QUEMARABILLA!!
Iso é o que din os que visitan a exposión dos traballos realizados polas familias para o Certame de recreación plástica co gallo do DíaInternacionaldoLibro. Despois de ter demostrado en moitas ocasións o artistas que son, conseguiron sorprendernos de novo coa súa creatividade e orixinalidade. Aquí tendes a proba das súas habilidades, da súa imaxinación, e do seu interese e a súa implicación nas propostas do centro. MOITASGRACIASPOLAVOSACOLABORACIÓN!!
E agora, xulgade vós mesmos:
Está demostrado, os nenos e nenas do noso cole son uns auténticos artistas!!
Unha nova proba do ben que traballa o noso alumnado é o 1º premio da súa categoría conseguido por Raúl Radú, de 4 anos, no concurso patrocinado por Casaplanta.
Un ano máis, celebramos o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor cunha actividade que xa ven sendo unha tradición no noso centro, o apadriñamento lector. O venres pasado, o patio do recreo encheuse de libros e de nenos e nenas dispostos a compartir emocións e lecturas cos máis pequenos. Durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos "afillados/as" para explicar a actividade e facer as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a "hora de ler" dese día ía ser moi especial: