Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FELIZ Nadal




Grazas Alicia por tan lindas palabras, son os desexos tamén do blog.



"As palabras serven para namorar, engaiolar, marabillar, e agasallar. A nòs, as palabras que aprendemos en galego son quen de levarnos de volta à Terra.
Hoxe, desde O Terzo da fala de Bos Aires, queremos que estas palabras na nosa lingua sexan para desexarvos unhas boas festas de Nadal e un Aninovo cheo de esperanzas."
Alicia Lago Roca


Comentarios (1) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 21-12-2013 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Un sentido adeus sen vanos discursos
A nova chegounos coa dureza que o presentido desenlace non puido mitigar. María Inés Moreiras González foi unha das fundadoras do Terzo da Fala.
Infaltabel nos eventos e celebracións, achegàndonos o seu amistoso sorriso e aquela ollada enmarcada de fino carey, que sobrevoaba a reunión para non perder detalle. Xestos que sempre ficarán entre nós como subliñando a súa impecábel presenza.
Nada en O Saviñao, Lugo, en 1947, chegara sendo moi nova a Bos Aires onde estudou e se consagrou á profesión de modista e a súa familia; aquela que hoxe acompañamos na sùa dor coa comprensión e o agarimo que a lembranza de María Inés impòn.
Seica, ausente na última xuntanza, a súa cálida achega estivo connosco.
Norberto José Lema
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 06-12-2013 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0