo. Pois ben, desde que se creou o estado de Israel, o hebreo fálase. Todo depende das políticas lingüísticas que se fagan. A lingua retrocede por un lado; e recupérase por outro.
- Estamos sempre a oír louvanzas á novela e á poesía galegas. ¿É real esta calidade ou ámbalas dúas están a vivir de rendas?-
En Galicia, estáse facendo unha literatura que foi recoñecida por Antonio Gamoneda, último Premio Cervantes, como a mellor poesía que se escrebe en España.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 31-12-2007 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua dos xudeus de Galicia
A lingua dos xudeus de Galicia
Xose Luís Méndez Ferrín


Os xudeus de Galicia falaban a lingua das cidades e vilas nas que moraban, ou sexa a galega. Os nomes persoais dos varóns eran bíblicos (Isaque, David, Abraham) pro eles tiñan a atención de nomear as súas mulleres de xeito galego e meliorativo: Clara, Rica, Ouro, Alegría. En canto aos nomes de familia e alcumes, parece que na súa maioría eran galegos (Méndez, Pereira, Espiñosa, Sánchez), Certo que Pérez é moi numeroso entre xudeus, tamén pode ter unha procedencia hebrea coincidente co patronímico galego. Podían levar os nosos xudeus apelidos hebreus ou de escura fasquía semítica (escura para min); así: Cohén, Benveniste (coma o lingüista) Mardochai (V. Risco dicía ser este o verdadeiro apelido de Marx), Calvasan. Chaman a atención, polo caracter hebreu deliberado, os nomes de Ioseph Ibn Hayyim e de Moisés Ibn Zabarah, iluminados e calígrafo, respectivamente, da Torah ou Biblia de Kennicott, ambos os dous artistas coruñeses, que fan ostentación da súa veciñanza galega.

Seguiron falando galego os xudeus dispersados e expulsos de fins de século XV? ?pregúntame Lucía Pereira Espinosa. Voulle responder cunha hipótese.

Logo do degredo de expulsión lanzado pola intolerancia dos ben chamados Reis Católicos en 1492, é fama que a maioría dos xudeus de Galicia pasaron a Portugal. Gozarían do beneficio dunha rede social de apoio nas xudarías daquel reino. Pro, poucos anos despois (1496-1497), o rei don Manoel ordenou a conversión obrigatoria ou, alternativamente, o exilio de todos os hebreus de Portugal.

Penso eu que os conversos e cristiáns novos que quedaron en Galicia fóronse confundindo co resto da poboación e non parece que existisen verdadeiros núcleos criptoxudaicos. Con todo, sabemos que un acusado de xudaísmo foi queimado en auto de fe que se celebrou na Praza Maior de Madrid a fins do século XVII e presidido por Carlos II. Esta víctima levaba o apelido moi galego de Carballo.

O continxente de xudeus galegos, portugueses e cataláns que se asentou no Mediterráneo Oriental foi absorbido lingüísticamente polo continxente maioritario dos xudeus que falaban o castelán. E conformouse de tal modo a lingua e a cultura sephardita: sobre a base dunha preponderancia castelá. Reproduciuse nesta Diáspora, pois, o fenómeno da hexemonía e dominación castelá na Península Ibérica sobre as linguas galega e catalá, e, aínda despois, da portuguesa.

Entendo que houbo unha porción de xudeus galegos e portugueses que arraízaron nos Países Baixos. Nese asentamento, a lingua dos xudeos galegos e portugueses reunificouse. Pasaríase, así, a unha sorte de novo galegoportugués, neste caso sephardita. Tal lingua foi usada polas familias de ascendencia galega e portuguesa nos Países Baixos até a Idade Contemporánea moi avanzada. Documentos en lingua sephardita galegoportuguesa consérvanse en arquivos de Amsterdam, teño entendido. O sephardita galegoportugués utilizouse como lingua oral e escrita nos Países Baixos deica a segunda metade do século XIX ou aínda máis adiante. Supoño que por eses tempos as nosas comunidades xudías dos Países Baixos se achegarían ao asquenazismo e adoptarían como lingua propia o neerlandés Non coñezo estudos nos que se elucide o elemento galego deste galegoportugués dos Países Baixos nin que falen do elemento galego presente no xudeocastelán sephartita.

