OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un nazi na residencia militar
Un nazi na residencia militar
Pilar Rahola


O meu marido, que é un santo home, fíxome o favor. chamou ao número de Madrid, e a resposta foi automática: "Residencia Generalísimo Franco, dígame". O ritual repítese na Tenente Barroso, de Santiago de Compostela, e na que hai en Capitán Arenas, 52, de Barcelona, a famosa Muñoz Grandes. Con tres confirmacións, pois, a proba do algodón é concluínte: nas residencias de estudantes da Dirección de Asistencia ao Persoal do Exército de Terra non teñen apuros coa memoria histórica. Non só se permiten manter homenaxes ao ditador e a outros militares golpistas, senón que van moito máis alá. Permítense consagrar unha residencia de estudantes a un nazi español, comandante en xefe da División Azul e amigo persoal de Hitler, quen lle condecorou coa Cruz de Cruz de Ferro. Para máis detalle, furibundo inimigo da recuperación da Monarquía e adversario frontal de Juan Carlos, a quen non consideraba español.

Muñoz Grandes foi un dechado de virtudes fascistas, combateu con Hitler na batalla de Leningrado e loitou por que España entrase na segunda guerra mundial. Cando morreu, en 1970, aínda estrañaba ao Führer. Este tipo, que contribuíu a atrasar a vitoria aliada, cómplice da peor traxedia da historia de Europa, aínda recibe a homenaxe do Exército, a través dunha das súas residencias. A información di que a residencia é mixta, e que nela hai 48 prazas femininas e 38 masculinas. Pregunta do millón: cando alguén se interesa polo nome da residencia, cóntanlle o macabro historial do tipo? E, o día do seu aniversario, celebran algunha festa?

O dramático dunha vergoña como esta é que os ministros democráticos do ramo, desde Serra ate Bono, pasando polo actual, conviviron coa homenaxe a un nazi, no propio exército, sen despeitearse. Lonxe da pedagoxía democrática, algúns buracos negros do Exército aínda se permiten a propaganda fascista. Chegará a lei da memoria a limpar estas cloacas? Ou só está pensada para maquillar as rúas?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2007 05:51
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo xornal "PÚBLICO".
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2007 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Descenso a los infiernos
Descenso a los infiernos
LLUÍS BASSETS
EL PAIS
14.06.07


De vez en cuando una engañosa señal permite vislumbrar de nuevo alguna esperanza. En febrero fueron los acuerdos de La Meca entre Al Fatah y Hamás para poner en pie finalmente al Gobierno de unidad palestina, bajo los auspicios de Arabia Saudí. Luego la cumbre de la Liga Árabe en Riad suscitó también la ilusión de un nuevo clima entre los dirigentes árabes, conscientes al fin de que todos y cada uno de ellos son los únicos responsables del desastre en el que se está hundiendo su civilización. Puro y vano humo, meros espejismos en un desierto que conduce de forma inacabable a los infiernos y que como el de Dante se anuncia con el Lasciate ogni speranza. Así parece desarrollarse la tragedia, siempre descendiendo un peldaño más, justo cuando creíamos subir. Pero ahora con el anuncio de lo peor: quizás incluso el desvanecimiento ya no del Estado palestino soñado sino incluso de la propia idea de Palestina, conquistada de forma tan dolorosa y precaria bajo la dirección del desaparecido y a lo que se ve imprescindible Yasir Arafat. Al cabo de la calle de la guerra civil está la separación política entre la franja de Gaza y Cisjordania; la creación de una especie de emirato islámico en la franja, al que algunos ya han llamado Hamasistán; la liquidación de toda idea de liderazgo palestino que englobe los dos territorios y con autoridad sobre los refugiados en los países vecinos; y la ausencia de interlocutor para negociar ni siquiera una tregua temporal con Israel. La idea de dos Estados vecinos y en paz, uno israelí y otro palestino, adoptada por Bush y aceptada por la Liga Árabe, también está a punto de esfumarse. Cuando alguien habla de guerra civil en esta zona del planeta es que ya ha llegado la guerra civil. No querían los norteamericanos reconocer su existencia en Irak y hoy es un clamor que no hay una sino varias. Lo mismo sucede en Gaza. No está al borde de la guerra civil. Es la guerra civil. De ninguna otra forma se pueden interpretar los combates entre milicias, asaltos a hospitales y medios de comunicación, torturas y ejecuciones sumarias de prisioneros y asesinatos sectarios de ciudadanos no involucrados en los combates, además del pillaje, el robo y el terror ejercidos por parte de las milicias de los dos principales partidos.

