OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De Silleda ao Palace baixo a sombra do vento
Luis Ventoso

O domingo, o vicepresidente invitou a comer en Silleda a 5.000 mulleres, nun remake dos festíns preelectorais de Fraga, custeado, coma entón, polas arcas públicas da Xunta en beneficio da imaxe dun candidato. O luns viaxou a Madrid e houbo máis chiscadelas populistas. Nunha intervención no Palace, o segundo hotel máis luxoso da capital, o vicepresidente pediu que se recupere o «control público» da AP-9 (é dicir, que se estatalice) e que se intente tamén algo similar con Fenosa. O que non aclarou é como se pode facer algo así no noso modelo xurídico, un tanto distante aínda do de Evo Morales .
Tampouco explicou algo máis sinxelo: se resulta saudable que os bens de Galicia sexan de titularidade pública, que sen dúbida pode ser, ¿por que el opta xusto polo contrario e entrega a mans privadas, e con criterios moi discutibles, os molinillos do maior concurso eólico en marcha en Europa? Navarra se autoadxudicou os seus muíños e cando os revendeu ingresou 700 millóns de euros para as arcas de todos. Canarias conserva o 26% da propiedade dos seus parques e os vascos reserváronse no seu día o 22%. En Galicia a vía non foi esa e ata pode darse a circunstancia de que empresarios ao bordo do concurso de acredores sexan agraciados coa lotería do vento. Se tanto queremos ao país, ¿non era mellor facelo dono dos seus recursos eólicos? Estraño concurso. Ate os computadores de Industria cascan (ou iso din) no momento en que toca ensinarlle ao socio do bipartito a relación de agraciados co outro gordo deste Nadal.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-12-2008 05:18
# Ligazón permanente a este artigo
Suso de Toro e o hebreo.
Alexandre Xavier Casanova Domingo
Os choques entre o Rodolfo Extáiner (Rudolf Steiner), o Suso de Toro, o Antonio Muñoz Molina e outros lévanme hoxe a filosofar sobre a feble capa de civilización que encobre a barbarie social, coma dixo, naturalmente, un xudeu, o xudeu Froid (Freud). Comeza o asunto cunha pequena parvada do Extáiner sobre a ausencia de valía na literatura en galego. O Suso de Toro desminte con dados tal pretendida ausencia de valía, mais á súa vez comete outra parvada cando afirma que a literatura en hebreo non ten tradición literaria de moito valor. Entón intervén o Antonio Muñoz Molina pra refutalo e o Suso de Toro, en vez de recoñecelo seu erro, sae con que os tecstos bíblicos non son literatura en sentido estrito, sen dar ningunha versión aprocsimada do que sexa "literatura en sentido estrito". Finalmente, un especialista en linguas semíticas, o Francisco del Río Sánchez, acláralle ó Suso de Toro que o árabe e o hebreo teñen unha gran tradición literaria, sexa relixiosa ou profana.Podemos estar seguros de que o Suso de Toro recoñecerá o seu erro, coma moito, tarde, mal e nunca; coma pasou co Rodolfo Extáiner, que de mala gaña recoñeceu a súa parvada perpetrada ante o silencio cómplice do seu entrevistador, o Ghuan (Juan) Cruz. ¿Por que uns homes ós que, en principio, se lles supón boa formación cultural, meten continuamente babecadas deste teor e, o que é pior, intentan defendelas? Basicamente porque o que natura non dá, Salamanca non o presta. É dicir, porque a acumulación de coñecementos académicos, de valía científica ou técnica nunha actividade cultural coma a escritura de novelas ou a creación de teorías astronómicas, por exemplo, non proporciona en por si unha mellora da calidade da ánima, asunto fundamentalmente ético i espiritual con bases hereditarias e que só polo esgrevio esforzo interior (en hebreo: ghalaghá) pode levar ó home a ser mellor do que é.Se temos en conta isto, deberemos refugar arroutadamente o modelo vixente de "consagrados" fronte a "neófitos", polo cal os neófitos son sumetidos a todo tipo de vexacións íntimas, intelectuais i económicas (con frecuencia durante toda a súa vida) mentras que, se por unha improbable combinación de talento, fortuna e sobre todo recomendacións ou enchufes, chegan a seren "consagrados", pasan a teren total impunidade pra ser mediocres ou directamente estúpidos. A primeira medida sería evitala cooptación, pola cal os xa consagrados elixen a uns supostos novos consagrados. Pra iso, debe ser fundamentalmente o pobo o que elixa e valore, ó cal cómpre engadir que todo individuo que tente ser escelente debe contar con que, frecuentemente, o pobo non quere que se lle lembren as súas pexas i eivas.Un exemplo típico é que os señores académicos e catedráticos de economía son en xeral incapaces de recoñecer unha verdade tan ben probada esperimentalmente coma que un crecemento económico continuo é desastroso e finalmente imposible, por razóns ecolóxicas. Dado que eses economistas oficiais son, de feito, intelectualmente adoradores do xato de ouro, non van aprobar nunhas oposicións de cátedra, poñamos por caso, a outro economista que demostre (cousa moi doada de facer) que o seu desenrolismo a eito ía desencamiñado. Mellor que o tribunal ecsaminador estea composto fundamentalmente por xente non consagrada, quero dicir sen soldo funcionarial académico garantido polos contribuíntes.Persoalmente, non adoro ó xato de ouro, prefero adorar ó ser que é il mesmo sempre (Iavé); máis esotéricamente dito, o Reino, Malcute. Pra rematar, por tanto, cómpre matizar que cando o Suso de Toro di que o intelectual xudeu europeo foi unha figura histórica e hoxe mítica (é dicir, que xa non ecsiste) erra de novo e resúltame estraño que esta nova denegación da valía intelectual xudía sexa silentemente aceptada, coma se tódolos intelectuais xudeus da actualidade residisen nos Estados Unidos, nunca na Europa.Á parte doutro feito evidente: o Israel é un país europeo. Periférico por lingua e situación xeográfica, si, mais tan europeo coma o Chipre ou a Estonia, e bastante máis europeo cá Turquía, por poñer unha comparanza significativa. Os intelectuais xudeus israelís foron, son e serán... intelectuais europeos. ¿Que senón? ¿Quen pode dicir con seriedade que o Israel é un país asiático ou africano? Culturalmente, é terra europea dende o Imperio Romano. E hai moitos anos que política, economica e socialmente tamén o é. A dúbida pode darse coa outra etnia que habita masivamente tamén ese territorio hai séculos, é dicir, cos palestinos, efeitivamente integrados en moitos casos en sociedades tan pouco europeas coma a iraquí ou a libia. Sen negalo forte influxo europeo na formación histórica do pobo palestino, a súa pegada islámica e afroasiática está aí a ollos de todos. Orabén, os xudeus do Israel pertencen á tradición histórica e ideolóxica europea, daí por exemplo o rechamante caso de selo Israel o único réxime político relativamente laico no Oriente Medio. Non é un país completamente laico, abofé; o que pasa é que os seus veciños non o son nin pouco nin moito, xa que non son países europeos, e o Israel si que é un país e un Estado europeo. A integración económica, social, militar, política, académica, relixiosa, etcétera, é europea aínda máis ca no caso británico coa súa tradición de mollar un pé no canal da Mancha e outro no mundo das súas colonias ou escolonias (a "Cómongüeld" ou Commonwealth, os Estados Unidos, etcétera). Redondamente dito: a presentación do Israel coma país estraeuropeo é, ó cabo, unha deformación antisemita dos feitos, coma se a influencia da nación xudía na formación da Europa fora periférica e residual ó estilo turco ou estadounidense. Dicir que a Islandia é europea (e o é, con matices) mais que o Israel non é europeo, faise negando con solercia a Historia... pra presentar ese territorio coma unha "anomalía" que debería ser "terra islámica coma toda a súa contorna", malia que nunca deixou de haber unha poboación xudía importante no territorio da Palestina histórica, inatricadamente, dende os tempos das doce tribos bíblicas deica hoxe. Ou coma se as estruturas nacionais i estatais do Israel moderno fosen un mero resultado da Xoá e o écsodo xudeu conseguinte ó territorio israelí, esquecendo que durante todo o século XX foron constituíndose a seguridade sanitaria, o sistema educativo e universitario, as redes de estradas, os corpos de seguridade policial e militar, os sindicatos, o tecido industrial e tecnolóxico, os quibuches (kibbutzim), as facendas agrícolas co acaído aproveitamento rural e urbano da escasa auga estraíble, ... esquecendo, en suma, que a proclamación formal do Estado xudeu no ano 1948 foi posible pola teimuda formación preliminar dunha estrutura previa política, social i estatal por parte dunha nación europea que sempre estivo aí.