E ben, tanto na Europa Occidental coma na Oriental e no N. de África, perdida a lingua galega ou non, os sepharditas de orixe galega mantiveron moitos dos seus apelidos até os nosos días, aínda que sexa nalgúns casos difícil diferenciar o que é galego de aquilo que é portugués. En Galicia estamos moi orgullosos da posíbel orixe galega de certos sepharditas. Por exemplo: Francisco Sánchez, teorizador extremo do escepticismo no século XVI; Baruch Spinosa (Espiñosa, supoño, na orixe), filósofo revolucionario e único do século XVII; Pierre Mendès-France, o político perfecto do radicalismo pequenoburgués.

Observación

Hoxe os cursidosos da historia dos xudeus en Galicia poden aproveitarse da lectura dunha obra moito documentada e compendiosa de Gloria de Antonio Rubio: Los judíos en Galicia (Fundación Barrié, A Coruña 2006). Gustaríanos precisar que os hebreus que aparecen mencionados en dous documentos do ano 1044 que se inclúen no Tombo de Celanova, sendo os primeiros de tal nación que figuran localizados en Galicia, non viviron, segundo a información que chegou a nós, en Celanova Vagamente aparecen localizados (nin sequera fixados) no val do Arnoia e nas proximidades das aldeas de Fechas e Soutomel, como dependente dun feudal e para nada do abade de Celanova. En 1044 Celanova non era un núcleo urbano, senón só un convento. En todo caso, a vila de Allariz atópase a uns 12 quilómetros do teatro dos acontementos nos que se mencionan estes primeiros xudeus advertidos na documentación galega. E Allariz si que tivo xudaría ben poboada e documentada anos máis tarde.
Publicado no Ruído dos Días
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 31-12-2007 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Foro Social Galego
Artigo de Miguel Anxo Fernán Vello
GALICIA HOXE
Foro Social Galego


O Foro Social Mundial, saberán vostedes, naceu como un espazo aberto de encontro para intensificar a reflexión, realizar un debate democrático de ideas, elaborar propostas, establecer un libre intercambio de experiencias e artellar accións eficaces por parte das entidades e os movementos da sociedade civil que se opoñan ao neoliberalismo e ao dominio do mundo polo capital ou por calquera caste de imperialismo, sen esquecermos a construción dunha sociedade planetaria orientada cara a unha relación fecunda entre os seres humanos e de estes coa Terra. E todo isto, dito así, figura na Carta de Principios establecida polo comité de entidades brasileiras que organizou en Porto Alegre no ano 2001 o primeiro encontro do FSM. Noam Chomsky soubo analizar no momento da súa fundación o que representaba o FSM e concluíu que este era un espazo útil para desenvolver alternativas construtivas en defensa da esmagante maioría da poboación mundial que sofre constantes agresións aos dereitos humanos fundamentais, e tamén unha excelente oportunidade para avanzar no sentido de debilitar as concentracións ilexítimas de poder e estender os dominios da xustiza e da liberdade. E diríao con absoluta claridade Ignacio Ramonet, fundador de ATTAC e un dos promotores do Foro Social Mundial creado no Brasil: o FSM de Porto Alegre foi concibido como a antítese do Foro Económico Mundial de Davos. O Norte e o Sur. Ou sexa: empresarios, banqueiros e gobernantes do "primeiro mundo" e, na outra beira, cidadáns e pobos do planeta. Por iso mesmo é moi oportuna a convocatoria que diversas organizacións cívicas e sociais galegas, participantes no proceso do FSM dende xaneiro de 2001, acaban de realizar ?todo un acto cívico de mobilización? de cara a expresarmos dende o noso país a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento alterglobalización. Será o 26 de xaneiro do 2008 en Santiago. Toda unha asemblea de movementos sociais galegos. Galiza activa co Foro Social Mundial. "Actuar localmente para mudar globalmente".
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-12-2007 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Artigo de Ferrín no Faro de Vigo
Israelitas
Por Xosé Luís Méndez Ferrín

Temos falado eiquí da orixe xudía, nunca probada, de certas familias de Vilanova dos Infantes, incluída a miña. No ronsel desta idea escríbeme Lucía Pereira Espinosa desde A Coruña para saber sobre a miña opinión sobre dúas cuestións. Primeira; qué é o que significa ser xudeu ou xudía. Segunda: se é que existen comunidades sepharditas de orixe galega que conservan a nosa lingua. Non me sinto capacitado para responder a estas difíciles preguntas, máis intentareino con atrevemento temerario.

Serán xudeus, hebreus, israelitas, aqueles que proveñan de comunidades predominantemente urbanas que se extenderon por Europa, N. de África e Orinte Próximo desde a Idade Antiga e que tiñan como signo identitario a relixión étnica e o relato nacional que se cifra no que nós chamamos Pentateuco e eles Torah e o hebreu coma lingua sagrada e de cultura. A respecto do hebreu, os xudeus, segundo o grande relato, dende os días do Cativerio de Babilonia deixaron de falalo para asumiren diversas linguas do mundo, ás veces adaptándoas ás súas peculiaridades culturáis. Se a lingua hebrea era a da relixión e do culto na sinagoga nos días de Xesús Xosé e María, poño por caso, eles non a falaban e si a aramea en cambio. Tamén non falaba hebreu Flavio Iosefo.

Na Idade Moderna, as comunidades xudías, do Mediterráneo Oriental principalmente, construíron unha identidade sobre a lingua castelá evoluída de modo particular chamada djudio ou ladino, que é coñecido tamén como xudeocastelán. Estas comunidades foron chamadas sepharditas porque procedían de Sepharad, ou sexa da Península Ibérica, de onde foron expulsados polas monarquías cruéis e católicas do absolutismo nacente en España e Portugal a fins do século XV. ?Hay una tierra al Oeste/ que nunca puedo olvidar./ Hay una tierra al Oeste:/ Es mi dulce Sepharad?. Un grande continxente de xudeus vivían nos ghettos ou xudarías de Centro e Leste de Europa e alí foron fraguando unha outra identidade que tiña coma lingua o Jüddisch ou yiddish, palabra que, como o djudío sephardita, significa ?xudeu?. Este Jüddisch é alemán transformado nas comunidades de que falamos e que son chamadas askenazís. Por outra parte, ao longo do tempor fóronse conformando outras culturas e sociedades xudías de lingua árabe, amhárica (en Etiopía) e máis das que só temos moi vaga referencia no Fondo dos Espellos.

Os universos sepharditas e askenazí son moi diferentes e semellan ter só en común a referencia á Torah e ao Talmude. O sionismo xurde da cultura askenazí a fins do século XIX e proponse co obxetivo heroico de resucitar o hebreu como lingua oral e viva e fundar en Palestina, mediante unha sorte de Reconquista, un Estado Xudeu que necesariamente tería que desprazar a poboación árabe autóctona. Tal obxetivo cumpriuse ao termo da II Guerra Mundial e eu observo moi poucas personalidades sepharditas na nomenclatura política do Estado de Israel.

Pro, cando nos preguntemos por quén é realmente xudeu, os problemas son moitos e penso que irresolubeis. Serán verdadeiros xudeus os sionistas laicistas para os que a relixión é só unha compoñente histórica e nacional? Eles din que si. Pro, podesmo considerar xudeus os sepharditas Francisco Sánchez, filósofo escéptico extremo do século XVI, ou Baruch Spinoza, xenio do século XVIII que teorizou o panteísmo? Diríamos que era xudeu o descrido e falsamente converso Fernando Rojas, autor de La Celestina, ou o heterodoxo para os católicos Frei Luis de León? Poderíamos chamar xudeus a Karl Marx, Albert Einstein, Sigmund Freud, Leon Trotski ou mesmo Woody Allen ou Bon Dylan por moito que proviñesen de familias de boa torgueira askenazí? Marx pensaba que non, e aborrecía o modo de vida xudaico en canto que o anti-xudeu Vicente Risco, e outros que forman estúpida lexión, pensabal e pensan que xentes coma estas conspiraban e conspiran no nome da mentira dos ?Protocolos de Sión? para minar, disolver e destruír a civilización cristiá e demáis fantasías. E o que aínda é máis difícil de precisar: era xudeu Saulo, ou Paulos de Tarso, que arrincou a idea étnica do Deus privativo de Israel da sinagoga e chamos a todos os xentís, con éxito, a asumila ao tempor que fundaba o cristianismo?

Lectura recomentada: Reflexións sobre a cuestión xudía de J.P. Sartre. En próximas entregas seguirán pasando israelitas polo Fondo dos Espellos . Especialmente falaremos da nosa lingua no mundo da diáspora
sephardita.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-12-2007 04:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0