Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O LALIN ERA UNHA FESTA - 4 de agosto de 2013.
Centro Lalín - Bos Aires
Só con ánimo de simpático resumo dun dos acontecementos que a axenda da colectividade acostuma, coido pertinente un breve relato do
acontecido o domingo 4 de agosto na festa de aniversario do Centro Lalin.
Con anterioridade arranxaramos Ma. Elena da Silva Baptista -a Sra. secretaria de Cultura ? e máis eu á participación do coro da ?Mutual del diario La Nación?, causa que motivou a miña compracida
presenza no medio da ?paisanada? do Deza.
Vocalizamos no salonciño das xuntanzas do Terzo da Fala, -no que eu chamo "o Microcine? do Lalín-; e logo saímos a escena na planta baixa.
Cantamos: ?Los mareados?, ?I will?, ?A Rianxeira?; e como bis moi celebrado, o bolero ?Contigo en la distancia?.
Aplausos, sorrisos, aplausos, (un sabe por experiencia, como avaliar os aplausos ollando ao público e sentindo a súa actitude), cariñas de
aprobación e ledicia sincera.
Pero foi sobre o final cando eu vivín o momento especial, de tan especial evento. Fomos buscar os abrigos e cando saiamos o baile
xa comezara; no medio da pista a xente abaneábase en parellas, mentres os músicos amenizaban desde o palco. E aí mesmo, sentíndome irresistibelmente movido polo ritmo do pasodobre aperteime a alguén moi coñecida por todos nós : a mesmísima Miluca.
A de Cortegada aceptou contenta a invitación a danzar, e foi aí cando a orquestra atacou con ?España cañí?, e logo con ?Mi jaca?, e despois ?El beso?? pero xa se compría para min a estipulada hora na que o encanto máxico vai esmorecendo axiña. Non quedaba máis entón, que abandonar o salón invocando as consabidas ?obrigas impostergables? para o resto da tarde.
Saíamos á beira da rúa e aínda achegágame ós oídos o célebre ?Suspiros de España??
Fun me asubiándoo.
Norberto Lema Regini

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 03-09-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0