OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Parlamento galego conmemora o Día Internacional do Holocausto
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-02-2011 03:21
# Ligazón permanente a este artigo
O dogma neoliberal domina a Unión Europea
Intentar reducir o déficit público predominantemente a partir dos recortes no gasto público é non só erróneo, senón profundamente inxusto, pois tales medidas de redución do gasto público, incluíndo o gasto público social, afecta predominantemente ás clases populares. As medidas máis eficaces e máis equitativas para reducir o déficit público do estado son o aumento dos impostos das rendas do capital e das rendas superiores...

O liderado da Unión Europea (o Consello Europeo, o Banco Central Europeo e a Comisión Europea) subliñou unha vez máis que se penalizará con multas substanciais aos países da Eurozona que non se adhiran estritamente ao Pacto de Estabilidade. Esta medida reflicte que tal establishment europeo está plenamente mergullada no ideoloxía neoliberal que está dificultando enormemente a saída da recesión. Non hai dúbida de que estas medidas de austeridade de gasto público empeorarán a crise cunha desaceleración do xa minúsculo crecemento europeo, con aumento moi notábel do elevadísimo desemprego.

Estas teses de austeridade baséanse nunha lectura profundamente equivocada das causas da crises do euro. Asumen que a crise do euro se debe ao excesivo malgasto de gasto público nos países que chaman PIGS (Portugal, Irlanda, Grecia e Spain) que, en inglés, quere dicir porcos. Asumen -e din- que se os estados destes países se comportasen e fosen tan disciplinados como os estados dos países do centro e do norte da Eurozona, hoxe non estariamos na situación en que nos atopamos.

O que é extraordinario é que este dogma se reproduza cando é doado de ver que esta versión dos feitos non se corresponde coa realidade. Cada un destes países PIGS ten o gasto público por habitante máis baixo da Eurozona. O problema nestes países non se debe ao seu inexistente ?excesivo gasto público? e ?exuberante estado do benestar?, pois tanto o seu gasto público per cápita como o seu gasto público social per cápita están moi por baixo da media da UE-15. O problema que estes países teñen non está no sector público, senón no sector privado.

En realidade, o maior endebedamento nestes países non é o público, senón o privado, e os seus problemas débense ao moi marcado endebedamento privado que se financiou con empréstitos da banca alemá e francesa. E é dubidoso que esta débeda poida pagarse. E aí está o quid da cuestión.

O que debe preguntarse é por que están estes países tan endebedados. A resposta é a dous niveis. Un é que a masa salarial como porcentaxe da renda nacional foi descendendo en todos estes países, co cal a poboación ten cada vez menos capacidade adquisitiva. A outra resposta céntrase nas enormes desigualdades que existen na Eurozona e, moi en particular, entre Alemaña e os PIGS. A enorme plusvalía de euros da banca alemá (resultado do seu modelo económico baseado, non na demanda doméstica, senón nas exportacións) baséase nos enormes déficits de euros nos países importadores e moi en especial, nos PIGS. Nun gráfico que mostre a evolución do balance de pagamentos (Current Accounts Balances) como porcentaxe do PIB, pode verse como o aumento de divisas a Alemaña está relacionada coa diminución nos PIGS. Noutras palabras, Alemaña exporta a estes países moito máis do que importa deles. Alemaña é a China de Europa.

A resposta clásica que se dá para explicar este feito é que Alemaña é moito máis competitiva que os PIGS, o cal é só parcialmente certo, pois non se explica como se consegue a súa maior competitividade. Alemaña paga aos seus traballadores moito menos do que lles corresponde pola súa produtividade. E aí está a raíz do problema. A demanda doméstica en Alemaña é demasiado baixa. Esta política é resultado, por certo, das políticas aprobadas polos gobernos do chanceler Schröder (que determinou o colapso e rotura do maior partido socialdemócrata existente na UE) e da chanceler Merkel. A solución a esta situación é, ou subir os salarios alemáns (como pediu o que foi Ministro de Economía de Schröder, Oskar Lafontaine), e con iso aumentar a demanda interna alemá e, polo tanto, incrementar as importacións e con iso estimular a economía europea, ou baixar aínda máis os salarios dos PIGS. E isto é o que Merkel e Compañía están impondo aos segundos, o cal empeorará aínda máis a situación, pois por unha banda aumentará o endebedamento privado das familias nos PIGS, e polo outro Alemaña continuará sen estimular o mercado doméstico (que estimularía o crecemento económico de Europa, incluíndo o Estado español).

