Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CINE E CHOCOLATE: "Doentes" - 6 de xullo de 2013
Na Arxentina o cine galego, certamente, non é frecuente nas salas comerciais; así e todo, alumnos dos cursos de lingua galega e fanáticos da pantalla grande fomos colectando na mente e na retina, unha por unha, as escasas películas anunciadas por algúns dos circuítos de exhibicións nas sociedades, os entrañables templos da galeguidade en Bos Aires.
Imposible esquecer no Terzo da Fala as primeiras experiencias propostas polos profesores de Lingua Galega, con copias que eles mesmos procuraban para
aproximarnos á mestura dos sons da fala enxebre coas imaxes da terra nai.
E como non, reflexionar polo tanto sobre a nosa posta en marcha dun novo ciclo cinematográfico
en épocas nas que o común é observar como as salas de cine se ven ameazadas pola sombra do quebranto.
No devir dos actos organizados polo Terzo a prol da cultura galega e no seo dalgunhas das xuntanzas dos mércores, xurdiu a convicción da pegada cinematográfica como infalible convocatoria para compartir un momento de goce estendido libremente a quen gustara participar. Cine na propia lingua, claro, pero aínda en castelán, cando o contido se amosa como un asunto enxebre.
Tarde do sábado, 6 de xullo de 2013 no Centro Lalín, Agolada e Silleda.
No primeiro andar á dereita o salonciño das reunións foi convertido nun apropiado microcine para que se puidese encher de entusiastas inquedos por participar da primeira das funcións de cine galego organizada polo Terzo da Fala e a Secretaría de Cultura do centro.
Ao redor das 17:30 horas, sinxelamente, cunhas poucas palabras de presentación, a proxección do filme Doentes deu comezo.
Xa a pantalla ía amosando as andanzas de don Valeriano e Cañete, namentres na platea se sentían as primeiras vibracións que provocaba o relato daquela vívida estampa peninsular dos anos 50; todo iso, na leda compaña da musiquiña que brincaba fóra dun fondo de acordeón incidental.
Foron 90 minutos engaiolantes que só puido dar por concluídos a palabra ?Fin?.
Nese intre agromou espontáneo un aplauso. A obra da figura das Letras Galegas 2013, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, deixou a súa pegada nunha tarde fría do inverno porteño, seica morniña de entusiasmo galeguista. A oportuna invitación da casa cunha cunca de chocolate con churros foi o especial estimulante para a entusiasta quenda coloquial que pechou tan amable faladoiro coa firme promesa de renovar a mostra mes a mes, sempre no Lalín; sábado no serán.
Norberto Lema Regini.

Comentarios (2) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 13-08-2013 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Norberto: Hermoso artículo. Realmente me encantó. Ya está en el blog #blgtk08#como se merecen el autor y el artículo.
Apertas.
Mirta.
Comentario por Norberto (13-08-2013 01:14)
2 Graciñas por tan boa crónica. Po#blgtk08#r máis encontros de cine galego.
Comentario por Gisela (16-08-2013 19:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0