Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VI Festa dá Palabra - Premio Setecarballas.
O diario "O Carballino" publicou o artigo, que a continuación transcribimos, sobre a distinción que recibiu "O Terzo da Fala" en Galiza.

A Festa da Palabra entrega mañá as distincións ?Setecarballas"

O xurado cualificador das distincións ?Setecarballas da Insua dos Poetas? 2014, que anualmente concede a Fundación Insua dos Poetas, e que serán entregadas mañá na VI Festa da Palabra (12,00 horas, Madarnás), acordou onte galardoar a sete persoas e institucións. A Fundación Manuel Curros Enríquez recibirá a Carballa das Letras polo seu ininterrompido labor, ao longo dunha década, na promoción da lingua e da cultura galega; Nicolás González Aller, Carballa das Artes, un artista que desde o eido da pintura ten incorporado investigacións na integración da arte coa natureza.

O xurado tamén premia a EQUAL Sociedade Cooperativa galega coa Carballa da Natureza por un proxecto de cooperativa de traballo asociado formado por tres promotoras que decidiron abandonar as súas profesións no ensino para acometer unha interesante andadura no eido do ensino non reglado. O Terzo da Fala de Bos Aires foi seleccionado para a Carballa da Cultura Galega na Emigración, está integrado por descendentes de galegos e tamén por persoas que aman o idioma e a cultural galega.

A Adega Cooperativa do Ribeiro recibirá a Carballa do Compromiso Empresarial por destacar desde os seus comenzos pola súa colaboración coa cultura. Da Asociación de Discapacitados Físicos de O Carballiño e Comarca destaca o xurado que ten como finalidade primordial mellorar a calidade de vida e posibilitar a plena integración das persoas con discapacidade física, otorgándolle a Carballa de Acción Social.

O periódico La Región recollerá a Carballa da Comunicación como o xornal de todos os ourensáns no mundo, o medio de comunicación da ourensanía. A cultura galega débelle a La Región as mellores páxinas de escritores de todas as xeracións. Moi especialmente aos de Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e tamén Blanco-Amor, ó que se lle adica esta Festa da Palabra.

Diario"O Carballino" Ourense.
Comentarios (1) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 13-07-2014 03:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0