A situación no Estado español

A débeda externa do Estado español é principalmente débeda do sector privado. E máis da metade desta débeda téñena a banca alemá e francesa. Para complicar aínda máis o panorama, esta débeda é a curto, non a longo prazo, o cal quere dicir que deberá financiarse de novo e axiiña. E aí está unha das raíces do problema. Un dos maiores mitos propagados polo Banco de España é que a banca española é moi solvente. En realidade, é das menos solventes en Europa. E a súa escasa solvencia está enraizada en que a maioría de diñeiro que presta é diñeiro estranxeiro que a banca española utilizou (co visto e prace do Banco de España) nas súas aventuras especulativas inmobiliarias. As últimas medidas do goberno español van encamiñadas a ?salvar? o supostamente san sistema financeiro mediante a achega de 20.000 millóns de euros, axuda que se está realizando sen esixir contrapartidas -como garantir o crédito- ás entidades financeiras. En realidade parte do problema das caixas de aforro é debido a que se comportaron máis e máis como os bancos, especulando en labores inmobiliarios.

Unha consecuencia de que a gran maioría da débeda española é privada, non pública, é que os recortes de gasto público que a Comisión Europea está pedindo para reducir o déficit, terán pouco impacto en resolver o problema da débeda española. É máis, tal redución é contraproducente, pois dificulta enormemente o crecemento e a recuperación económica. O mellor exemplo diso é Irlanda, cun PIB que está caendo en picado, resultado de seguir as receitas da Comisión Europea e do FMI, o cal quere dicir que o desequilibrio na balanza de pagos entre Irlanda e Alemaña se disparou, empeorando moito máis a situación. Por certo, a gran acumulación de euros en Alemaña determina que o valor do euro sexa moi alto, o cal prexudica a saída da crise aos PIGS, pois encarece artificialmente as súas exportacións, forzándoo a endebedarse aínda máis.

Podemos ver, pois, que o dogma neoliberal está destruíndo a Unión Europea. Tal entidade non poderá sosterse debido a que estas desigualdades son tan grandes que están imposibilitando o funcionamento da economía europea. Segundo un estudo publicado por Michael Dauderstaed, as desigualdades entre rexións existentes dentro da UE son mesmo maiores que as existentes en China e na India (Europe?s Hidden Inequalities). O dito da tradición socialdemócrata de ?tanto mercado como se poida e tanto estado como se necesite? derivouse tanto cara ao primeiro que todo o sistema pode vir abaixo.

Acreditar en que a redución dos déficits públicos é a solución, é mostrar o poder do dogma sobre o simple sentido común. Nin que dicir ten que a perpetuación e promoción do dogma se debe a que serve a uns intereses ben definidos -entre eles o do capital financeiro-. Agora ben, este dogma foise expandindo e foi aceptado por partidos representantes dos intereses das clases populares, tales como os partidos socialdemócratas que foron converténdose en partidos socio-liberais, pasando a ser parte do problema en lugar da solución.

Unha última observación.

