Aquí está, saidiño do forno, o caderno de pescudas para o alumnado de terceiro e cuarto. Xa están preparados para comezar a aventura e chegar á meta sen ningún problema. Pronto serán auténticos expertos e contarannos todo o que descubran sobre unha morea de cidades e países. ADIANTE!!!
Unha interesante presentación con actividades sobre mulleres científicas ao longo da historia, moitas delas loitando cunha sociedade inxusta e discriminatoria que non soubo apreciar o seu talento pero que non puido coa súa vontade férrea e co seu amor á ciencia (podes velo en pantalla completa premendo no icono da parte superior):
Xa estamos list@s!! O alumnado de 1º e 2º de Primaria imos estudiar os deuses do Olimpo, para o que teremos que completar un caderno de pescudas. Leremos moitos libros e navegaremos por internet para descubrir todos os segredos da mitoloxía grega. Despois contarémoslles os nosos descubrimentos a tod@s os compañeiros e compañeiras do cole. Este é o caderno de investigación:
Premendo en "INVESTIGA CON MIK", no panel lateral, atoparedes toda a información relativa ao proxecto documental de centro, OS XOGOS OLÍMPICOS, e unha selección de recursos e ligazóns que vos axudarán nas vosas pescudas: