Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A MIÑA CHEGADA AO TERZO.
Por Marita Ramallo Freijeiro.


Cheguei ao grupo no final do 2009 nunha xuntanza no Club Español.
Foi un ano moi malo para min pola enfermidade e morte do meu home.
No club a Meiga invitoume a una xuntanza de fillos e netos de galegos. Eles estudaran galego e cando os cursos remataron, formaron un grupo chamado Terzo da Fala para practicar a lingua. Gustoume moito este proxecto pois eu, sendo galega, non falaba o meu idioma.
Eu cheguei a Bos Aires en 1939 coa miña nai e dous irmáns, exiliados. Había dous anos que chegara meu pai ao país. El era un galeguista de alma amigo de personaxes tan brillantes como Castelao, Suárez Picallo, Arturo Cuadrado por mencionar só algúns.
Eles viñan xantar na nosa casa en Flores pois a miña nai era una moi boa cociñeira.
Ela non falaba galego e na casa só se usaban palabras ou se cantaba en galego.
No grupo quedei marabillada do amor que eles sentían por Galicia, pola súa lingua e a súa cultura. Ademais , polo agarimo e pola comprensión con que me recibiron.
Eu comprendía o galego, mais non sabía a gramática nin a fonética nin a escritura.
Despois de facer o curso do Celga I e II, eu sigo nas nubes. Socorro!!!
Comentarios (0) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 22-07-2014 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
CONSUELO. A HISTORIA DA MIÑA AVOA - 19/09/2014
Por Mirta La Gamma.


Samos,Lugo, mil oitocentos noventa e catro.
Consuelo é una rapaza alta, morena e alegre como un pandeiro. Mais a súa nai e o seu pai morreron.
Ela e a súas irmás están moi tristes. Foron vivir a Sarria coas súas tías e as súas curmás.
Elas facían traballar as tres rapazas como Cincentas.
A rapaza medra en Sarria coas súas irmás. Con dezaseis anos viaxa a Bos Aires e traballa coidando dos nenos nunha casa de familia.
Coñece a Francisco, galego da Coruña, e casa con el. Coa súa irmá Basilisa, que xa vive en Bos Aires, ten unha boa amizade e sempre fala da pequena Emilia que quedou en Galiza.
Consuelo ten tres nenas, unha delas, Elida é a miña nai. Un día, miña nai e as súas irmás están xogando no patio mentres a súa nai lava a roupa. Chega unha rapaza de dezaoito anos máis ou menos e, cando ve o cadro, pregunta: ?Ti es Consuelo ? ?. Consuelo, con bágoas nos ollos berra emocionada ?E ti es Emilia?. As cinco mulleres choran de alegría.

Comentarios (1) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 22-07-2014 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
DESDE O FONDO DO SANGUE.
Por Susana García Otero.


Na xuntanza pasada, Alicia preguntou se nós pensábamos que escribir en galego adoita ser máis doado que facelo noutra lingua e agregou que ela coidaba que era así porque o galego nos vén do fondo do sangue ou da alma. A reflexión levoume á miña infancia. Na miña familia non se falaba galego, mais a lingua do meus avós estaba sempre presente xa sexa nas frases, refráns e historias que a miña avoa non se cansaba de repetir, como nas ?romarías? do teatro Avenida, a onde eu ía xunto a miña avoa, miña nai e a miña tía Celta (chamada así polo Celta de Vigo, ocorrencia do meu avó). Cando a miña avoa morreu as súas historias e anécdotas seguiron presentes nas nosas conversas.
Cando partiu a miña nai e poucos meses despois a miña tía, un gran baleiro e una inmensa tristeza invadiu todo. Eu sentía que xa non tería con quen compartir esas historias de familia. Con elas bastaba una mirada ou un xesto para saber a frase que diría a miña avoa en tal situación.
Eu sigo dicindo ?como diría a miña avoa? e o meu fillo escóitame, porque el é todo amor, mais non é o mesmo.
Finalmente comprendín que a mellor maneira de evitar que todo se perda era estudar a lingua e a cultura que elas tanto amaron.
E aquí estou con todos vós porque, sen dúbida, o galego me vén do fondo do sangue e da alma.
Comentarios (1) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 22-07-2014 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0