Intentar reducir o déficit público predominantemente a partir dos recortes no gasto público é non só erróneo, senón profundamente inxusto, pois tales medidas de redución do gasto público, incluíndo o gasto público social, afecta predominantemente ás clases populares. As medidas máis eficaces e máis equitativas para reducir o déficit público do estado son o aumento dos impostos das rendas do capital (reducindo, entre outras medidas, a fraude fiscal) e das rendas superiores, e investindo na creación de emprego para diminuír o desemprego. O feito de que o goberno español non estea considerando estas medidas mostra o grao de abandono de calquera intento de saír da crise con medidas progresistas. E así vai o Estado español.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-02-2011 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Eduardo Martinez: un Schindler vigués salvador de xudeus.þ
Recentemente lin a nova na prensa de toda Galicia e incluso aquí en Cataluña, da solicitude por parte dunha asociación cultural viguesa, de que o Concello de Vigo, o seu goberno municipal, lle dedique unha rúa ao médico vigués Eduardo Martínez Alonso. Sen dúbida, poucas rúas de Vigo terán o honor e e prestixio de alguén que como no caso de Eduardo Martínez, fixo méritos sobrados para que na súa cidade, onde el naceu, se lle honre e recoñeza cunha rúa entre as centos que o rueiro de Vigo ten. Eduardo Martínez foi o responsable da creación dunha ampla rede de axuda e de fuxida, para milleiros de xudeus que escapaban malamente do terror nazi, do Holocausto. Miles de persoas, descendentes deses xudeus que pasaron por Vigo, Ribadavia, Redondela, Tui, Guillarei, débenlle a vida a este valente médico vigués. Eu non son vigués, pero si son galego. E como galego súmome desde a diáspora con entusiasmo a esta fermosa petición que fago extensiva a todos os concellos de Galicia. Di un refrán xudeu: quen salva unha vida, salva un mundo enteiro.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 23-01-2011 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
O médico galego que salvou miles de xudeus do nazismo
En 1986, mentres desmantelaba o piso familiar do madrileño barrio de Chamberí, a antropóloga social Patricia Martínez de Vicente atopou un pequeno caderno na portada do cal aparecía o ano 1942. Tratábase do diario, escrito en inglés, do seu pai, o médico vigués Eduardo Martínez Alonso, quen traballou para a Cruz Vermella ata a data da súa morte, en 1972. "Este caderno foi o remate de todo o que eu sospeitaba", declarou onte Martínez de Vicente, quen acaba de publicar A clave Embassy (A Esfera dos Libros), unha mestura de novela histórica e ensaio onde conta a historia da súa familia, que colaborou secretamente para o servizo de intelixencia británico. Centos de xudeus perseguidos polo nazismo(polacos e checos na súa maioría) foron rescatados polo doutor vigués Martínez A­lonso, quen expediu certificados médicos falsos, creou a ruta de evacuación dende o campo de concentración franquista de Miranda de Ebro a Vigo e mesmo cedeu a súa casa en Galicia para acoller os fuxitivos na súa fuxida cara a Portugal. O feito era ignorado pola antropóloga ata os seus 40 anos, cando descubriu o diario e pasou a investigar informacións contidas nas súas páxinas. Coa axuda da súa nai e recavando documentos oficiais nos arquivos ingleses sobre a II Guerra Mundial durante nove anos, Martínez de Vicente descubriu, por exemplo, que o salón de té Embassy, un dos centros sociais máis elegantes de Madrid, tamén era o lugar de encontro de axentes e cooperantes dos servizos secretos de Gran Bretaña. "A miña nai nunca me contou nada ata que eu descubrín diario. Pero sempre me preguntei por que nacín en Londres, aínda que o meu avó, diplomático, estivese a servir en Gran-Bretaña na época", revelou Martínez Alonso, quen naceu en 1946, nunha roda de prensa no propio salón Embassy. Os seus pais fuxiron da Gestapo en 1942 a Londres, despois da súa voda, coa escusa de que ían de "lúa de mel" a Lisboa, para despois establecerse en Inglaterra, onde quedaron os anos seguintes. O salón de té (un punto estratéxico entre diversas embaixadas europeas en Madrid), a súa propietaria, a holandesa Margarida Taylor, e o pai de Martínez Alonso son os tres "protagonistas" do libro, que contén diversas fotografías e reproducións de decenas de documentos que axudan a contar a historia.
Tamén Margarida Taylor recibía "amigos" na súa casa ("sempre pola noite", detallou a autora), que estaba no edificio de Embassy, e lles axudaba a parecer "presentables", para que puidesen pasar polo salón de té sen chamar a atención de ninguén.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-01-2011 04:06
# Ligazón permanente a este artigo
A flor máis grande do mundo

A MAIOR FLOR DO MUNDO from ATTAC.TV on Vimeo.

Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 24-10-2010 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
In-to-le-ra-ble!
Un artigo de Suso de Toro publicado no diario español El País o pasado domingo día 1 de agosto de 2010 e que fago meu de principio a fin.
IN-TO-LE-RA-BLE!!!


Lo constatamos un día y otro, España entera está enferma de nacionalismo. La prohibición de las corridas de toros a partir de una iniciativa popular promovida por enemigos del maltrato animal acabó por ser otro enfrentamiento entre el nacionalismo español y el catalán. Las incendiarias portadas de los medios de comunicación madrileños llegan al insulto. Antes, lo que la derecha consideró tolerable para el Estatuto andaluz lo consideró intolerable en el catalán. Ahora, una prohibición de las corridas, que aprobó antes Canarias sin que nadie gritase, es drama nacional y "España se rompe" al aprobarlo el Parlamento catalán. El nacionalismo vasco y catalán son cuestionamientos de la España unitaria difíciles de digerir pero con este nacionalismo español no es posible una España plural. España fracasará por los abanderados del españolismo.