Alexandre Xavier Casanova Domingo
trigrupo@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-10-2008 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Portugués de Galiza

Portugués de Galiza
Xosé Carlos Caneiro
La Voz de Galicia
7 de outubro de 2008

Resulta grotesco e escandaloso. Primeiro, porque pretenden a desaparición do galego como lingua. Segundo, porque a iniciativa foi apadriñada pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia, Secretaría Xeral de Relacións Institucionais. O dano que se lle está a facer ao idioma é inmenso.
Veño sostendo dende hai anos, contra tirios e troianos, que a aparencia de non posuír unha unidade de criterio con respecto ao galego paréceme pérfida. Pensei que coa revisión recente da normativa todo quedaba amañado, sen problemas. Equivoqueime.
Agora créase unha nova academia galega (Academia Galega da Lingua Portuguesa) que pretende, asevera o seu presidente, que en Galicia falemos portugués. «Portugués de Galiza», afirma. O argumento sólido é que se os galegos falamos portugués seremos comprendidos por máis de douscentos millóns de persoas. Se sostemos o argumento «contrario», inspirándonos en idénticos parámetros racionais, resultaremos lapidados ideoloxicamente dende o correcionismo nacionalista: falando o outro idioma oficial de Galicia, o español, seremos entendidos por cincocentos millóns de habitantes do globo.
Pero non hai ningunha diferenza porque a conclusión sería a mesma: desaparecería o galego. Deixaríamos de ser «colonia lingüística» de Madrid para pasar a ser «colonia lingüística» de Lisboa. Que esta iniciativa reciba os parabéns da Xunta de Galicia é lamentable, por non escribir funesto, e un pregúntase pola responsabilidade institucional das persoas que nos gobernan.
O idioma propio de Galicia é o galego, non o portugués, a pesar das moitas disquisicións que poidamos elucubrar sobre a súa orixe. ¿Imaxinan vostedes que proclamarían os intelectuais portugueses se un gramático argüíse que a lingua autóctona de Portugal debería ser o «galego de Portugal»? Ninguén apadriñaría tal empresa. As autoridades desacreditarían aos autores da tese.
Aquí sucede o contrario. Outorgámoslles un «abrazo fraternal» en nome do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Delirante, sen máis.
Eu négome a que no meu país se fale o «portugués de Galiza», porque o idioma noso é o galego. Négome porque amar este país é respectar as súas institucións, entre elas a Real Academia Galega e a súa normativa idiomática (que denominamos «normativa da concordia»). Por iso escribo grazas , por respecto a quen normativiza, define e defende o meu idioma. E por respecto ao idioma, tamén, escribo esta columna. O idioma de Nós: o galego.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-10-2008 05:56
# Ligazón permanente a este artigo
Beiras non acudirá ao congreso do BNG

Xosé Manuel Beiras Torrado non acudirá ao congreso do BNG. O presidente do denominado Encontro Irmandiño asegurou que a cita asemblear coincide coas festas de San Froilán de Lugo. O congreso vaise celebrar o vindeiro día 5 de outubro en Compostela. O que fora voceiro da organización frontista tirou de ironia cando dixo que o congreso coincidía coas devanditas festas, a onde ?haberá que ir?. As súas palabras semellan confirmar as informacións que apuntan a que o Encontro Irmandiño vai secundar o posicionamento do Movemento pola Base, que xa anunciou que non acudirá o entender que non hai suficientes garantías democráticas. Os dous grupos posicionáronse fronte á dirección a prol dunha asemblea aberta e non un congreso por delegados.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 27-09-2008 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
"El niño con el pijama de rayas" xa nas nosas carteleiras
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 27-09-2008 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
BNG JUDEÓFOBOS, AELG CÚMPLICES
BNG JUDEÓFOBOS, AELG CÚMPLICES
SOPHIA L.FREIRE


No último número da publicação quinzenal ?A Peneira?, vinculada à organização chauvinista Bloque Nacionalista Galego, uma tal Marta Dacosta beija a mão que lhe dá de comer num exercício obsceno de ignorância e judeofóbia, mediante um libelo intitulado ?A temeridade dun filósofo?. Lá vem dizer, em ressumidas contas, que George Steiner não aprendeu a lição do Holocausto. O discurso subliminar é que não aprendeu nada porque se atreve a menospreçar aos seus comilitões, os judeófobos do Bloque. Compara sem nenhum tipo de rubor a repressão sofrida nos campos de concentração com o despreço face os que como ela vivem do conto (de escrever contos, entendede-me) em ?galego?.

Aproveitando uma entrevista malintencionada e pragada de perguntas-trampa (publicada pelo suplemento semanal do diário pro-palestiniano ?El País), na que um dos mais destacados mamporreiros do grupo empressarial proprietário do jornal, Juan Cruz, entrevista ao pensador George Steiner, a tal Dacosta despacha-se a gosto destilando um ódio apenas contido contra o pensador ?casualmente liberal e judeu.

Seica na devandita entrevista George Steiner afirmava: ?Me han dicho que hay una Universidad donde es obligatorio hablar gallego". E a partir daí ?sem que o manipulador que o entrevista matize em nenhum momento a discutível informação com a que conta o Sr. Steiner- questiona a projecção internacional como língua e literatura do ?galego?.

Não lembro, desde a violação da conciência de todo um povo que supuxo a maquinária propagandística destinada a sentar na ?Xunta de Galicia? ao incapaz de Pérez Touriño (instrumentada pelo lobby NUNCA MÁIS ?do que nunca mais se soubo, por certo, uma vez bem colocados em poltronas os seus principais promotores-) um estoirido de ?indignação? tão unânime como o desatado pela espoleta das declarações do pensador judeu.

O BNG e os seus pseudópodos mediáticos ?hoje em dia na Galiza, quase todos- e culturais tinham-lha jurada aos ?porcos judeus? desde que um fato de heróis lhes sacaram as cores, quando se retrataram há uns meses negando-se a condear o Holocausto e purgando como bons fascistas a uma minoria disidente.

Os ?escritores galegos de talha internacional? da AELG, vinte anos atrás íam de rompedores e combativos contra o alcaide socialista da Corunha ?Pacochet? Vázquez. Hoje escrevem brochurinhas que provocam rubor louvando o bonita que tem a Corunha e a sua Torre de Hércules o sucesor daquele, o tamén socialista, profilhado do actual Embaixador español no Vaticano, Losada de Aspiazu. Que tem mudado? Agora os seus popes do BNG pisam alfombra no governo municipal em coaligação com o Partido Socialista Espanhol. Quando há uns meses o Bloque expulsou ao nosso amigo Pedro Gómez-Valadés, encarregado comarcal em Vigo da área de CULTURA, por ser leal a Israel e defender o povo judeu os da AELG não tiveram colhões a dizer nada.

Nestas semanas temos lido todo tipo de sandezes dos ?notáveis? pátrios da cultura, que se têm sentido ?com razão- nenguneados:

José R. Barreiro (Presidente da Real Academia Gallega): ?Steiner diz estupideces?.

Ramón Villares (Antigo Rector da Universidade de Compostela): ?Si hay un idioma inventado no es el gallego, sino el hebreo?.

Asociación de Escritores en Língua Galega: ?Descoñecemento temerario da nosa tradición literaria?.