Hay una especie de convergencia de conflictos. Irak se palestiniza, mientras Palestina se iraquiza. Fluyen los refugiados a chorro desde las zonas de guerra. Como palestinos, son más de dos millones los iraquíes que han huido de su país, en dirección principalmente a Siria, y hay otros dos millones dentro del mismo Irak. Gaza es ahora uno de los epicentros de un movimiento sísmico de larga duración y extenso alcance geográfico, en el que actúan con gran capacidad destructiva todas las fuerzas generadas por la acumulación de conflictos desde hace más de 70 años. Desde los Hermanos Musulmanes, de antigua raigambre, hasta Al Qaeda, que ya ha penetrado en los campos palestinos libaneses. Y muchos más: Irán, Siria, y todos los servicios secretos habidos y por haber.El descenso a los infiernos es también una degradación de los liderazgos, incluido en el Estado fuerte y teóricamente previsible que es Israel. Vamos camino de una crisis generalizada y de proporciones devastadoras en toda la región, atizada por la competencia por la hegemonía entre las potencias de la zona, Irán y Arabia Saudí sobre todo, y por la pasividad o directamente la inacción política y diplomática internacional generalizadas, de las que la actual Casa Blanca tiene una grave y pesada responsabilidad. ¿Alguien va a mover un dedo?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2007 04:38
# Ligazón permanente a este artigo
As recomendacións do arcebispo de Pamplona

Non se trata de Monseñor Olaechea e a súa famosa Pastoral Non Licet, aconsellando aos católicos non apoiar á República (6 de agosto de 1936). Trátase do actual monseñor, o do século XXI, Fernando Sebastian, arcebispo de Pamplona, bispo de Tudela e ex secretario xeral da Conferencia Episcopal Española, quen recomendou o voto para formacións de extrema dereita como a Falanxe Española das JONS, Alternativa Española ou Comuñón Tradicionalista Católica. Sebastián ofreceu nun escrito datado a metade do mes de marzo unha serie de orientacións para os católicos respecto a como actuar en política. Unha delas consistía en tomar como ?dignos de consideración e apoio? aos partidos antes citados aos que se referiu como ?confesionales?.

Extracto do escrito:

SITUACION ACTUAL DA IGREXA, ALGUNHAS ORIENTACIÓNS PRÁCTICAS

Mons. Fernando Sebastián Aguilar, Arcebispo de Pamplona e Bispo de Tudela (?)

