|
|
|
TOONDOO |
|
TOONDOO é unha ferramenta 2.0 ideal para traballar o cómic co alumnado máis novo, moi fácil de usar, cuns resultados "casi profesionais".
Paga a pena explorala para decatarse da súa utilidade e das posibilidades de aplicación na aula.
Aquí vos deixo algúns exemplos:
|
|
|
|
MEDIO AMBIENTE - MOVING |
|

DÍA DO MEDIO AMBIENTE
National Geographic Channel e Macaco reúnen a Javier Bardem, Juanes, Rosario, Bebe e Javier Cámara, entre outros nun videoclip a favor da natureza.
Moving estreouse o 19 de febreiro en National Geographic para celebrar o día da Terra, coa presenza de caras moi coñecidas como Javier Bardem, Javier Cámara, Rosario, Juanes, Juan Luís Guerra ou Carlinhos Brown.
A canción é o primeiro single do Porto Presente, o novo álbum de Macaco, que formou parte dos eventos que organizou National Geographic para conmemorar o Día da Terra en España.
Ademais dos famosos mencionados, tamén participan no vídeo Nubla, Antonio Carmona, Orishas, Pitingo e LaMari, cantante de Chambao. Todos os artistas uníronse desinteresadamente a través da música para apoiar a difusión dunha mensaxe a favor da natureza e da conservación do planeta.
Seguro que che vai gustar moito. Se queres aprender a letra preme AQUÍ
|
|
|
|
CONFIEMOS NAS NOVAS XERACIÓNS |
|
A auga é un ben precioso...
Cando a última árbore teña morto,
o último río secado,
o último peixe pescado,
TODOS IMOS ENTENDER QUE OS CARTOS NON SE COMEN. (Greenpeace).
|
|
|
|
ACTIVIDADES PARA A APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA |
|

Grazas a Celestino Arteta descubrín este excelente recurso para traballar a lectoescritura online. Podes atopar actividades de orde alfabética, asociacións, conciencia fonolóxica, etc., ideal para aplicar nos primeiros cursos da Educación Primaria ou con alumnado con necesidades educativas especiais. Ten ademáis unha guía para o profesor onde se explica a actividade facendo referencias aos seus fundamentos teóricos. A aplicación foi realizada por Juan García Moreno, do Ceip Blas Infante de Sevilla, e atópase recollida no Isftic no apartado de materiais educativos.
 
|
|
|
|
EXPOSICAMPO |
|
 EXPOSICAMPO
Achegándonos á realidade do mundo rural
Como actividade complementaria ao tema globalizador de todo este curso, OS TRABALLOS DO CAMPO, na segunda quincena de maio organizamos no centro unha exposición de ferramentas e útiles do traballo agrícola.
Os distintos materiais, procedentes de distintas partes de Galicia, foron cedidos polas familias, veciñanza e o profesorado.
Hai obxectos moi curiosos: gadañas, sachos, xugos, un banco debullador para o millo, un arado, un rapador das ovellas, goxas, cestos, cribos, fouciños, zocos, madroñas, tamancas? Algúns son moi antigos e practicamente xa non se usan, pero outros aínda se utilizan para traballar na terra..
Durante todos estes días a nosa EXPOSICAMPO foi visitada por moita xente, á que lle resultou moi curiosa e interesante. Ademais todo o alumnado aprendeu cousas novas sobre a vida rural e o traballo da xente do campo e elaborou pequenos traballos de recollida de información e investigación. Todo un éxito!!
|
|
|
|
|
|
|
|
|