Temerário é que o cónclave de ofendidos juntaletras dessa associação questionem a aptitude na matéria dum estudoso da talha universal qual é o pensador objecto do seu infame linchamento. Steiner conhece de sobra a ?tradición medieval em língua galego-portuguesa?, as cantigas, etc. Embora quiçá desconheça quem diablo é Marta Dacosta e o 95% dos lambões que engordam a AELG. Steiner seguro que não ignora a projecção da língua e literatura em língua portuguesa, como não a ignora ninguém que esteja simplesmente alfabetiçado. Coisa distinta é que o ?patois? imposto via decreto e institucionalizado como ?lingua? de novo cunho pelos órgaos políticos autonómicos, mescolança de castelhano e giros vulgares, mereça maior consideração de um sábio que leva toda a sua vida estudando com rigor as línguas.

O que se passa é que o dito por Steiner não ía dirigido às Cantigas medievais, nem aos trovadores, Pessoa ou Pondal, senão às 20.000 celebridades actuais. A literatura que se fai actualmente em ?galego? chega até onde chega, pese a estar absolutamente subvencionada economicamente e o apoio dos estamentos oficiais ?que adquerem a maior parte das tiradas, e obrigam aos rapazes a comprá-los depois nos programas escolares-, sustentando assim ficticiamente edições que, de dependerem do livre mercado, não haveria mecenazgo que as suportasse. Mas quando as coisas se financiam com os impostos de todos não há problema.

Ao ánti-semita Saramago, pensando em Bush, saira-lhe um retrato perfeito de Lénine: golpista, manipulador e mentiroso compulsivo. A estes da AELG, pensando no judeu Steiner, sai-lhes inconscentemente o seu autoretrato colectivo: ignorantes, temerários e xenófobos.

SOPHIA L. FREIRE

Este magnífico artigo de Spphia L.Freira foi publicado no tamén magnífico blog ULTIMOS DIAS DE BAR KOCHBA
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 19-09-2008 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
Kadish por Lola, Amparo e Xulia "As de Ribadavia"
Kadish por Lola, Amparo e Xulia ´As de Ribadavia´

Pedro Gómez-Valadés*
Faro de Vigo, 6 de Setembro de 2008


O vindeiro domingo e ao abeiro do Día Europeo da Cultura Xudía, celébrase na vila ourensá de Ribadavia un acto que a pesar da súa sinxeleza e inexplicable case anonimato, será sen dúbida un día moi especial para moitas galegas e galegos. O vindeiro domingo será o día de Lola, Amparo e Xulia, "As de Ribadavia". Tres pequenas grandes mulleres que nestes tempos confusos reconcíliannos con nós mesmos na nosa condición humana. Pequenas pola extrema sinxeleza e humildade coa que viviron e coa que foron auténticos anxos da garda de centos de seres humanos que fuxían da tolemia hitleriana. E grandes pola súa firme e valente militancia a prol da vida en tempos e lugares nos que a vida non era precisamente un ben intocable.
Lola, Amparo e Xulia, salvaron da gadaña nazi a centos de xudeus que fuxían á desesperada da Europa, da nosa Europa, arrasada pola barbarie e o asasinato planificado e industrial.
Na cultura xudea, na relixión mosaica, hai unhas oracións moi especiais, os Kadish, para recitar na lembranza e na homenaxe dos finados. Antón Patiño Regueiro no capítulo que no seu fermosísimo libro "Memoria de Ferro" dedica a Lola, Amparo e Xulia, compón de certo o mellor e maís fermoso Kadish que poideramos recitar na súa memoria. Con tristura non podo deixar de preguntarme que pensarían hoxe Lola, Amparo e Xulia da vergonzosa actitude do BNG ao negarse en xaneiro do ano que andamos, a subscricir no Parlamento de Galicia unha declaración institucional de Lembranza das Vítimas do Holocausto nazi. Que centos delas foran galegos republicanos non importou inexplicablemenmte ao BNG que preso da intolerancia propia do fundamentalismo de non sei que, vetou na casa común das galegas e galegos un texto de honra e lembranza. Un kadish que era tamén por Lola, Amparo e Xulia.
*Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-09-2008 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
Unha historia nosa e universal
Aparece publicado no Correo Galego esta nova que é se seguro descoñecida por case todo o mundo:

Las heroínas gallegas de los judíos
24.08.2008 Julio Touza evoca la generosidad de su abuela y de sus dos tías al ayudar a los judíos a huir de los nazis a Portugal durante la Segunda Guerra Mundial ·· La Red Sefardí rendirá un merecido homenaje a las hermanas Touza Domínguez el próximo 7 de septiembre
ROSA VEIGA/EFE ? OURENSE

Su "absoluta generosidad" es lo que evoca Julio Touza cuando recuerda a su abuela Lola y a sus tías Xulia y Amparo Touza Domínguez, las tres hermanas de Ribadavia que serán homenajeadas por la Red Sefardí de España por ayudar a judíos, a huir de los nazis a Portugal, durante la Segundo Guerra Mundial.

Touza vivió con las tres mujeres hasta el año 1967 y repasó, en entrevista con EFE, algunos recuerdos de su infancia y lo que ha investigado sobre la labor de sus familiares, como los escondites que utilizaban bajo el suelo de la cantina que regentaban para esconder a los judíos.

Con estudio de arquitectura en Madrid pero nacido en Ribadavia en 1951, Touza convivió con su abuela Lola y sus tías -abuelas Xulia y Amparo hasta que cumplió 16 años, por lo que sus recuerdos, detalla al respecto, se unen a los datos que ha recopilado entre sus conocidos.

La red de salvación de judíos hacia Portugal "debió funcionar entre los años 1943 y 1946, los años más duros de la Segunda Guerra Mundial, y en los que la Alemania nazi de Hitler decidió exterminar a los hebreos de Europa", manifestó.

Desde Portugal, la huida seguiría hacia América o a puertos de Marruecos y Argelia, aunque muchos hebreos quedaron allí.

Las tres hermanas eran propietarias de la cantina de la estación ferroviaria y del casino y, aunque nunca hablaron directamente a su nieto de "lo que hacía" al margen del negocio, él recuerda sus conversaciones, "siempre en gallego", y que entonces no entendía sobre la altruista actividad que realizaban.

Todo ello ocurrió mucho después, "tras el cierre del casino en los años 50", en el dormitorio donde vivían, una sala de cien metros cuadrados "en las que cada una de ellas tenía una cama en cada esquina y yo en la otra", y en la que habitualmente hacían, "en voz alta un repaso del día, contaban anécdotas y recordaban hechos pasados".

Una noche, cuando Julio tenía siete años, las hermanas iniciaron su conversación diaria en la que se refirieron a Patiño, y "después de decir que les vino a hablar de un grupo de judíos, se callaron y terminaron la conversación pero a mí me impactó y se me quedó grabada", agregó.

Antón Patiño Regueiro fue un librero y escritor natural de Monforte de Lemos, quien posteriormente reunió en el libro Memoria de ferro -publicado en 2005, poco antes de su muerte- relatos sobre la represión franquista contados por amigos y conocidos, entre los que están cuatro páginas dedicadas a las hermanas de Ribadavia y a otros tres miembros que formaban parte de su red clandestina

Touza vivió con las mujeres hasta que murió su abuela Lola en junio del año 1966, luego investigó por su cuenta y contactó en los años setenta con personas que conocieron a Patiño en Santiago, y que aportaron los datos "suficientes para descubrir la absoluta generosidad de mis tías abuelas", subrayó.

Dijo que en la Guerra Civil de España, las tres fueron apresadas varias veces por dar comida y bebida a los presos que ocupaban la cárcel situada en el actual Ayuntamiento de Ribadavia "enfrente justo de donde ellas vivían y tenían el casino", agregó.

Hasta el final. Enterradas cerca de los no católicos

Las mujeres viajaban con frecuencia en el tren desde Ribadavia hasta Filgueira -último municipio gallego antes de Portugal- para vender melindres que ofrecían en un cesto "como hice yo tantas veces con ellas", evocó.

