O pasado venres, 1 de outubro, comezou o Mes Internacional da Biblioteca Escolar, co lema ?O desafío de atender á diversidade: Bibliotecas escolares para todos?.
No ano 2008 cambiouse o Día Internacional da Biblioteca escolar polo Mes Internacional das bibliotecas escolares, o que permitirá aos responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo empregar o día, a semana ou mesmo todo o mes de outubro para por de relevancia a biblioteca escolar e a súa influencia no rendemento escolar e o desenvolvemento educativo.
A biblioteca do noso centro aproveita estas datas para abrir de novo as súas portas a toda a comunidade educativa, e faremos do día 22 o noso Día da biblioteca con actividades especiais e sorpresas para todos. Pronto vos contarei máis cousas. Polo de agora, vai aprendendo esta canción:
¿A que mola? Se queres a letra da canción fai click na imaxe:
Enterámonos polo Blogue de Donte dunha simpática anécdota atribuída ao xenial científico Albert Einstein: Contan que a Albert Einstein, premio Nobel de física e pai da Teoría da Relatividade, se lle achegou unha nai para pedirlle consello:
- ¿Que lle debo ler ao meu fillo para que mellore en matemáticas e no futuro sexa un home de ciencia?
- Contos _ contestou Einstein.
- Moi ben _ dixo a nai_ . Pero, ¿que máis?
- Máis contos _ replicou Einstein.
- ¿E despois? _insistiu a nai.
- Ainda máis contos _ concluiu Einstein.