O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

EN FEBREIRO, LECTURAS CON CORAZÓN. RECURSOS


Durante o mes de febreiro convidámoste a mergullarte nesas lecturas que nos levan polos camiños do corazón, polos vieiros dos sentimentos. Contos, poesías, novelas..., visita a exposición que hai na biblioteca cunha ampla selección de títulos onde atoparás, seguro, algún que che poida interesar:


Para o traballo nas aulas arredor desta data atoparedes no panel lateral unha pequena selección de recursos:




Comentarios (2) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 13-02-2011 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
OS PEQUES VAN Á BIBLIOTECA
Todas as semanas o alumnado de EI acude con entusiasmo á biblioteca para facer multitude de divertidas actividades. Encántalles visitar a "casa de Mik" e coñecen moi ben as normas da biblioteca. Están moi atentos nas sesións de contacontos que lles prepara a profe e realizan con moito interés os traballos de formación de usuarios/as. E para mostra aquí vos deixo aos nenos e nenas de 5 anos preparando os seus marcadores da biblioteca (se pasas o cursor pola imaxe poderás ver os detalles ampliados):





Comentarios (2) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 11-02-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
PASAPALABRA
Un bo recurso para a comprensión lectora e a ampliación de vocabulario:




Se queres acceder a máis xogos preme AQUÍ (usuario: Piki; contrasinal: Piki)


Comentarios (2) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 03-02-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
CICLOBIBLIOTECA

Con tantos acontecementos e tantas cousas que pasan no noso cole, aínda tiña pendente a crónica da visita do alumnado do 1º ciclo ao museo Verbum, na nosa cidade, para asistir a unha actividade moi divertida de animación lectora con contos, lendas e cantigas que poñían de relevo valores como a PAZ, a ECOLOXÍA, o AMOR Á NATUREZA, o RESPECTO ÁS TRADICIÓNS...
Foi o bardo Abelardo quen, coa súa CICLOBIBLIOTECA, nos fixo gozar de fermosas historias e cantigas que falaban de bosques, de trasnos, de xacias, de natureza, de PAZ... Así, escoitamos moi atentos os contos de:
"Vicentiño", un paxaro que descubriu que nas ramas das árbores aniñaba a palabra PAZ.
"O Carballo con botas",  un carballo que naceu dentro da bota dun soldado que non quixo ir á guerra.
"O Trasno do lixo", un trasno malvado que ía emporcando todo de lixo.
"O canto da Xácia", unha serea de río que ten un canto doce cando a auga está limpa, pero se está sucia o seu canto fai que navegar polo río sexa moi perigoso.
E cantamos:
"A cantiga do barqueiriño" e
"Miña avoa tiña un can"
¡Canto aprendemos e que ben o pasamos!

CICLOBIBLIOTECA on PhotoPeach


Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas from PAI Música on Vimeo.


Se queres saber cousas sobre o proxecto solidario das Ciclobibliotecas preme AQUÍ.
E se queres ler as preciosas historias que nos contou o bardo Abelardo, preme na imaxe seguinte:


Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 02-02-2011 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0