El descendiente de las tres heroínas atribuyó a su "absoluta generosidad" el que ellas y sus hermanos fuesen enterrados en nichos que hacen medianera con el espacio destinado a los "no católicos" en el cementerio de Ribadavia.

Cree que lo decidieron así "para estar cerca de aquéllos a los que ayudaron", y en homenaje a su amigo Ricardo Pérez Parada, que era evangelista y tonelero, así como traductor de la red clandestina.

La red, según Patiño y datos recogidos por Touza, se completó con su pariente taxista Xosé Rocha Freijedo y con el también taxista Javier Míguez, el Calavera.

Los descendientes de todos ellos y el presidente de la Asamblea Universal Sefardí Isaac Siboni participarán el 7 de septiembre en el homenaje las tres mujeres.

EL DATO Agua a los presos

En la cantina daban agua a los presos y ayudaron a emigrantes que iban a Venezuela sin ningún medio "por lo que lo de los judíos fue una acción más que combinaban con su trabajo" dice Touza .
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-08-2008 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
O común

O común
Manuel Rivas

1. "Da luz nace a escuridade", anotou de forma enigmática Nicholas Hytner, director de cine das bruxas de Salem.
2. Goethe empeñouse en demostrar, sen querer considerar outras evidencias, que a teoría das cores de Newton era unha estafa. Segundo el, a suma de todos colores era o gris. E xamais recoñeceu o seu erro: "Este sentimento de superioridade permitiume soportar a estúpida arrogancia dos meus adversarios".
3. En 1932, un grupo de intelectuais brasileiros presentou un manifesto clamando polo "Principio de Autoridade".
4. Na posguerra, un profesor de dereito de Santiago comezaba as súas clases con este saúdo: "Damas, cabaleiros e alféreces provisionais...".
5. Entre os asinantes do Manifesto pola lingua común hai alféreces que propuxeron, en xocoso ton intimidatorio, publicar as listas de "non asinantes".
6. Non abre a boca a literatura: a que pregunta. 7. Nada se di das "outras" linguas, da súa "sorte", situándoas na sospeita difuminada, falas espectrales sen hábeas corpus.
8. é un texto apodíctico, con pasta de decreto, que axitará como providencial trofeo a gran dama do "novo lerrouxismo".
9. Fervorosos "constitucionalistas" propoñen no substancial darlle unha dentada á Constitución, a pesar de que di da lingua castelá: "Todos os españois teñen o deber de coñecela".
10. Cal é o concepto do común? Forman parte as "outras" linguas do patrimonio común?
11. Este Manifesto, esta torpe campaña, provocará o erizamiento de todos os nacionalismos.
12. Co seu manifesto Anti-Dantas, o futurista Negreiros fixo soado a Dantas.
13. Non coñezo a ningún cidadán que renuncie ao castelán. Si a algúns que humillan proclamando a inutilidade das "outras" linguas.
14. Abrazo o castelán no exilio, nos sefarditas, no Sahara, en Porto Rico.
15. España necesita manifestos de convivencia e lexemas de simpatía: cultivar a biodiversidade e non a bioperversidade.Postado por administrador
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-07-2008 05:36
# Ligazón permanente a este artigo
Fraguismo sin Fraga
Anxel Vence escribe sobre o bipartito no Faro de Vigo.

Decía esos días de ahí atrás un alto cargo de la Xunta que ya nadie echa de menos al anterior gobierno de Fraga y razón no ha de faltarle: siquiera sea por la generalizada impresión de que en realidad no se ha ido. Aunque ahora ande enredando por Madrid. Tres años después de que fuese derrocado en las urnas, los sucesores del ex monarca Don Manuel siguen practicando el fraguismo por la misma extraña razón que lleva a todos los gobernantes franceses a reclamarse herederos del general De Gaulle. Al igual que ocurre con los gaullistas, el nuevo Gobierno gallego de progreso ha adoptado como propias las grandes líneas de actuación que estableció Don Manuel I durante el largo período de su dinastía en Galicia. Tanto da que se trate de la política de emigración, la de obras públicas o la de bailes para ancianos, los copresidentes Touriño y Quintana no hacen sino continuar la tarea emprendida por el monarca refundador de este reino. A tal punto llega esa fascinación por el anterior presidente que, en algunos casos, el nuevo gobierno se muestra más fraguista que el propio Fraga. Obsérvese, si no, lo ocurrido con el monumental proyecto de la Cidade da Cultura que Don Manuel concibió como una especie de pirámide de Tutanfragón destinada a dejar imperecedera huella de su paso por Galicia.
Tras unos titubeos iniciales que los llevaron incluso a paralizar las obras, los recién llegados gobernantes no sólo las reanudaron sino que, a mayores, acaba-rían por conferirle a la mentada Cidade el más alto rango de proyecto de Estado y "puente entre España y Latinoamérica". Ciertamente, Don Manuel acostumbraba a comparar su legado con el del arzobispo Gelmírez, pero ni siquiera en los momentos más efusivos llegó a darle tamaño alcance intercontinental a su tarea. Parecido empeño han puesto los dos socios del actual gobierno en continuar y hasta agrandar la política de creación de empresas paralelas -también llamadas "chiringuitos"- que tan ásperamente reprochaban a Fraga mientras estuvieron en la oposición. Los consorcios, sociedades y fundaciones han seguido creciendo como hongos tras la llegada al poder del nuevo régimen progresista; o eso dicen al menos los sindicatos, nada sospechosos de connivencia con la oposición conservadora y mucho menos de sufrir añoranzas del fraguismo. También la estrategia de pesca de votos entre los emigrantes inaugurada por Don Manuel parece ser fuente de inspiración para sus sucesores, a juzgar por los copiosos viajes transoceánicos de Touriño y Quintana o los banquetes en los que la empanada ha sido sustituida -eso sí- por las invitaciones a mojitos cubanos.Abundando en las fragancias del fraguismo, el nuevo gobierno no sólo conservó sino que ha multiplicado por ocho la tradición de los bailes para jubilados que en su día instaurara Don Manuel. Lógicamente, los animadores y las orquestas son más o menos los mismos de entonces, si bien es cierto que ha cambiado el padrino de la fiesta: papel que ahora desempeña el vicepresidente Anxo Quintana a quien hay que suponer mayor destreza como danzarín que al veterano y algo bamboleante Fraga. Algún cambio de rumbo sí se intentó, para decirlo todo, en la política de incendios forestales; pero los resultados fueron lo bastante descorazonadores como para que el nuevo gobierno volviese a aplicar la antigua estrategia de guerra preventiva contra el fuego ideada por Don Manuel. Por lo demás, sólo uno de aquellos sabios de Bizancio expertos en discernir el sexo de los ángeles podría encontrar alguna diferencia sustancial entre los gobiernos de la dinastía manuelina y el de ahora mismo. Quizá ocurra que los gallegos estemos contagiados de gaullismo francés o que, simplemente, este pueblo de naturaleza conservadora acabe por imprimir su carácter a quienes lo gobiernan: ya sean de babor, ya de estribor. Se conoce que nos gustan los chistes viejos con caras nuevas
.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-06-2008 05:55
# Ligazón permanente a este artigo
Israel e a resolución 181
Por Pedro Gómez-Valadés. Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel AGAI

Cúmprese este ano o 60 aniversario da creación do Estado de Israel. 60 anos nos que a sociedade israelí foi quen de construir, nun deserto inhóspito e hostil, un estado moderno, cunha economía dinámica, unha democracia avanzada e unha sociedade civil culta e dunha enorme vitalidade, nun escenario -o gran oriente medio- no que a liberdade é a excepción. E foi quen de facelo no medio dun conflito dramático no que a súa propia existencia física, a negación do seu dereito a existir, é a bandeira dos seus moitos inimigos declarados. E malia os anos transcorridos, cómpre lembrar que o Estado de Israel nace tres anos após o descubrimento dos horrores de Auschwitz, Treblinka, Mauthausen... e nace por mandato de Nacións Unidas -resolución 181- que contemplaba tamén a creación dun Estado árabe.

Cómpre lembrar tamén, que foi a negativa radical dos estados árabes a respectar a resolución ?declarando unha guerra total de exterminio ao novo estado ás poucas horas de nacer- o que derivou na non existencia desde 1948 dun estado palestino. Esa é a súa (i)responsabilidade histórica. Este feito obxectivo é, por activa ou por pasiva, en moitas ocasións esquecido, tendéndose a culpabilizar en exclusiva a Israel da non resolución do conflito, sen abordar quen foi o flagrante violador da Resolución 181.

Israel cumpre 60 anos. E un pobo que sobreviviu a séculos de progroms, persecucións, discriminacións, exterminio industrial masivo... e que por fin acada un anaco minúsculo de terra -?ainda que sexa do tamaño dun mantel? dixera Ben Gurión- da súa terra histórica, para vivir por fin en paz sen ser perseguido e exterminado, debe ser motivo de recoñecemento. Hai datas na historia da humanidade que enchen de orgullo a toda persoa de ben, e unha delas é sen dúbida aquel 14 de maio de 1948 en que, centos de anos despois, o pobo de Israel acadou o que en xustiza merecía. O retorno ao seu fogar nacional.

Hoxe, 60 anos despois, constantemente acosado e atacado, non é honesto esixirlle un expediente impoluto e sen mancha. Porque ninguén que pasara o que o pobo xudeu pasou só no último século, tería unha actitude defensiva diferente, e descontextualizala dun día a día prebélico cando non directamente bélico, é unha fraude de mala fe. Oxalá as conversas iniciadas en Annápolis dean froito e Israel e Palestina poidan convivir definitivamente en paz. Pero a paz constrúese sobre a realidade. E a paz en Medio Oriente virá da man do recoñecemento real do dereito de Israel a existir e vivir con seguridade, e da renuncia total e absoluta ao terrorismo por todas as partes palestinas. Dicía Golda Meier que podía entender que os árabes quixeran botalos ao mar. Pero que o que os árabes non podían pretender é que os xudeus colaboraran na tarefa.
LA VOZ DE GALICIA - 18.05.08
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 19-05-2008 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
El ?caso Valadés? y los demagogos involuntarios
El ?caso Valadés? y los demagogos involuntarios
Miguel Boó
XORANL.COM


Leo en Xornal.com un artículo titulado ?Las trampas en el caso Valadés? en el que advierto afirmaciones, comparaciones y juicios de valor con los que no puedo estar de acuerdo. De entrada, que su autor sostenga que la afinidad de la Asociación Galega de Amizade con Israel es, en realidad, una amistad con el Gobierno de Israel revela desconocimiento o mala fe, pues el señor Valadés difícilmente puede evitar ?sin ser grosero- que la Embajada de aquel país se muestre interesada en su caso.

Por cierto que la legación diplomática israelí se limitó a enviar una carta intachable al vicepresidente de la Xunta, una misiva absolutamente conciliadora y dialogante, contra la que el señor Quintana reaccionó de forma desproporcionada por entender, erróneamente, que se habían injerido en asuntos internos de su partido.

Más bien es el BNG el que, por supuesto en el ejercicio de su derecho, ataca al Gobierno de Israel cuando y cuanto le place. Otra cosa bien distinta aconteció cuando el BNG se negó a aprobar la condena del Holocausto si no se vinculaba ?en un acto de banalización imperdonable y, a mi juicio, claramente judeófobo- el mayor genocidio industrial y planificado del siglo XX, con la situación actual de Palestina, donde el número de bajas más importantes de su población ha sido, con mucha diferencia, el perpetrado a manos de árabes, especialmente jordanos, y no de los israelíes. A pesar de ello, el BNG ?que el año anterior sí se había adherido a la Declaración Institucional en Memoria de la Shoah- se empeña en considerar que la muerte (lamentable y condenable, por supuesto) de aproximadamente 4.500 palestinos, es un genocidio como el Holocausto de 6 millones de judíos, aunque nada tiene que decir de los más de 15.000 palestinos asesinados por sus hermanos.

El columnista sigue aseverando que existe un pacto económico y militar entre Estados Unidos e Israel, como si esto fuera ilícito y como si Egipto, Jordania, Marruecos, etcétera no hubieran suscrito con el ?Gran Satán? y el pérfido Bush acuerdos similares, si no superiores, en términos tanto macroeconómicos como militares. En cuanto al gran descubrimiento de que ni todos los judíos ni todos los israelíes están de acuerdo con el sionismo, expuesto el argumento como una tara, como un pecado de este movimiento nacionalista, eso es como deducir que como no todos los gallegos son nacionalistas, o soberanistas, o independentistas, esas ideas ya están en entredicho, como las del malvado sionismo al que algunos han convertido en el único nacionalismo que no tiene derecho a conquistar sus metas y sus legítimas aspiraciones.

El artículo de Manuel de Castro, que quiere ser equidistante pero no lo consigue y que cae ?doy por hecho que sin quererlo- en argumentos demagógicos y objetivamente inconsistentes, habla de Israel como un país con normas ?mucho más democráticas que su entorno? lo cual, más que un reconocimiento es una acusación. En efecto, ser más democrático que un entorno de tiranías, satrapías y regímenes teocráticos donde la mujer pinta menos que muchos animales, donde se ahorca a los homosexuales o se lapida a las presuntas adulteras, no es gran cosa. Sobre todo si decimos la verdad: Israel es una democracia ejemplar donde el millón largo de árabes con ciudadanía israelí (no los miles de los que habla el columnista, tal vez mal informado) son los únicos de todos los árabes del mundo que gozan de derechos democráticos, de partidos, de jueces, de medios de comunicación propios e incluso de diputados que utilizan la tribuna de la Knesset para proclamar la destrucción del estado de Israel.


Sobre Israel y Palestina

El Parlamento hebreo controla al Gobierno, los tribunales son independientes y nadie va a la cárcel sin un juicio justo, incluso quienes se niegan a participar en ?acciones de guerra inmorales incumpliendo mandatos expresos de la ONU?.

Y hablando de inmoralidad, ¿dónde hay una mayor que la de quienes usan a sus hijos como ?mártires? (¡!) o la de quienes se escudan en civiles para arrojar misiles contra poblados israelíes sin importarles la vida de su gente? Cuando determinadas ONG denuncian cada año el uso de niños en las guerras, ¿cómo es que nunca salen a relucir los pobres niños palestinos?

En cuanto a las decisiones de la ONU, ¿por qué algunos se empeñan en acusar siempre a Israel de incumplir acuerdos de Naciones Unidas, si el primero y más importante de todos los mandatos, el de la partición de Palestina hace 60 años, fue desoído por los países árabes que invadieron el recién creado estado de Israel con el objetivo público y publicado de ?arrojar los judíos al mar?? ¿Son culpables los israelíes por haberse defendido sin la ayuda de nadie y con la complicidad cobarde de la ONU y de los países occidentales, incluidos los EEUU, y de haber ganado aquella guerra de supervivencia y las que tuvieron que librar después?

El pobre pueblo palestino, con el que me siento profundamente solidario, es rehén de sus dirigentes, es cautivo de sus terroristas y es víctima de políticos corruptos, como el venerado Arafat, que han dilapidado ayudas europeas muy superiores a las que se destinaron al famoso Plan Marshall tras la segunda guerra mundial. Por cierto que en Israel juzgan y condenan a sus dirigentes cuando se demuestra que se han corrompido o se han llevado dinero a París o a Suiza.

Y, bueno, la situación actual que padece ese pobre pueblo, con ser lamentable no explica el fenómeno ?de los campos palestinos en los que se crían terroristas? como nos invita a pensar Manuel de Castro. Si así fuera, habría terroristas en decenas de países en mucho peor situación socio-económica que los palestinos. Además, ¿de qué campos habla? Campos son los de Darfur, campos son los que hacinan a miles de personas en tienda de campaña, sobre el barro, sin agua, ni luz ni nada. Y en Palestina hay coches, escuelas, luz, cibercafés, quirófanos, teléfonos móviles? Lo que no hay son los vergeles que les dejaron los israelíes y ellos destruyeron en Gaza?

