Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación da Prof. María Pilar García Negro - 13 de agosto de 2013
Coa presentación da profesora María Pilar García Negro, quen nos ditou unha esperada conferencia sobre Rosalía de Castro, a Secretaría de Cultura del Centro Lalín, Agolada e Silleda, en colaboración co Terzo da Fala, non fixo máis que encher de amábel erudición e simpatía o microcine situado no primeiro andar do Centro.
Dun currículo fulgurante, María Pilar, - que é unha autoridade en lingüística e aínda profesora, escritora, deputada con mandato cumprido, etc,- deixounos para lembrar, unha clase que trascendeu datas e anecdotario, prodigándose en reflexións que enchen de real significado a esencial misión daquel luceiro do Rexurdimento.
Unha dición impecábel, en parella dunha doce entoación, son os signos de identidade que lle dan marco a un afinado rexistro de contralto e inspiran unha robustez que a súa contextura non pode negar.
Escoltada por Ma. Elena da Silva e Gisela Barbeito; asomaba no centro da ampla mesa coa súa prolixamente recortada cabeleira negra e o seu ?tailleur? de lucido cor morado que adorna unha camelia artificial pendurada na solapa. Advertíase na atenta platea, que a voz que agroma do seu peito é o vehículo ideal para dar sostemento ós sólidos coñecementos que resaltan o valor da obra rosaliana explicándoa, de paso, como universal alento de importancia ?centrípeta e non só centrífuga?, que proxecta a súa luzada á mesma raíz cultural da nación galega.
Sen deixar na beira a situación política actual do galego, noutro pasaxe da conversa que o público seguiu con crecente interese, acadou dous conceptos para ilustrar a cuestión da lingua: falou do galego ?consentido? e do galego ?con sentido, pero moi escaso?; facendo apropiado uso da agudeza que a paronimia presta.
Mentres tanto, da xente que permanecía inmóbil nas cadeiras, escoitábanse os infaltábeis - seica illados-, tusidos e os puntuais recitados en voz baixiña como rezos, para acompañar de memoria a lectura dos poemas que a disertante escollía.
E aínda nese momento, diante do incipiente catarro do ocasional cronista, xurdiu providencial, o xesto do profesor Brandeiro convidando cun refrescante carameliño de menta. Discretamente o home, se manifestaba sorrinte e compracido de haber tido un novo contacto con aquela muller de quen fora o seu alumno e seguro admirador.

Por a súa parte, María Pilar, ía rematando unha conversa que cun pechado aplauso amosou o xúbilo dos presentes por contar có inestimábel concurso da palabra dunha pontevedresa de Lamas; distinguida muller e ilustre mestra, nunha tertulia imperdíbel.
Norberto Lema Regini.

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 29-08-2013 04:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0