|
|
|
ENCONTRO VIRTUAL CON MARÍA REIMÓNDEZ |
|
A tecnoloxía axuda en momentos especiais!! Aquí tendes un dos encontros virtuais que o alumnado do centro ven mantendo ao longo deste trimestre cos autores e autoras dos libros que estiveron traballando. Aquí están os nenos e nenas de terceiro de EP xunto con María Reimóndez falando do seu libro "A formiga destemida": |
|
|
|
SEMANA DA POESÍA E MES DO LIBRO |
|
O noso amiguiño MIK trouxo unha proposta fantástica para todo o alumnado do centro co gallo da celebración de dúas datas moi especiais para a nosa biblioteca: O DÍA DA POESÍA E O DÍA DO LIBRO. Con esta actividade xunguimos estas conmemoracións coa enorme creatividade dos nosos nenos e nenas. Así, cada grupo xogará e recreará libremente un poema do libro de poesía que lles foi adxudicado polo noso ratiño e que servirá para facer unha exposición que decorará os espazos do noso centro. XENIAL!!!! |
|
|
|
|
|