Dentro de esta espiral nacionalista ha ocurrido un nuevo episodio el pasado Día Nacional, así se llama de forma oficial el 25 de julio en Galicia aunque no guste a los nacionalistas españolistas (y aunque esta Xunta lo ignore conscientemente). Ese día ocurrieron hechos gravísimos en la capital de los gallegos, hechos que nos mostraron a todos un inquietante rostro del Estado tras tantos años de democracia. Este periódico ha dado cuenta de algunos de los episodios protagonizados tanto por elementos de ideología independista como por la Policía Nacional. La independencia es una opción legítima como cualquier otra cuando se expresa democráticamente. Las nacionalidades que no tienen estado la consideran y a veces cristaliza en nuevos estados. De hecho la mayoría de los existentes nacieron tras proclamar su independencia de algún Estado anterior, como EE UU y los demás estados americanos. En Galicia el independentismo es muy minoritario y, hasta ahora, bastante impopular. En su nombre se cometen con demasiada frecuencia delitos violentos contra personas o empresas. Cualquier sociedad sana está obligada a perseguir esos delitos y hará bien en deslegitimar las causas invocadas por los delincuentes. Pero lo que ha sucedido en Compostela, que policías se comporten como delincuentes siguiendo también consignas ideológicas, es intolerable.

El 25 de julio siempre ha sido un día complicado en Santiago, una ciudad antigua y pequeña pero cargada de simbolismos contradictorios. En los años ochenta un gobierno de Felipe González intentó expulsar de la ciudad a los nacionalistas gallegos creando graves enfrentamientos. Las hemerotecas están para quien no tenga memoria pero quiera aprender las lecciones del pasado: siempre habrá ciudadanía gallega que nunca dejará que le quiten la capital y el derecho a invocar allí la existencia histórica de Galicia.

Los policías que insultaron y amenazaron a personas por hablar gallego, por tener ideología nacionalista gallega o independentista o por ser jóvenes, esos individuos de más de metro ochenta armados y protegidos por el sello del Estado que acosaron y provocaron ese día, se han comportado como matones fascistas y nos han ofendido a los gallegos por el mero hecho de serlo. Somos gallegos, vamos a seguir siéndolo guste o no, seguiremos sosteniendo nuestra lengua y nuestros derechos y nuestras fuerzas políticas deberían pedir, además de la investigación de los hechos y las consecuentes sanciones, que esas compañías que actuaron este año no vuelvan a actuar jamás en nuestra comunidad. El saldo amargo de su desprecio y provocaciones la recogeremos en los próximos meses, no lo duden. Y los sindicatos de policía debieran ser los primeros en pedir la depuración de estos elementos, pues los Guerrilleros de Cristo Rey hacían lo mismo pero sin cobrar.

Lo ocurrido es especialmente grave. Además de haber dejado heridos y ofendidos, además de dar coartadas a futuros actos de violencia, niega que en España quepamos todos y ataca las intenciones manifestadas por el presidente Zapatero de articular España reconociendo su diversidad nacional. ¿Qué le podemos decir ahora a nuestros hijos para que comprendan que la violencia no es camino para defender nuestros derechos cuando podemos hacerlo pacíficamente? ¿Les decimos que la policía protege la libertad de opinión de los ciudadanos, defiende la Constitución y nuestra autonomía cuando dan coartadas y motivaciones al terrorismo? ¿De qué nación es esa Policía Nacional si ataca a los gallegos por serlo? ¿Qué estado protege a la nacionalidad de los gallegos cuando al celebrar su día nacional se les trata como a reses? ¿Qué policía estamos pagando y formando?

Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-08-2010 02:56
# Ligazón permanente a este artigo
Non serei nacionalista...
Non serei nacionalista...
Por Antón Tenreiro
27/07/2010

Á vista do que hai, non debo ser nacionalista. Dinme de baixa no BNG, pero ademáis non concordo coas teses da UPG, autenticos garantes da pureza e expendedores de titulacións de heroes patrioticos.

Non debo de ser nacionalista cando cuestiono as teses emanadas do todopoderoso aparato politico-ideolóxico e renego de politicas endogámicas nin xuzgo ao resto de galegos como inimigos ou alienados polo sistema.

Non debo ser nacionalista cando defendo que todos os galegos e galegas debenter cabida en un proxecto nacionalista con vocación maioritaria que poña por diante o autogoberno de Galicia e aposta en valor de todas as potencialidades do País, no económico, no social, no cultural ou no politico, incluida a independencia (sí, a independencia) sen tabús, falandolle á xente sen enganos nin dobles mensaxes.

Non debo ser nacionalista cando creoen un empresariado propio, comprometido coa xeneración de riqueza e a criación de emprego e identificado co respeto ao territorio e a realidade do País.

Non debo ser nacionalista cando renego de sectarismos arcaicos e de exclusións ou defendo unha forza politica aberta a toda a sociedade galega e con vocación exemónica.

Non debo ser nacionalista, pois non me emocionan as consignas nin me motiva esa disciplina que algúns confunden coa sumisión.

Non debo ser nacionalista por non entender que "o que non está comigo, está contra min" ou por ter amigos que non son nacionalistas nin pensan coma min.

Porque si estes son os cánones do nacionalismo sería terrible...por iso sigo a ser nacionalista por diante de todo e cecais s que deberan repensar o seu nacionalismo sexan outros.

Tempo ao tempo...

www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-07-2010 04:23
# Ligazón permanente a este artigo
Irei un día do Courel a Compostela por terra liberada
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 22-05-2010 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Vigo do libro: Israel estado xudio e democratico.

"Un Estado judío y democrático" de Jaume Renyer e Ehud Manor. Editorial Milenio (2010)
Terá lugar o vindeiro venres día 30 de abril ás 19:30 no salón de actos da Casa do Libro en Vigo (rúa Velázquez Moreno 27)
Interveñen:
Jaume Renyer
Daniel Morales
Pedro Gómez-Valadés
Entrada libre
www.amizadeconisrael.org
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-04-2010 03:49
# Ligazón permanente a este artigo
Reforma laboral
O Goberno non só admitiu que é necesaria unha reforma laboral, senón que se deben "eliminar os custos de entrada e de saída para crear emprego" noutras palabras, é necesario abaratar o despedimento. Para iso, incluíu dúas medidas estelares para reducir a rescisións de contrato. Segundo di o goberno, isto "evitará a incerteza". O que significa que o Goberno admite que un alto custo do despedimento non fomenta a creación de emprego. Un dos eixos da reforma laboral para fomentar o emprego con carácter indefinido é a ampliación do contrato de fomento á contratación indefinida, que ten un custo de despedimento de 33 días por ano traballado. En 1997 aprobouse este contrato para os traballadores menores de 30 anos e maiores de 45 e agora o Executivo o habilitara para todas as idades. No entanto, este contrato nunca tivo boa acollida entre os empresarios porque o custo do despedimento no caso de que este sexa ordinario tamén se eleva ate os 45 días. Segundo enuncia o borrador, modificarase está dislexia técnica para que cando a empresa realice un despedimento disciplinario tamén custe 33 días por ano. Ademais o Executivo fomentará este tipo de contrato con bonificacións, recuperando as axudas á conversión de contratos temporais en indefinidos de 33 días con bonificacións de cotas á Seguridade Social. O documento tamén inclúe a posibilidade de "obxetivar con maior claridade as causas obxectivas de contratos". Actualmente a un empresario resúltalle case imposible despedir de forma ordinaria para evitarse denuncias e salarios de tramitación que a longo prazo encarecen o despedimento. Por iso, o Goberno definirá máis exactamente as causas para acollerse a estes despedimentos. Para reducir o custo das indemnizacións ben se podería realizar un novo contrato, pero isto sería inaceptable para os sindicatos. Polo que a nova vía de escape que ideou o Executivo é a golpe de talonario. O Goberno implantará o chamado modelo austríaco de indemnizacións, que consiste en que a empresa ingresa mensualmente ao traballador nunha conta individualizada a indemnización que lle corresponde polo seu contrato e que capitaliza cando é despedido ou llo leva a outra empresa se cambia de emprego. Dunha forma algo diferente, o Goberno trasladará o concepto a España. Para que a indemnización non supoña un sobrecusto puntual, o Executivo farase cargo do 40% do custo das indemnizacións de todas as empresas que realicen un cesamento dun contrato de fomento á contratación indefinida -33 días de despedimento- por causas obxectivas -económicas, de organización ou de produción- ou un ERE a través do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa). O borrador da reforma detalla algo máis a proposición do Executivo de crear un novo contrato de tempo parcial para dotar máis flexibilidade do mercado laboral. Segundo o borrador, crearase un novo contrato no que o empresario poderá modificar o horario de traballo cun preaviso mínimo a determinar. Ademais o empresario e o traballador poderán acordar a realización de horas extraordinarias, que era a gran traba deste tipo de contrato. Iso si, estes contratos non estarán bonificados tan só estarao o de conciliación familiar, segundo denomínao o Goberno, que mantén un horario fixo de traballo sen posibilidade de ser alterado.
Logo de varios meses vendendo que o modelo alemán de redución de xornada salvará miles de traballos en España, o Goberno inclúe nesta reforma, como xa estaba previsto, a modificación dos ERE de carácter temporal á redución de xornada. Para iso, débese realizar un cambio lexislativo e así a empresa poderá reducir as horas traballadas e xa que logo o salario, que será compensado coa prestación por desemprego. Ademais, o Goberno compensará a parte de cotizacións que correspondan á redución de xornada. A diminución de horas poderase computar de forma diaria, mensual ou anual. Tamén o Executivo aproveita para reformar o desemprego parcial para que o consumo de prestación sexa equivalente á porcentaxe de xornada e non a un día enteiro, tal e como actualmente compatibilízase. Neste apartado da reforma, faise unha referencia á reforma da Negociación Colectiva. O Goberno tamén incluíu a reforma das Empresas de Traballo Temporal (ETT) na que se levanta o veto ás empresas de traballo temporal para que poidan traballar coa Administración Pública e os sectores de risco como construción e sanidade, onde ata agora o tiñan prohibido. Tamén poderán ocuparse da formación do traballador e non só do seu recolocación. Por outra banda, realizaranse actuacións de reforzo dos Servizos Públicos de Emprego. A reforma contemplará un programa específico para o emprego dos mozos de entre 21 e 24 anos sen ningún tipo de formación. Así mesmo, tamén inclúe un contrato con cotizacións por desemprego para os bolseiros de posgrao. En canto ás bonificacións á contratación, só se realizarán para contratos indefinidos que se realicen a mozos de 16 a 30 anos, a desempregados de longa duración maiores de 45 anos. Ademais aplicarase un incremento da axuda se a contratada é unha mujerer. No entanto, o documento menciona que estas bonificacións ofreceranse só para determinados sectores crave para o futuro modelo produtivo e para as pequenas empresas.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-04-2010 03:43
# Ligazón permanente a este artigo
Julia Otero Vs Arcadi EspadaX
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-03-2010 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
I Semana do Cinema Israelí en Galicia

