|
|
DÍA DO LIBRO : Un libro especial |
|
O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos persoeiros máis importantes da literatura universal. Por iso nese día celébrase o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.
Unha das actividades que se está a facer na nosa Biblioteca para conmemorar esta data é unha exposición dos libros que tiveron un significado especial nun momento das nosas vidas. Pedimos colaboración ás familias para que aportasen o seu "libro especial" coa fin de que o noso alumnado percibise a importancia dos libros nas persoas do seu entorno. Por outra banda, os nen@s tamén "vestiron" unha árbore cos seus libros favoritos enchéndoa de follas que eles mesmos prepararon con títulos dos libros que máis lles gustan. E así vai quedando o vestíbulo do cole:
Cal é o teu libro especial? Cóntanos nun comentario cal é ese libro que che gustou tanto, que te fixo pensar, no que descubriches algo... Explícanos tamén por que é especial para ti, seguro que animarás a outras persoas a que o lean.
|
|
|
|
VISITA DE ABRAHAM CARREIRO |
|


O próximo 28 de abril contaremos coa visita do ilustrador vigués Abraham Carreiro, dentro das actividades de promoción da lectura e da creatividade. A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos segur@s de que será unha experiencia que non esqueceremos.
A PEL DO CROCODRILO (da colección Contos que len outros nenos do mundo, Editorial: A Nosa Terra) é o último traballo deste creador, que ilustra maxistralmente un conto da tradición popular africana, neste caso de Namibia, un país do sur de África. Aquí vos deixo algunhas das súas ilustracións. Disfrutádeas:
|
|
|
|
CONTOS E POESÍA NA BIBLIOTECA |
|
 Hoxe, os nen@s de E.I. de 5 anos tiveron unha sesión de contos e poesía coa súa profe Belén. Disfrutaron dos poemas sobre o mar que foron traballados plásticamente polo alumnado do Centro, estiveron moi atent@s ao conto que a profe lles contou e pasárono moi ben. E, claro, engadiron a súa poesía á exposicion de traballos "O mar en verso". Que ben estamos na BIBLIOTECA!!!
|
|
|
|
DÍA DO LIBRO (Caza do tesouro) |
|
Investiga para saber máis sobre o Día Internacional do Libro coa seguinte Caza do Tesouro. Proba despois as túas dotes de escritor/a escribindo unha historia sobre o tema proposto na actividade. Seguro que o pasarás moi ben e aprenderás moitas cousas interesantes.
Esta actividade foi elaborada polo Ceip Os Campanales (Las Lagunas).
Para 2º e 3º Ciclo de E. Primaria.
|
|
|
|
DÍA DO LIBRO: Eu leo, ti les... |
|
|
|
|
|
OS CONTOS DO RECANTO |
|
Xa temos na nosa Biblioteca, encadernado e listo para formar parte dos nosos fondos, "Os contos do Recanto". Os autores e autoras son os nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar, que durante o curso 07/08 escribiron e ilustraron, na meirande parte, os seguintes relatos e poesías. Esas creacións foron publicadas aquí, no blogue da nosa Biblioteca, de aí o título deste libriño, que agora editamos en soporte papel pola conmemoración do Día Internacional do Libro.
Esperamos que esta experiencia sirva de incentivo para que o noso alumnado nos siga agasallando cos froitos do seu maxín e que este volume sexa o primeiro dunha longa colección.
Grazas a tod@s.
Mik.
Na Biblioteca tendes un exemplar para levar en préstamo.
(Preme en OPEN PUBLICATION)
|
|
|
|
ADIVIÑA 29 |
|
Un mozo entrou pola porta
con trescentas follas postas; trescentas follas e un ramo. Non adiviñarás neste ano, nin tampouco o ano que vén, agás que cho diga alguén.
PISTA:
Fouce no rabo e serra na testa: que cousa é esta?
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
NON HAI MOITO TEMPO... |
|

Na bitácora de Aníbal de la Torre aparece esta imaxe que pertence a unha sección que el denomina "fotografía educativa" e coa que publica esceas que levan implícita unha mensaxe de carácter didáctico e que son o suficientemente elocuentes como para despertar en nós algunha reacción. Parabéns por esta idea que vén a demostrar, unha vez máis, que unha imaxe vale máis que mil palabras.
|
|
|
|
ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
|
 Os coordinadores das Bibliotecas Escolares do PLAMBE fomos convocados en Sanxenxo aos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES durante os días 3 e 4 de abril.
A perfecta organización das xornadas, a relevancia dos relatores, a calidade das ponencias e o agradable ambiente de compañeirismo, convertiron estes días de traballo intenso nun auténtico pracer. Voltamos ás nosas escolas abrumad@s pola cantidade de información, de ideas e de camiños por percorrer, pero coa sensación de apoio, de pulo e de alento dos compañeir@s embarcad@s na mesma tarefa. Grazas a tod@s.
As ponencias estiveron a cargo de importantes persoeiros do mundo da Educación procedentes de distintos lugares de España e Portugal: José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.

|
|
|
|
ADIVIÑA 28 |
|

Alto pin pin,
ruín cabaleiro:
pégalle a risa,
e solta o diñeiro.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
|
|
|