No noso centro, todos os cursos teñen asignada unha hora semanal na biblioteca, reflectida nun calendario que se renova cada ano e que se expón na porta de entrada.
Aos nenos gústalles acudir á biblioteca, non só porque é un espazo moi agradable, senón porque o encontro cos libros élles pracenteiro. Sen dúbida, este encontro esperado foméntao o mestre/a, que é o que acende a faísca, motiva lecturas e esperta curiosidades.
Pero, ¿que se fai durante esa hora de biblioteca?
As actividades son moi variadas:
- Lecturas voluntarias en silencio.
- Lecturas de libros informativos sobre un tema que se estea traballando na clase.
- Procura de información sobre cuestións xurdidas na aula.
- Procura de información en internet
- Formación de usuarios: colocar libros adecuadamente, saber en que lugar están os libros sobre un tema ou xénero, condutas adecuadas no bo uso dos libros, interpretar o significado das sinaturas...
- Actividades diversas ao redor da lectura: presentacións de libros, de traballos realizados, debuxos de cubertas...
- Visitar e comentar as exposicións que haxa nese momento
- Elaboración de traballos escritos.
- Proxección de contos, documentais ou imaxes sobre un tema concreto.
- Elexir libros para a biblioteca de aula.
- Escoller o libro que se leva en préstamo
É misión nosa proporcionar ao alumnado experiencias motivadoras que progresivamente produzan nos nenos un desexo constante de aproximarse aos libros e á lectura.
E agora, como "postre", anímate a realizar esta webquest sobre o MAGOSTO, elaborada no Ceip Pombal. Seguro que aínda aprenderás máis cousas!! (Preme na imaxe das castañas)
Despois de ter que aprazar a celebración do magosto por culpa do mal tempo, hoxe PARECÍA que por fin poderíamos comer as castañas asadas ao ritmo das cancións e dos bailes que tiñamos preparados. Cos nosos cestiños decorados baixamos ao patio, Alfonso xa tiña lista a fogueira, pero... EMPEZOU A CHOVER!!! E claro, ninguén quería volver ás aulas sen catar as castañas. Así que A GRANDES MALES, GRANDES REMEDIOS: a pesares da chuvia, habería magosto:
Pois a voltas co MAGOSTO. E xa levamos traballado e aprendido moitas cousas:
Primeiro recollimos información sobre os castiñeiros, as castañas e a importancia que tiveron na nosa alimentación. Tamén recompilamos cantigas, ditos, refráns e adiviñas sobre as castañas, e hai moitísimas!!
Escribimos receitas de comidas e doces con castañas, que nos dixeron nas nosas casas; ilustramos o conto"A castaña Dorinda", fixemos murais, exposicións e aprendemos cantigas das que cantaban os nosos avós. Unha chea de actividades!! Agora só nos queda agardar ata o venres para darnos unha enchenta de castañas asadas. Que ricas!!
Invitamos ás nosas familias a que nos acompañen ese día para comer, cantar e xogar con nós. Tamén poden pasear polos corredores do centro para ver os nosos traballos.
No blog da biblioteca do Ceip Fermín Bouza Brey atopei esta simpática poesía que nos dá a receita para ser unha bruxa moi bruxa. Eu xa a aprendín. Déixocha aquí para que ti fagas o mesmo (pode ser que precisemos facernos bruxas nalgunha ocasión, quen o sabe? )
PARA SER BRUXA TERRIBLE (ADAPTACIÓN do poema de Carmen Gil, www.poemitas. com)
Para ser bruxa terrible requisito imprescindible, ible, ible, ible, ible( poñer voz misteriosa)
Ser unha bruxa malvada e nunca lavarse a cara.
Para ser bruxa terrible requisito imprescindible, ible, ible, ible, ible
É ser perversa e malvada odiar moito a calquera fada por ridícula e empalagosa, sempre vestida de rosa!
Para ser bruxa terrible requisito imprescindible, ible, ible, ible, ible
Ter o naris encarnado longo e cunha gran verruga. e ser máis fea que Picio, pois o precisa o oficio!!
Para ser bruxa terrible requisito imprescindible, ible, ible, ible, ible
Ter fétido o alento, moi negra a dentadura e levar cuberto o corpo cunha gran túnica escura.
Para ser bruxa terrible requisito imprescindible, ible, ible, ible, ible
Ter un sorriso horroroso, a pel áspera e verdosa, cara de astuta e bribona e os pelos coma os da fregona.
Para ser bruxa terrible requisito imprescindible, ible, ible, ible, ible
Non moverse nunca a pé sacarse pronto o carné viaxar a todas horas en vasoiras voadoras.
Para ser bruxa terrible requisito imprescindible, ible, ible, ible, ible
Importante o capirucho con forma de cucurucho e por cara de enfadada para parecer moi mala.
E xa para rematar requisito imprescindible será? pasalo estupendamente chinchando moito á xente!!!