Con moita ilusión e como despedida á súa permanencia no centro, todo o alumnado de Sexto de Primaria preparou a representación da obriña de teatro "Cataventos e Cía" de Celia Díaz Núñez, baixo a dirección da súa titora Mariluz. Houbo dúas funcións: unha o xoves, día 18 pola tarde, para as familias e público en xeral; e outra, o venres 19 en horario lectivo, para os compañeiros e compañeiras do cole. En ambas o agradecido público aplaudiu a rabiar a posta en escena e o talento destes actores e actrices. Queremos agradecerlles este fermoso agasallo a todo o grupo que, sen disimular a emoción, deixa o centro para incorporarse a unha nova etapa da súa formación.
As vacacións son o momento ideal para disfrutar cun bo libro podendo aproveitar este tempo de lecer para adicarnos á lectura en familia. Recoméndovos un interesante artigo da revista dixital Consumer Eroski sobre o fomento da lectura nos fogares e da influencia das familias no hábito lector e outro sobre as mellores ferramentas para seleccionar a lectura infantil e xuvenil:
Ubaldo, orientador do noso centro, fixo unha estupenda reportaxe do festival de fin de curso. Aquí vos deixo unha parte, podedes ver o resto no seu blog.
¡¡GRAZAS, UBALDO!!
O alumnado de sexto co profesorado do seu último ano no cole.
Desexamos que os anos que estiveron connosco permanezan no seu recordo e que ocupemos un recunchiño no seu corazón. Eles/elas están nos nosos. Sorte a tod@s na etapa que comezades e que teñades moitos éxitos!!