Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VIAXE DUNHA BOTELLA DE OPORTO - 02/08/2014
Por Marita Ramallo Freijeiro.

Os meus pais casaron o 19 de marzo de 1924, o día de San Xosé. Foron de ?lúa de mel? á cidade de Oporto, en Portugal.
Alí visitaron un amigo de meu pai que agasallou a miña nai cunha botella de oporto para festexar o día do nacemento do primeiro fillo.
Despois da viaxe, os meus volveron a Santiago de Compostela onde vivía a familia paterna e ían eles fixar a súa residencia.
Sen coñecemento de miña nai, meu pai regálalle ó meu avó a famosa botella.
Anos máis tarde, un irmán de meu pai, residente na Arxentina, viaxou a Santiago e o meu avó regaloulle a botella de oporto.
Pero esta historia non remata aquí. Pasaron máis de corenta anos e en Bos Aires a botella chegou, finalmente, ás mans de miña nai.
Ninguén puido bebela pois o viño non estaba en condicións, mais o importante é que miña nai rematou coa botella nas súas mans, celebrándoo cos seus fillos.

Fotografía: xentileza Marita Ramallo Freijeiro. A foto mostra o día da voda dos seus pais.
Comentarios (0) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 02-08-2014 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0