|
|
ENCONTRO CON DAVID FERNÁNDEZ SIFRES |
|
O 20 de febrero, o alumnado do segundo ciclo de Primaria, puidemos coñecer ao autor de UN INTRUSO EN MI CUADERNO e ¡QUÉ VIENEN LOS MARCIANOS!, David Fernández Sifres. Gustounos moito escoitalo e compartir con el as nosas impresións sobre a lectura das súas obras. Contounos as razón ?supersecretas? polas que escribe historias tan bonitas e tamén respondeu a todas as preguntas que lle fixemos. Foi moi simpático con nós e agasallounos cuns obxectos moi curiosos. Ao final, asinou amablemente os nosos exemplares. Pasámolo xenial!!! GRAZAS, DAVID!! Agardamos verte de novo moi pronto!
VER ÁLBUM COMPLETO |
|
|
|
EDUCACIÓN DOCUMENTAL: CADERNO DE RECOLLIDA DE INFORMACIÓN - 1º CICLO |
|
Xa temos o caderno de investigación para o alumnado do primeiro ciclo. Os nenos e nenas de primeiro e segundo xa están metidos en faena pescudando moitas cousas interesantes sobre a gastronomía típica do magosto, do nadal, e do entroido.Agora déixovos os cadernos, logo xa veremos os resultados. ÁNIMO INVESTIGADORES!!!
DESGARGAR O CADERNO AQUÍ |
|
|
|
DEVORANDO NOTICIAS |
|
Aproveitando que estamos coa semana escolar da prensa, estase levando a cabo no centro unha actividade de recollida de noticias sobre alimentación, ao fío do noso proxecto documental. Xa están chegando ás aulas as primeiras e desde logo son ben interesantes. Ao rematar, coas achegas de tod@s faremos un dossier titulado "DEVORANDO NOTICIAS".
Podedes descargar as plantillas premendo AQUÍ |
|
|
|
CHARLA OBRADOIRO SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE |
|
Dentro do noso programa de actuacións arredor do Proxecto Documental de centro, o alumnado do segundo e terceiro ciclo de Primaria asistiron no cole a unha charla-obradoiro sobre hábitos alimenticios saudables, promovido polo Concello de Vigo dentro do seu programa educativo municipal en colaboración co Servizo de Pediatría do Hospital Xeral de Vigo.
Durante a exposición estiveron moi atentos e participaron activamente en todas as propostas de xogo que ían xurdindo ao longo da actividade. Pouco a pouco, os nosos nenos e nenas van aprendendo a importancia dunha dieta equilibrada para evitar moitas enfermidades e a obesidade.
VER ÁLBUM COMPLETO AQUÍ |
|
|
|
|
|
|