Pero diremos más: ni siquiera es cierto que el fenómeno del terrorismo se deba a la ocupación. Setenta años antes de la ocupación, y 50, y 40 y 30 años antes, los árabes ya masacraban a los judíos en la Tierra de Israel, renombrada como Palestina por los romanos como hiciera Franco con Euskaherria llamándole Vascongadas. Y digo árabes y no palestinos porque este vocablo, referido a los árabes o sirios del sur que vivían en Israel no tiene más de 40 años. De hecho, en los periódicos de 1948 que he tenido el capricho de consultar no aparecen más que árabes contra israelíes. Es más, desde finales del XIX y durante todo el mandato británico los palestinos de aquellos lugares eran los judíos, que crearon el Banco de Palestina, la Orquesta de Palestina, la Compañía de Frutas de Palestina, etcétera.

Sin embargo, lo más grave del artículo de Manuel de Castro es que no entra en el hecho irrefutable de que nada hay en el corpus doctrinal del BNG que impida a Valadés ser nacionalista como es ?y de los mejores- al tiempo que pro-israelí, pro-saharaui o incluso pro-cubano. Tanto es así que en la primera representación de su expulsión, a través de un auto de fe inquisitorial, vergonzoso y humillante en el que no faltaron improperios, insultos y amenazas contra su persona, el sanedrín bloquero salió ante la opinión pública diciendo dos cosas: una que la línea oficial era ?discoincidente? con Valadés en el conflicto de Oriente Próximo, y dos, que, en palabras de su máximo líder Anxo Quintana a los medios de comunicación, no existía ningún expediente contra nadie y no se iba a expulsar a nadie.


Una canallada y un atropello

Y como el columnista no entra a fondo, pues se dedica a marear la perdiz con argumentos, a mi juicio pueriles, como comparar a Valadés con un seguidor del Depor empeñado en ir a Riazor con la camiseta del céltico Vlado Gudelj. Lo cierto es que, parodiando el desafortunado ejemplo, el señor Valadés es de los que saldría al campo con una camiseta de su equipo (el BNG), cantaría su himno y sería, además de jugador, abonado y accionista. El problema no está, pues, en que ?no sienta los colores?, como se dice en el argot futbolero. Siguiendo con el símil, la pega reside más bien en que los intolerantes que mandan en su partido, no le perdonan que, aún siendo del Dépor, en la disyuntiva entre Madrid y Barça, Valadés se alinee con los merengues. Y eso, se pongan como se pongan los upegallos custodios de las esencias patrias, es una boutade. Y, si analizamos las consecuencias de aplicar ese disparate al caso que nos ocupa, no podremos concluir sino que se ha cometido una canallada y un atropello.

Pedro Gómez Valadés, a quien tengo el honor de tratar, es desde hace 12 años un nacionalista convencido, galego-falante, supongo que independentista, etcétera. El señor Valadés no deja de cumplir ni una sola de las normas esenciales del partido al que pertenece. Y en ningún sitio se dice que un judío no pueda ser nacionalista gallego o un cambadés defender a Israel, a Irán o a Cuba.

El argumento del señor Castro de que es lógico que el PP podría fulminar a un militante que alabase el régimen cubano o el PSOE a uno de los suyos que piropee al partido conservador, nada tiene que ver con lo que nos ocupa, aunque estoy seguro de que el columnista cambiaría de opinión sobre lo disparatado del supuesto comportamiento de esos militantes del PP o del PSOE, si la casuística fuese otra. Por ejemplo, apuesto que ni a él ni a mi nos pareció disparatado en su día que los teólogos de la liberación dijeran, dentro de la Iglesia Católica, lo que dijeron contra el statu quo vaticano, o cuando nos pusimos del lado de los curas marxistas o abortistas? Entonces eso no era un disparate, claro.


Las visiones "discoincidentes"

Ser pro-israelí, pro-tibetano, pro chií, pro suní, pro kurdo o pro-Saddam, no afecta a las esencias del BNG ni de ningún partido, y sí a la libertad de expresión y de conciencia de quienes desde ese partido tienen visiones ?discoincidentes? en esas materias de índole más bien subalterno. Diré más, si un asunto de política internacional como el que nos ocupa fuera motivo real de expulsión, como la que se acaba de consumar miserable y autoritariamente contra Pedro Valadés, ¡qué no tendrán que perpetrar en lo sucesivo los guardianes de las esencias estalinistas del Bloque contra sus militantes de la CIG que hablan español, van a misa e incluso comen tortilla de huevos batidos con patatas! ¿Y como resolverán, sino con purgas, la desviación que sin duda encabezan todos los socialdemócratas que infestan el partido (o frente de partidos)? ¿Y que círculo concéntrico del infierno talibán les reservarán a los meros autonomistas que se atrevan a opinar contra el independentismo o la conquista del Bierzo?

Es más, ¿qué destino cruel les espera a los pocos que en la asamblea de Vigo, cuando se expulsó en primera instancia a Valadés, no aplaudieron y jalearon a rabiar ?con la connivencia de la diputada Olalla Fernández Davila- la intervención energúmena de Balbino Pérez Bellas, arquitecto jubilado, quien propuso como solución del conflicto de Oriente Próximo el que Irán arrojase una bomba atómica sobre Israel? (Excuso decir que a muchos de los que aplaudieron una iniciativa tan felizmente pacifista, los vi tiempo atrás en la magna manifestación contra la guerra celebrada en Vigo).

A Pedro Gómez Valadés lo expulsan los judeófobos del BNG, por judío (sin serlo). Lo expulsan porque a su juicio (y los demócratas como ellos no necesitan demostrarlo) Valadés está a sueldo del Mossad. Y de la Embajada. O porque, como también declaró a ?Novas da Galiza? el empresario palestino Ghaleb Jaber Ibrahim ?sin probarlo, porque sería imposible- hizo el servicio militar en Israel y es un judío converso. Eso sí, pronunció ambas cosas como acusándolo de cometer algún delito. Sólo diré que si existiese vergüenza y justicia en este mundo, alguien debería decirle a ese señor que Pedro Gómez Valadés, a quien ha faltado al respeto, tiene desde pequeño una minusvalía que le impediría formar parte de cualquier ejército del mundo. Pero el caso es mentir, que algo siempre queda.

A Pedro Gómez Valadés lo han expulsado ?por apoyar a un país imperialista?. Llaman imperialista a un estado del tamaño de Galicia sin la provincia de Lugo y la mitad de su territorio convertido en desierto. Un país que renunció a sus legítimas conquistas en guerras de defensa, y que devolvió su botín a Egipto y Jordania a cambio de paz? Si el BNG es un partido antiimperialista, ¿qué han dicho del expansionismo de la Unión Soviética, de China?? ¿Dónde estaban estos anti-imperialistas de pacotilla mientras la URSS de Stalin o la China de Mao masacraba a millones de rusos, o chinos, o tibetanos? Se lo diré yo: Estaban donde han estado siempre, en el epicentro de la ?ley del embudo?. Por lo demás, nunca dijeron nada favorable a esas víctimas ni condenatorio de esos verdugos. Pero, esto que no falte: llegaron a justificar, por ejemplo, la invasión de Checoeslovaquia y a colocar a Irán como modelo y paradigma a seguir.

Y dicho todo lo anterior soy de los que piensa que, en el peor de los casos, si alguien debería irse del BNG para no desprestigiar el nacionalismo moderno que dicen querer encarnar, esos deberían ser los intolerantes, los fanáticos, los dictadorzuelos y pequeños torquemadas que, siendo gentes de la base o de las alturas (que también los hay), no son capaces de respetar la libertad de expresión recogida en sus propios estatutos. En mi opinión, los fachas del Bloque deberían dedicarse a otra cosa: ir de cara ?basta ya de tratar de engañar a incautos con el disfraz de corderillos de pascua- y fundar un partido estalinista. (Y expulsar a los leninistas, maoístas, trostkistas y, tal vez, a los marxistas). Los demás, que sean valientes y que no se dejen amedrentar por quienes se comportan como hienas, y que reivindiquen su derecho a forjar un frente nacionalista democrático y moderno, y no autoritario y casposo.

Miguel Boó es escritor, periodista y secretario general de AGAI.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 11-05-2008 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Outras ideas, outro galeguismo
Outras ideas, outro galeguismo
SUSO DE TORO
EL PAÍS
09/05/2008


As ideas sobre cultura, sociedade, política que se expresan en galego viven até tal punto nun universo propio que mesmo contaminan a lingua, así o galego é visto pola sociedade como unha lingua con ideoloxía: o "galeguismo", o "esquerdismo" ou as dúas cousas xuntas. Ese feixe de ideas é internamente diverso, é un mundo rico, fértil, moderno en varios aspectos, porén, hai un rasgo que o domina: a autocompracencia autoxustificadora, o complexo de vítima que empece ser autocrítico. E de aquí deriva a incapacidade de actualizarse historicamente.

O galeguismo hoxe é un mundo autónomo e levitante, tecido coas complicidades, medoñento, refuxiado na ideoloxía para non afrontar o noso tempo, o mundo.

Historicamente a literatura foi tronco e nervo do galeguismo, agora está a ser un tóxico; para ser unha corrente cívica plena o galeguismo non pode encerrarse nunha visión literaria, nun cómodo limbo. Son a España e Galiza iguais que no ano 75? Iguais que antes da Unión Europea? Como cando había Banco de España e peseta, exército nacional de leva obrigatoria, alfándegas e gardas civís nas fronteiras estatais? É o mundo igual ao de antes da queda da URSS? Os discursos nacionais e as estratexias que procuran xustiza hoxe deben contestar con humildade a esas preguntas ou entrarán nun camiño sen saída; ou xa están. O nacionalismo galego debe aceptar que a queda da URSS e o modelo soviético, fracasaron do seu propio fracaso. E os cascallos que ficaron onde aquela utopía son pouco útiles á humanidade.

Existiu colonialismo, existen políticas imperialistas: Irak, Palestina, Tíbet, a man de Estados Unidos, Francia, China en África... Mais os dominadores xa non precisan do colonialismo clásico, as relacións de dominio e explotación funcionan dun modo máis complexo, orgánico e eficaz, pois formamos todos un único corpo mundial e os conflitos están xa todos dentro de nós. Aceptar a realidade obriga a falar claro da organización da economía, non se pode dicir unha cousa e facer a contraria se un quere ser tomado a serio pola sociedade. Hai unha esquerda na Galiza, e por extensión o nacionalismo galego, que aínda ten que pensar que facer coa idea da revolución. Recoñecer o mundo existente non obriga a ser de dereitas, o mundo está como está para ser transformado nun mundo máis xusto.

E, sobre todo, o nacionalismo galego debe abandonar de vez a visión grandilocuente que ten de si mesmo. Na II República o galeguismo político foi quen a liderar un proceso histórico, a loita pola autonomía; o nacionalismo debe recoñecer a evidencia de que non interviu de forma decisiva nos procesos políticos e socieoconómicos que modelaron a Galiza actual: democracia, autonomía, UE... A maior parte del estivo á marxe ou enfrentouse a eles, foron outras correntes políticas as que os conduciron, o nacionalismo foi testemuñal a través de figuras ou organizacións que non son centrais no BNG.

De aí esas ambivalencias coa autonomía e a construción da Europa. A sociedade galega deulle ao nacionalismo un capital humano valiosísimo, a xente máis rebelde, animosa, comprometida, sobre todo a xuventude. Con iso fixo políticas de resistencia, que paliaron ataques a intereses nosos concretos, políticas defensivas. Tendo tan grande riqueza humana, hai que concluír que faltou intelixencia política e visión histórica. Leva décadas a remolque da historia.

DURA LINGUA, DÚAS LINGUAS
E o pensamento sobre a lingua, que ten un papel tan importante no galeguismo, está completamente obsoleto, fóra de época e completamente á defensiva, encerrado en consignas. Hai que escoitar a realidade social (mesmo hai que considerar as obxeccións dos obxectores, alén do indudábel integrismo que conteñen, non hai máis remedio que consideralas). Analizamos a presenza do castelán entre nós como imposición imperialista e colonial, e foino historicamente, padecéronse políticas para facer desaparecer a Galiza como reino efectivo e para reducir planificadamente o galego de lingua do país a xerga de paisanos. Aínda non fixemos a necesaria experiencia terapéutica de botar fóra o que ten sido e mais é o ser galego falante, vivir connotado remarcadamente como galego, esas experiencias de humillación e de destrución da identidade personal. Necesitámolo, é terapéutico, sen que iso nos deteña na autoxustificación e o vitimismo.

Con todo, o castelán xa non precisa da imposición para trunfar, agora son os galegos e galegas os que o procuran, os que abandonan en canto poden as nosas palabras, mesmo o sotaque, para asimilarse como castelánfalantes. É por algo. Emular, copiar é un mecanismo de melloramento que ten a nosa especie. Hoxe a nosa xente copia os modelos sociais dominantes, o que ve na televisión, os modelos que trunfan na nosa sociedade aculturizada. E con iso temos que competir. Competir é ofrecer un producto mellor, algo máis atractivo e que ofreza viabilidade e progreso personal e social. Ou iso ou nada.

Sempre é complicada a coexistencia de dúas linguas na mesma sociedade, loitan. O galego é a lingua da Galiza, mais o castelán non é unha lingua calquera en ningún sentido. Hoxe é unha evidencia social abrumadora entre nós, abonda escoitar á xente: non é unha lingua estranxeira en absoluto, non sendo no plano da ideoloxía.

E para comprender sen autoenganos a relación que pode ter o galego co castelán, hai que aceptar que o español é unha lingua distinta ao euskaro, o finés, ou o polaco, que só se fala en Polonia por polacos, ou que o italiano, cun grande pasado literario e que foi en Europa lingua de cultura; distinto que o francés, falado en Francia e parte de África e cunha tradición cultural enorme... Tampouco o español é o de hai corenta anos, o da España encerrada de Franco, ignorante, atrasada, de costas a Europa. Aquela era unha lingua de trinta e tantos millóns de españois, unha lingua dun estado nación. Coa democracia, a entrada na Europa e o medre económico o Estado español gañou prestixio e espazo no mundo e gañou influencia en América. Isto reforzou o papel e a importancia do castelán. Non é unha lingua calquera: é a terceira lingua en falantes do mundo e cada vez máis estudada na Europa, onde come o terreo do francés e italiano como segunda lingua. Nada máis e nada menos.

É unha das grandes linguas do planeta en cifras, tamén potencia cultural. España como conxunto éo: Velázquez, Goya, Picasso... A literatura en castelán é dunha riqueza enorme: La Celestina, Don Quijote, San Juan de la Cruz, La vida es sueño, Quevedo, En las orillas del Sar, César Vallejo, Lorca, Valle... E esta España europea, desmarcada das políticas imperialistas, cun goberno paritario é vista con interese no mundo. O castelán é a lingua desa potencia. Para ben e para mal temos que tratar cunha lingua así, cun dobre carácter para nós: é un instrumento moi valioso ao noso dispor e tamén é unha máquina de colonizar culturalmente.

E para conseguir algo hai que parar e constatar que os galegofalantes somos unha minoría no noso propio país, iso é evidentísismo nas cidades. E as políticas que se pensen deberán ser para protexer a esa minoría. Asumámolo, o galego como lingua social, xa non digo nacional, está nunha situación histórica agónica. Afrontémolo.

DENTRO, FÓRA, CON, EN ESPAÑA
E afrontemos a nosa relación con España ou en España. As relacións puramente bilaterais son unha construcción metafísica irreal, pois son posibeis relacións federais, mesmo confederais, mais non unha relación entre entes separados: a Galiza existe en por si de certas maneiras e así podemos falar de Galiza e de España, mais a Galiza existe en España de moitos modos, bos e malos.

Debéramos deixar frases goras que están a anos luz da realidade social, das realidades humanas. Desde a Galiza, desde o galeguismo, ademais de pensarnos na Europa hai que pensar as relacións coa España e na España, na actual pertenza a un Estado. Logo de estudar os números e preguntarnos cal é a nosa posición: somos estranxeiros a esa realidade humana e política? Somos parte? Estamos aí malia non sermos de aí? Estes cidadáns e cidadás que vivimos aquí, con esta perspectiva e intereses, esta cultura, esta historia e esta lingua, temos dereito a esixir recoñecemento para nós, para as nosas identidades? E que poden agardar de nós os demais cidadáns do Estado? Lealtade a un pacto de convivencia? Cales serían as condicións? Máis aló das conveniencias, temos lazos de irmandade con eles?
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-05-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
O caso Dreyfus e o primo do Zumosol
O caso Dreyfus e o primo do Zumosol
Afonso Vázquez-Monxardín

Que o Alfred Dreyfus pasase de 1895 a 1899 no inmundo cárcere da Illa do Demo, na Guaiana francesa, famoso el pola novela ?Papillon?, é un incidente case nimio. Moitos homes hai que botan uns aniños na cadea inxustamente condenados e logo saen; unha gran putada para eles, pero ningún paso, nin adiante nin atrás, para a humanidade. O que lle deu sona ao caso Dreyfus foi a famosa carta de Zola ?Eu acuso?, coa que fixo renxer as conciencias dos intelectuais e políticos franceses e que os puxo diante do espello das súas miserias ao amplificar as protestas da familia Dreyfus ante a súa inxustísima condena baseada só no feito de ser ?distinto?: xudeu e alsaciano. O caso é vulgar: acusación falsa de espionaxe topa chibo expiatorio claro para o imaxinario colectivo dominante (nacionalista francés e antisemita). E despois, cando se demostra que el non é culpable de traizón, os militares non dan o brazo a torcer, mandan ao seu defensor a África e absolven ao malo, Esterházy, en medio das aclamacións conservadoras e monárquicas. O pobre Dreyfus ten que aceptar un indulto -como se fose culpable- ante a evidencia de que o único importante é seguir vivo. O caso do amigo Pedro Gomez-Valadés non ten case trascendencia. Porque as condicións que poña o BNG para ser militante do seu grupo non lle importan case a ninguén. O BNG non é o exército ou a República francesa; é algo pequeneiro, moi visible e cuxa evolución está, no aire. Nas autonómicas -as ?súas?- de 1997, 2001 e 2005 pasou de 18 a 17 e a 13. E é unha organización política estraña que parece subir costa abaixo. Non é partido, non é alianza electoral, non se define de dereitas nin de centro nin de esquerdas. Aspira, nin máis nin menos, que representar a Galicia toda coa estrela vermella. ¿Toda? Pois parece que non. Si a construtores, obreiros, labradores, industriais, funcionarios, gardas civís, gays, profesores, chapistas, estudantes, médicos, enfermos... pero non aos que deles sexan occidentalistas amigos de Israel, progresistas ou conservadores que defendan dous Estados naquelas terras e unha paz sen mísiles nin suicidas asasinos. O único importante deste nímio caso é pulsar ata que punto hai no seo do nacionalismo benegueiro un oco para poder recibir con normalidade informacións plurais do conflicto, pois froito dunhas inercias doutros tempos, o BNG tende a considerar fiables a Hamas, a Castro, a Chávez, a Ahmadineyad e en xeral a calquera cousa que soe antioccidental e antiamericana. Desde logo, eu non quero para amigos de Galicia eses supostos amigos do BNG. Nin aos que andan a expulsar esta voz, como dirixentes do meu país. Anxo Quintana ten a responsabilidade de impor sensatez e visualizar a posibilidade de reflexión interna que poida chegar a producir un cambio nas posturas internacionais paralelo ao producido desde o rupturismo radical do ?Estatuto nunca máis? e dos discursos do insensato Telesforo Monzón o 25 de xullo, á xestión ilusionada e reformista do marco autonómico. Ou, frivolizando, desde a chaqueta desfarrapada, o vestidiño indio e a pancarta do ?non?, á perruquería, maquillaxe e zapatos de a 400 euros.

(Por certo que Ahmadineyad ameazou a semana pasada aos que celebren o 60 aniversario de Israel: ?... deben saber que non só non lles reportará beneficio ningún senón que ademais os seus nomes quedaran rexistrados no colectivo dos criminais e asasinos do pobo palestiniano. Estas persoas terán que saber que nun futuro próximo estes criminais renderán contas, que cada un dos que os apoiaron tamén terán que responder porqué brindaron o seu apoio a este réximen ocupacionista... convirtíndose desta maneira en partícipes das masacres perpetradas contra a poboación oprimida de Gaza e Palestina?. Así que xa saben, a calar. Os do BNG, uns santiños que deben medrar e superar complexos, pero ¡aí co atolado primo de Zumosol!).
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-05-2008 03:02
# Ligazón permanente a este artigo
Un Dragón no corazón do BNG
César Pazos Carreiro*
Membro do Consello Local do BNG en Vigo
Artigo que foi publicado no Faro de Vigo
01.05.2008


Quero erguer hoxe a miña voz en defensa da Democracia. Quero erguer hoxe a miña voz, como moitas outras veces fixen en defensa de Galiza, para denunciar desta vez, a grave perda de democracia interna dentro do BNG. Democracia non é só votar. Democracia é o libre pensamento, participar, ter dereito a organizarse e como consecuencia delo poder votar. Sin represións por manifestar o que pensas.

Na Democracia non hai preguntas e respostas prohibidas, non hai temas demasiado sensibles ou delicados para ser explorados, non hai verdades sagradas. Pedro Valadés, eu e 50 militantes máis pensamos que, no tema de Oriente Medio, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo Israel ten dereito a existir e existir en Paz.

Vivimos en sombras dentro do BNG. Quero espantar esas sombras prendendo unha vela, para que todas e todos os cidadáns galegos poidamos presenciar como se expulsa a un patriota galego por exercer o dereito a pensar e opinar con iniciativa propia. Pedro Valadés é repudiado por algúns dirixentes do Bloque por pensar e decir, que nun conflicto internacional de Oriente Medio, o pobo de Israel ten razón ao reclamar o dereito a existir. Pedro Valadés é expulsado por crear unha Asociación Galega de Amizade con Israel. AGAI.

Como patriota galego, sinto que, Israel é un exemplo a seguir. O Sionismo, o nacionalismo Israelí, conquire ao saír de Auswichtz recuperar a súa patria, a súa fala, a súa historia, xuntar os seus fillos e o máis importante, conquire a Democracia. Israel é un pobo democrático.

Temos un monstruo dentro do BNG. Un Dragón no corazón dalgúns dirixentes con pingallas antisemitas. ¿Que é se non, os aplausos histéricos a favor do bombardeo nuclear do pobo de Israel, producidos dentro dunha organización pacifista como o BNG? ¿Que é se non, negarse a condenar o Holocausto no parlamento galego con malas excusas? O Holocausto condénase e punto. ¿Por que se advirte? ?cuidado co que se fala que sae nos medios? . Cuidado ¿de que? ¿De que razóns non se pode enterar os cidadáns galegos?.

Sinto vergonza. Levo militando no Bloque 31 anos, como consecuencia directa de ser galego eu son nacionalista. Son home de esquerdas. Pero costame respirar cando alguén aplaude un bombardeo nuclear, ou negase a condear o Holocausto, ou se expulsa a alguén por ser amigo dos xudeos.

Loitarei para ter un BNG democrático. Loitarei contra ese Dragón que algúns do BNG levan dentro do peito.

Shalom.
Comentarios (2) - Categoría: Galiza - Publicado o 01-05-2008 05:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0