O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DENDE A BIBLIO, CON AMOR...
Grazas aos nosos amigos de Raioteca, blog da Biblioteca do Ceip de Andrade, podemos disfrutar deste entretido xogo que pon a proba os vosos coñecementos sobre S. Valentín. Para acadar moitos puntos infórmate primeiro AQUÍ.

E agora, ADIANTE!!



Raioteca tamén nos facilita unha interesante proposta de lecturas por ciclos: LECTURAS CON CORAZÓN. MOITAS GRAZAS!!




MÁIS RECURSOS PARA S. VALENTÍN


Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 09-02-2009 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
PASATEMPOS
Pois xa que mañá nos espera un día de temporal e como as inclemencias do tempo nos obligarán a permanecer ben recollidiñ@s na casa, propóñovos un divertimento que nos chega vía A nosa biblioteca: O PUZZLE EN BLANCO.

Cantos niveis serás capaz de superar?

(Preme en BEGIN para comezar a xogar)


E UNHA ADIVIÑA (por petición popular):

Un investigador, facendo unhas excavacións preto da cidade de Roma, atopou unha xarra que poñía o seguinte: "ROMA ANNUS 23".
Moi contento, marchou ao museo, mostroulla ao director e díxolle: Señor Director, por fin o Museo terá un obxecto fabricado en tempos do Imperio Romano. O Director examinou a xarra e contestou: decepcióname vostede. Esta xarra é unha tomadura de pelo.


Por que fixo o Director tal afirmación?



AVISO PARA AS FAMILIAS: mañá, día 9 de febreiro, non haberá clase debido á alerta por temporal en toda Galicia

Comentarios (11) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 08-02-2009 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
PATALATA EN APUROS
O Pirata Patalata mandoume unha carta urxente porque ten que resolver estas adiviñas para averiguar a clave coa que descifrar o mapa do tesouro. Este pirata é de pouco pensar porque vexo que son ben faciliñas e que non tardaredes en atopar as respostas.

A primeira é unha adiviña tradicional que xa me contaba a min o avó Ratovello:




Se unha botella de viño custa coa cortiza 11? e a botella custa 10? máis que a cortiza, canto custará a botella soa?




A outra tamén é sinxela:

Trazando unha soa liña debes conseguir que a seguinte igualdade sexa certa.
Conseguiralo?
5 + 5 + 5 = 550


Non vos queixaredes, eh?

Comeza a conta atrás: PREPARAD@S, LIST@S, XA!!!


Comentarios (54) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 04-02-2009 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
MOCHILA VIAXEIRA: MÁIS AVENTURAS
A semana pasada, por fin, as MOCHILAS VIAXEIRAS emprenderon camiño entre as familias do primeiro ciclo de primaria. Menuda ilusión! Primeiro que a quen lle tocaría, despois que que habería dentro, logo que si os avós tamén podían escribir no caderno viaxeiro... e, por último, os enormes sorrisos dos primeiros afortunad@s.
Esperamos que estas mochilas teñan tan boa acollida nos fogares como tiveron as anteriores e que sexan portadoras do entusiasmo co que foron recibidas por parte do alumnado.


COMEZA A AVENTURA!!


BOA VIAXE !!




Comentarios (14) - Sección: Biblioteca - Publicado o 02-02-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
VIVE O MOMENTO

Moitas veces esquecemos disfrutar dos momentos que estamos a vivir á espera dun futuro que supoñemos moito mellor. Así ocorre na curta de animación LELO E AS ESTACIÓNS que nos chega vía Flocos.Tv
É inverno, o burriño Lelo abúrrese e soña coas vindeiras estacións pensando que a súa vida sería máis agradable. Sen embargo, dase conta de que cada época do ano ten o seu contratempo polo que chega á conclusión de que o inverno non está nada mal...
Unha historia con mensaxe para pequenos e grandes, baseada no conto popular "O burriño descontento", a narración cantada, ben contada e cunhas estupendas animacións. Un goce para todos os sentidos!










Para ver a curtametraxe preme neste cartel

ESPERO QUE VOS GUSTE!!
Comentarios (8) - Sección: Cine - Curtametraxes - Animacións - Publicado o 01-02-2009 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0