http://semanadocinemaisraeliengalicia.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 26-11-2009 04:07
# Ligazón permanente a este artigo
Malo será
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 19-11-2009 03:47
# Ligazón permanente a este artigo
Avelino Pousa Antelo na manifestación de Queremos Galego
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-10-2009 06:05
# Ligazón permanente a este artigo
PETICIÓN POLO MANTEMENTO DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO
PETICIÓN POLO MANTEMENTO DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO
Os pais e nais do alumnado do ensino obrigatorio público e concertado galego, ante as declaracións do Sr. Conselleiro de Educación expoñendo a intención da súa Consellería de modificar o sistema actual de gratuidade dos libros de texto

Manifestamos que:

? A gratuidade do ensino é un dereito consagrado na lexislación vixente.

? A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social de todos os galegos.

? A intención do goberno galego de reducir gastos educativos, argumentada na crise económica, non debe afectar á gratuidade dos libros de texto, condición necesaria para acceder á igualdade de oportunidades na educación.

? Dende hai 3 anos, todo o alumnado do ensino obrigatorio, en condicións de igualdade, recibe en préstamo os libros de texto que vai necesitar ao longo do curso escolar. Unha vez rematado o curso, os nenos devolven os libros, que serán usados ao ano seguinte por outros alumnos. Pasados 4 anos, os libros son renovados.

? Todo isto significa que durante catro anos a administración non realiza novos investimentos, polo que, ao noso modo de ver o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo o beneficio das editoriais, non entendendo o pretendido aforro económico.

? O sistema de préstamo supón a implicación dos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto aos bens públicos, e da paso adiante na defensa do noso patrimonio ecolóxico.

? Por outra banda, non entendemos as formas da Consellería de Educación, que pretende impoñer unha política de factos consumados durante a época estival, prexudicando directamente ás familias.

En consecuencia, os abaixo asinantes esiximos á Consellería que manteña o sistema de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio que se implantou en Galicia no curso 2003/04, negándonos rotundamente a mercar os libros de texto para o novo curso escolar se non temos garantías de que a gratuidade é universal. (IMPORTANTE: VER A NOTA ACLARATORIA SOBRE PUBLICACIÓN DE AXUDAS).
Plataforma Galega pola Gratuidade
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 15-09-2009 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0