8. Intervención dos católicos nos partidos non confesionais.

O outro tema importante anunciado é a participación dos católicos nos partidos políticos non confesionais. Hoxe en España hai algúns partidos políticos que queren ser fieis á doutrina social da Igrexa na súa totalidade, como p.e. Comuñón Tradicionalista Católica, Alternativa Española, Tercio Católico de Acción Política, Falanxe Española das JONS. Todos eles son partidos pouco tidos en consideración. Teñen un valor testemuñal que pode xustificar un voto. Non teñen moitas probabilidades de influír de maneira efectiva na vida política, aínda que si poderían chegar a entrar en alianzas importantes se conseguisen o apoio suficiente dos cidadáns católicos. Por iso non poden ser considerados como obrigatorios pero si son dignos de consideración e de apoio. Os grandes partidos, os que rixen a vida social e política son todos eles aconfesionais, algúns radicalmente laicos e claramente laicistas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2007 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Como pintar a Mona Lisa
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2007 04:06
# Ligazón permanente a este artigo
Corto Maltés en galego
Brincos nas orellas, patillas poboadas, ollos cor de mel e un medio sorriso sempre inquedante nos duros beizos. Dese rostro namorouse media Europa durante décadas grazas á arte de Hugo Pratt, que en máis de dez álbumes consagrou un heroe algo cínico e sentimental, sempre do lado dos máis débiles non por compromiso moral senón para que non decaia a aventura. O personaxe de máis sona do cómic europeo non precisou superpoderes para facerse un oco na historia do século XX; o seu nome, Corto Maltés. Curiosamente, agora non falamos de Corto Maltés como personaxe de banda deseñada. Xusto no 40º aniversario da súa creación, o mariño toma corpo nunha novela e nun filme, manténdose fresco para as novas xeracións que agora o descobren.
Corto Maltés. Balada do mar salgado, de Hugo Pratt (Galaxia) ?traducida por Ánxela Gracián? é unha novela que profundiza nas pasaxes descritas no álbume de cómic do mesmo nome, que inaugurou a serie no 1967. Ese cómic foi un dos máis exitosos da historia do cómic e contén a esencia do espírito do personaxe e de todo o Universo Pratt. Corto Maltés recorda a súa infancia en Córdoba, cando decide cunha navalla debuxar na palma da man a liña da fortuna que unha cigana lectora da boaventura lle negara posuír. Así iniciaba unha vida chea de aventuras que o vai deixar ao garete no Pacífico sur logo de sufrir un motín. Así, xa perto da morte vaino atopar Rasputín, desertor siberiano, alter ego e compañeiro inseparábel do maltés en moitas das súas aventuras. No barco que capitanea, o ruso transporta dous irmáns náufragos, Caín e Pandora, que gardan consigo moitos segredos.
Está a piques de comezar a I Guerra Mundial e os mares que separan Australia das illas Fidxi son perigosos pero fantásticos para quen busca oportunidade de diñeiro. Nese ambiente mora o Monxe, un tipo misterioso que pouco a pouco desvelará o seu papel na historia. A publicación desta novela é a primeira incursión de Maltés na nosa lingua. Se outras personaxes do cómic europeo tiveron tradución (as máis famosas, as de Tintín e Asterix), este mariñeiro intrépido só agora comeza a falar en galego. O proxecto era unha vella arela de Galaxia e buscouse a significación do cuadrixésimo aniversario do mariño para contarnos aquilo que se perde na banda deseñada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2007 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
O Tribunal Supremo anula por vez primeira unha condena a morte do franquismo
A sala do Militar do Tribunal Supremo anulou por unanimidade unha condena a morte ditada durante o réxime franquista. É a primeira vez que o alto tribunal español acorda unha decisión deste tipo. A Ricardo Puente Rodríguez, republicano e director de Radio Málaga, foille decretada a pena capital en 1937. Por outra parte, a mesma sala deberá resolver o vindeiro martes o caso do anarquista catalán Salvador Puig Antich.O 6 de Agosto de 1937, Puente Rodríguez, Militante de Izquierda Republicana, foi xulgado por un tribunal castrense acusado dun delito de rebelión militar (realizou interferencias na mañá do 18 de xullo para evitar que as emisoras do norte de África, adictas aos golpistas, puidesen ser oídas). Condenado á morte, a súa pena foi conmutada posteriormente por unha pena de prisión.Segundo recolle o diario madrileño El Mundo na súa edición en papel deste venres, un dos fillos do acusado promoveu a revisión da condena, alegando que o seu pai fora xulgado catro meses antes polos mesmos cargos e resultara absolvido.Comprobada a veracidade das alegacións, o Supremo considera -por unanimidade- que polo artigo 328.5º da Lei Procesal Militar "procede a revisión da súa condena, xa que sobre os propios feitos recaen dúas sentencias firmes e dispares".
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2007 02:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0